De esquerda a dereita persoas que aparecen na foto: Tobias Betanzos (Presidente da Escola), Rafael Collazo (Director da Escola), Alfredo Susavila (Mestre do Departemento de Jazz) e Adolfo Muíños (Alcalde de Rianxo) Rianxo, 3 de outubro de 2011. A Escola de Música de Rianxo presentou en rolda de prensa a súa programación co gallo do seu décimo aniversario. Este ano hai un total de 153 alumnos e entre a oferta educativa destaca: -Música e Movemento (4 a 6 anos)
-Linguaxe Musical (7 anos en adiante)
-Práctica Instrumental: Frauta, Óboe, Fagot, Clarinete, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Bombardino, Tuba, Percusión, Piano, Piano Complementario, Violoncello, Contrabaixo e Voz.
-Actividades Instrumentais Conxuntas: Banda de Música, Música de Cámara e Big Band.
-Seminario de Composición para Banda
(mestre: Andrés Valero Castells)
-Departamento de Jazz (Novidade)
(mestre: Alfredo Susavila) Tamén se presentou o Departamento de Jazz e se salientaron actividades como Harmonía Moderna, e Teoría Práctica da Improvisación.Unha actividade por mes, mínimoXa dentro das actividades do X Aniversario, sinalaron que a Xunta Directiva da Escola de Música de Rianxo quere realizar "como mínimo" unha actividade por mes. A primeira delas foron os concertos didácticos, adicados ás músicas do cinema infantil, dos días 19 e 20 de setembro, onde acudiron tódolos centros educativos de infantil e primaria do concello, sendo o resultado moi satisfactorio. Este vindeiro sábado, 8 de outubro, haberá unha Master Class de Steve Brown. O 15 e 16 de outubro farán un intercambio cultural coa Banda de Música de Ourém (Portugal)-Do 28 ao 30 de outubro: 1º Encontro do Seminario de Composición para Banda co mestre Andrés Valero Castells. Ciclo de Outono: coa participación de tres bandas
30 de outubro: Concerto da Banda de Música de Teo
18 de novembro: Concerto de Sta. Icía a cargo da Banda de Música de Lousame e da Banda da Escola de Música de Rianxo.
-Novembro: Presentación da Serie Rianxeira, que son un conxunto de catro obras encargadas e estreadas pola Banda da Escola de Música de Rianxo.
As obras serían:
Fantasía Rianxeira de X. Carlos Seráns
Retrincos de David Fiuza
Sinfonía nº2 “A lenda de Paio Gómez Chariño” de Antón Alcalde
O Jazz na Banda de Roberto Somoza
Esta edición é posible gracias a unha subvención da Deputación da Coruña.Xa no mes de decembro, do 9 ao 11, será o segundo Encontro do Seminario de Composición para Banda co mestre Andrés Valero Castells. O 18 de decembro terá lugar o tradicional Festival de Nadal dos/as alumnos/as da Escola e o 23 de decembro, o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. Dende Certo desexámoslle Feliz Aniversario, e que cumpran alomenos outros tantos con este entusiasmo. Relacionada:

Roberto Somoza Trío: jazz no auditorio o sábado 8
Pode que tamén lle interese:
"Airiños": "Ata que a morte nos separe", o 7 e o 9 no auditorio
Rosalía sempre viva: do 1 ao 15 de outubro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario