3.10.11

A Pobra: curso de formación básica en Voluntariado Social, o 6, 8 e 10 de outubro no CAD

Media_httpfarm5static_jgagi

A Pobra do Caramiñal, 3 de outubro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, dirixida por Balbina Lojo Olveira, realizará un Curso de  formación básica en Voluntariado Social que se levará a cabo os días 6, 8 e 10 de Outubro no CAD. Será impartido pola Cruz Vermella.

Trátase dunha actividade formativa gratuíta, destinada a todas aquelas persoas que queiran coñecer ou ampliar as bases desde as que se debe realizar calquera acción voluntaria que ofrece unha visión xeral sobre o voluntariado, co obxectivo de adquirir os coñecementos e habilidades necesarias para levar a cabo esta actividade de carácter altruista.

O curso realizarase no CAD situado na Rúa Castelao nº 1. Unha vez finalizado, o alumnado recibirá un certificado de participación.

Desde a Concellería de Servizos Sociais animan a todas aquelas persoas que estean interesadas a que se inscriban acudindo ó CAD ou chamando ó 981107415.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Música presentou a súa programación co gallo do seu décimo aniversario

Foto_rolda_de_prensa

De esquerda a dereita persoas que aparecen na foto: Tobias Betanzos (Presidente da Escola), Rafael Collazo (Director da Escola), Alfredo Susavila (Mestre do Departemento de Jazz) e Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo)

Rianxo, 3 de outubro de 2011. A Escola de Música de Rianxo presentou en rolda de prensa a súa programación co gallo do seu décimo aniversario. Este ano hai un total de 153 alumnos e entre a oferta educativa destaca:

-Música e Movemento (4 a 6 anos)
-Linguaxe Musical (7 anos en adiante)
-Práctica Instrumental: Frauta, Óboe, Fagot, Clarinete, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón,  Bombardino, Tuba, Percusión, Piano, Piano Complementario, Violoncello, Contrabaixo e Voz.
-Actividades Instrumentais Conxuntas: Banda de Música, Música de Cámara e Big Band.
-Seminario de Composición para Banda
(mestre: Andrés Valero Castells)
-Departamento de Jazz (Novidade)
(mestre: Alfredo Susavila)

Tamén se presentou o Departamento de Jazz e se salientaron actividades como Harmonía Moderna, e Teoría Práctica da Improvisación.

Unha actividade por mes, mínimo

Xa dentro das actividades do X Aniversario, sinalaron que a Xunta Directiva da Escola de Música de Rianxo quere realizar "como mínimo" unha actividade por mes. A primeira delas foron os concertos didácticos, adicados ás músicas do cinema infantil, dos días 19 e 20 de setembro, onde acudiron tódolos centros educativos de infantil e primaria do concello, sendo o resultado moi satisfactorio.

Este vindeiro sábado, 8 de outubro, haberá unha Master Class de Steve Brown.  O 15 e 16 de outubro farán un intercambio cultural coa Banda de Música de Ourém (Portugal)

-Do 28 ao 30 de outubro: 1º Encontro do Seminario de Composición para Banda co mestre Andrés Valero Castells.

Ciclo de Outono: coa participación de tres bandas
30 de outubro: Concerto da Banda de Música de Teo
18 de novembro: Concerto de Sta. Icía a cargo da Banda de Música de Lousame e da Banda da Escola de Música de Rianxo.
-Novembro: Presentación da Serie Rianxeira, que son un conxunto de catro obras encargadas e estreadas pola Banda da Escola de Música de Rianxo.
As obras serían:
Fantasía Rianxeira de X. Carlos Seráns
Retrincos de David Fiuza
Sinfonía nº2 “A lenda de Paio Gómez Chariño” de Antón Alcalde
O Jazz na Banda de Roberto Somoza
Esta edición é posible gracias a unha subvención da Deputación da Coruña.

Xa no mes de decembro, do 9 ao 11, será o segundo Encontro do Seminario de Composición para Banda co mestre Andrés Valero Castells. O 18 de decembro terá lugar o tradicional Festival de Nadal dos/as alumnos/as da Escola e o 23 de decembro, o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Dende Certo desexámoslle Feliz Aniversario, e que cumpran alomenos outros tantos con este entusiasmo.

Relacionada:


Roberto Somoza Trío: jazz no auditorio o sábado 8

Pode que tamén lle interese:


"Airiños": "Ata que a morte nos separe", o 7 e o 9 no auditorio


Rosalía sempre viva: do 1 ao 15 de outubro


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Greenpeace denuncia que o maior pirata pesqueiro de España é deste porto e aínda por enriba ten subvencións públicas

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical