Reunión na Casa da Xuventude de hai dúas semanas
Ribeira, 12 de marzo de 2010.- Cumprindo cos prazos pactados e quince días despois da xuntanza acaecida na Casa da Xuventude de Riveira entre o Concello -por unha parte- e as asociacións e mozos e mozas do municipio que quixeron asistir a título individual -por outra-, a Concellería de Xuventude está a enviar xa aos participantes na devandita reunión un borrador do regulamento das instalacións que serva de base sobre a cal os colectivos e particulares interesados aporten as súas suxestións ao respecto.
De igual xeito, o Concello colgará este borrador na páxina web institucional (www.riveira.es) a fin de que poidan participar outros mozos e asociacións que non acudiron á xuntanza do pasado 25 de febreiro. Cómpre lembrar a este respecto que poden facelo por correo electrónico a xuventude@riveira.com .
Á volta das vacacións de Semana Santa e despois de engadir os cambios pertinentes, os colectivos xuvenís e particulares serán convocados a unha nova reunión para consensuar o contido do documento. Acto seguido, será levado a pleno da Corporación Municipal para a súa eventual aprobación.
Máis información en Certo sobre a Casa da Xuventude, aquí
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario