Contedores soterrados que xa funcionan na avenida do Malecón, na altura do cruce deste paseo coa rúa Campo de Marte
Ribeira, 12 de marzo de 2010.- A Concellería de Medio Ambiente local informa de que, no marco da política municipal de minimizar o impacto estético na recollida de residuos, mañá sábado entrarán en servizo os novos contedores soterrados instalados, por unha parte, no parque García Bayón e, por outra, na avenida do Malecón á altura do seu cruce coa rúa Linares Rivas (fronte ao chamado edificio da Caixa de Aforros).
Ademais, no transcurso da próxima semana vai estar operativa a outra das novas illas de contedores soterrados dispostas no Malecón (concretamente, a que está situada fronte á pastelería Fina, entre as rúas Rosalía de Castro e M. Lustres Rivas), así como os que están na rúa Rosalía de Castro.
Cada unha destas catro illas disporá de seis bocas, tres das cales estarán destinadas a residuos orgánicos, máis unha dirixida a cartón, outra a vidrio e unha terceira á denominada bolsa amarela (envases). Cada contedor terá unha capacidade de 1.000 litros, agás os de cartón e vidro, que terán tres metros cúbicos cada un.
Estas catro illas de contedores soterrados súmanse a que xa está en funcionamento na rúa Mariño de Ribeira e ás que están na avenida do Malecón, por unha parte a altura do cruce deste paseo coa rúa Campo de Marte (fronte ao Bulevar) e por outra parte diante do palco da música (fronte ao Albatros).
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
1 comentario:
o parque non e garcia bayon e plaza da concordia asi se lle puso na epoca de lisardo valeiras alcalde, garcia bayon e a calle do trafico ali esta a placa doble ss e leon de padin , os do governo queren cambiar o nome pero non e asi.- ribeira.eu
Publicar un comentario