4.1.11

Ribeira: o Ateneo Valle-Inclán acolle este venres 7 unha charla informativa para previr e tratar accidentes cerebrovasculares

Presentan a charla os directivos do Ateneo Dr. Gutiérrez e Jandro Ayaso.

Que é un ictus? Tamén coñecida como embolia cerebral ou apoplexía, ten un cadro característico que pode mirar na  Wikipedia.

De que van falar na charla? De como previlo e tratalo, que en resumo é o seguinte:

1.- O principal é controlar tensión arterial, colesterol e diabetes (factores de risco asociados a estes accidentes)
2.- Fóra tabaco e alcol.
3.- Hai que facer exercicio, pero evitar deportes de contacto ou sobreesforzos.
4.- Comer verduras e froitas, e comidas con pouco sal. Tamén deben evitarse azucres e grasas saturadas.
5.- Evitar o sobrepeso
6.- Ser guiadiño e facerlle caso ao médico cando nos vexa propensos a estes accidentes.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Casa da Xuventude sofre outra inundación e "Flor de Toxo" reclama que se arranxe ou se habilite alternativa


Casa da Xuventude ribeirense. Imaxe de setembro de 2009

Ribeira, 4 de xaneiro de 2011. "O día 3 de xaneiro do presente ano, a Casa da Xuventude de Ribeira sufriu unha nova inundación debido aos defectos na construción do edificio, é por iso polo que nos vemos na obriga de reclamar o inmediato amaño e apertura do citado edificio", reivindica a asociación cultural ribeirense Flor de Toxo.

Para este colectivo, "non é tolerable que despois dun ano de ser inaugurada siga pechada ao público. O concello non pode excusarse eternamente na empresa construtora, no arquitecto, nas filtracións, nos actos vandálicos…  É certo e comprendemos que houbo unha serie de imprevistos que fixeron que se demorase esta obra, pero o concello mostra unha actitude de falta de interese e pasotismo polas infraestruturas e política xuvenil en xeral".

Flor de Toxo sinala que "a día de hoxe a mocidade deste municipio non dispón dun lugar onde reunirse, onde levar a cabo ideas, onde darlle forma a proxectos.  É unha vergoña que se inaugure un edificio e un ano despois siga sen funcionar, que se faga en febreiro de 2010 unha reunión con entidades do municipio e se nos prometese unha segunda reunión no prazo de 15 días e a día de hoxe seguimos agardando por ese segundo encontro. Hai que ter en conta que é  unha instalación que o goberno municipal se empeñou en facer ao seu xeito, sen ter en conta recomendacións de colectivos culturais e xuvenís ou grupos políticos da oposición, polo tanto agora deben roer co que hai".

Mobilizacións se continúa a desidia

"Se non vemos avances e segue a falta de interese pola Casa da Xuventude verémonos na obriga de convocar protestas e manifestacións para presionar ao goberno do concello. Aproveitamos a ocasión para reclamar que se debe crear un Consello Local da Xuventude, para que o concello saiba o que a mocidade quer e como o quer", rematan os integrantes de Flor de Toxo.

Máis información en Certo sobre a Casa da Xuventude, aquí e aquí

Relacionada:


Viaxe á neve: "Flor de Toxo" organiza un. Anótate! Prazo ata 10 de xaneiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Eva Moreno expón no centro social durante este mes cadros sobre a figura humana

Boiro, 4 de xaneiro de 2011. A primeira exposición deste ano no Centro Social boirense reflicte a figura humana segundo as técnicas da artista Eva Moreno Herrera, licenciada en Belas Artes, nada en Suiza e residente en Noia. Na vila do Tambre dirixe a súa propia galería, Hoxeartestudios, que fai de estudo-obradoiro, onde practica a súa arte e apréndelle aos interesados. Tamén é profesora de Secundaria no colexio María Assumpta.

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Ana Bugallo e Francisco Dieste, convocados pola Selección Galega de Voleibol


Ana Bugallo, a do centro, foi convocada para a Selección Galega Infantil


Francisco Dieste, o da dereita, convocado para a Selección Galega Cadete

Boiro, 4 de xaneiro de 2011. A xogadora Ana Bugallo e o xogador Francisco Dieste están concentrados ata o 5 de xaneiro no albergue de Gandarío en Sada, convocados pola Selección Galega de Voleibol. Ambos pertencen á nutrida canteira dos clubs de voleibol de Boiro.
 
Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 8 de xaneiro, camiñata saudable "Imos queimar o turrón"

Rianxo: o Bng insta a Deloa a que informe sobre o plan Leader na vila para aproveitalo e mellorar o rural

Noia: cartel da Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical