16.12.10

Lousame: acordan mercar o polvorín anexo por medio millón de euros para legalizar a planta de reciclaxe de Servia

Lousame, 16 de decembro de 2010. Tras unha reunión esta mesma tarde en Muros, a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza, que xestiona a planta de reciclaxe de Servia, acordou mercar os terreos do polvorín que pertence a Maxam (antes Unión Española de Explosivos) por medio millón de euros. Deste xeito soluciónase un dos problemas xurídicos que afectaban a esta instalación: ao ter ao pé un polvorín, o Concello de Lousame non podía poñer en orde a licenza de explotación.

Na reunión, na que se xuntaron todos os alcaldes desta Mancomunidade, acordouse acudir a unha liña de creto por un montante de 400.000 euros, que, unidos aos 100.000 que xa acadaron da Xunta de Galicia, destinaranse a pagar os terreos do polvorín. A finca, anexa á planta de Servia, está no Concello de Rois e ten unha extensión de 120.000 metros cadrados. Para financiar esta operación tamén contan cunha axuda da Deputación de A Coruña, de 100.000 euros, que chegará para o vindeiro 2011. Para a liña de creto cóntase con dúas caixas: La Caixa e NovaCaixaGalicia.

Deste xeito, a firma FCC, que é a concesionaria da planta de tratamento de residuos, xa ten unha pexa menos para seguir adiante co seu traballo na planta, que estivo ameazada de peche por impagos e por este problema legal, entre outros factores.

Antes publicamos:


Planta de reciclaxe: o Psoe di que Ecoembes rouba aos Concellos


Planta de reciclaxe: os traballadores seguen coa folga en Ames e Carnota


Ecoplanta: A Xunta di que é moi importante e traballa por ela 

E o Bng todo o contrario


Ecoplanta: o PP de Porto do Son tamén apoia aos traballadores

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: actividades previstas para este Nadal


Lousame, 16 de decembro de 2010. O sábado 18 de decembro celebrarase o tradicional Belén de Cumes que este ano terá lugar nas Minas de San Finx. O percorrido do traxecto será duns 6 quilómetros e a saída terá lugar ás 10.00 h da mañá dende a praza Teodomiro Hidalgo (a do Concello). A hora de chegada aproximada rondará a unha da tarde.

Para mais información: Na Oficina de Deportes do Concello ou no teléfono 981-82 04 94.

NadalXogo en Santiago o 29

O Concello de Lousame organiza o día 29 de Decembro (pola tarde) unha excursión a Santiago para a actividade "NadalXogo" na que os nenos poderán disfrutar de hinchables, camas elásticas, teatro, contacontos, atraccións, obradoiros, xogos entre outras cousas.

Para mais información poden poñerse en contacto coa Oficina de Información Xuvenil (OIX) no teléfono 981 842 036 ou ben coa Casa da Cultura de Lousame no teléfono 981 825 780.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Cáritas organiza un festival de Nadal á mesma hora que Xabier López Marqués da un recital poético

Xabier López Marqués (Ribeira, 1959) leva publicado:

  • Entonces aún era mañana (1979)
  • Pensando en aquellos tiempos (1980)
  • La poesía estridentista mexicana (1994)
  • Polos mares das améndoas (2000)
  • Das paisaxes esquecidas (2003)
  • Tránsitos (2006)
  • A lúa nun ichó (2008)
  • Caderno de Ponza (2010)
Partido benéfico contra esclerose múltiple o domingo 26

Por outra banda, as peñas da Festa da Dorna "Estou que Eskacho" e "Arría o Jallo" organizan un partido de fútbol benéfico a prol da loita contra a doenza coñecida como esclerose múltiple. Será o domingo 26 de decembro a partires das catro menos cuarto da tarde no campo da Tasca de Aguiño. A entrada para ver o partido custará 2 euros que serán donados integramente á Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Mar: o Bng pregunta polas gaiolas de cría de salmón que se queren instalar na ría de Muros e Noia

Os nacionalistas queren que se concrete a data para decidir a instalación no polígono mexilloeiro de Muros C por parte da compañía galego-norueguesa North West Food S.L de dúas gaiolas. Reclaman que se lles remitan os informes que segundo a Consellería demostra que non hai afectación sobre o medio e os recursos

Noia, 16 Decembro 2010- O deputado Bieito Lobeira, parlamentario do Bng, cuestionou hoxe en Comisión a previsión de instalación de dúas gaiolas de cultivo industrial de salmón na ría de Muros e Noia, por descoñecer os informes sobre o seu impacto nos recursos mariños e no medio.

Bieito Lobeira fíxose eco da intención da consellería de autorizar a instalación destas gaiolas, pertencentes á empresa North West Food S.L, no polígono mexilloeiro de Muros C, para o que a Consellería se puxo en contacto coas entidades do sector, “con algunhas, non con todas”, para que emitiran a súa opinión. Malia estes contactos, dixo, aínda non se coñece a decisión da Consellería, polo que urxiu unha resposta neste sentido.

O deputado nacionalista lembra que cando se prantexou un proxecto semellante na ría de Arousa os estudos preceptivos concluiron que había risco de afección severa, polo que se recomendou que esas gaiolas non se instalaran.

“A pretensión da Consellería –engadiu- é exactamente a contraria do que dita o sentido común, pois trata de pór en marcha unha experiencia constante con instalación e fondeo das gaiolas durante doce meses e avaliar a posteriori o seu impacto”. Para o nacionalista, esta decisión é, cando menos, “surrealista”, pois se finalmente non hai problema, incrementaríase o número de gaiolas a fondear nese mesmo polígono, mais no caso de se confirmar a existencia dun impacto negativo sobre os recursos e o ecosistema, “avaliarase” e “decidirase” que facer, segundo a Consellería.

A mesma compañía experimentou en Ribeira

Salmón atlántico na Wikipedia

North West Food fixo experimentos de cría de salmón no polígono bateeiro Ribeira C, que está á altura da illa de Sálvora. Alí soltou en gaiolas case 60.000 alevíns deste peixe e os responsables da compañía sinalaron en 2009 que, debido á calidade das augas das nosas rías, o crecemento dos salmóns era moi superior a instalacións similares en Noruega ou Escocia, onde tamén están instalados. Namentres bateeiros e mariñeiros ven un grave perigo de contaminación, os noruego-galegos deféndense e din que apenas se contamina coa comida e coidados que precisan os salmóns criados en cautividade. A Xunta paralizou no seu día este experimento, momento no que a compañía anunciou que se trasladaría á ría de Muros.

Vídeos a favor:

Vídeos en contra:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: 235.000 euros do Instituto Galego de Vivenda para urbanizar varias rúas de Palmeira

O Instituto Galego da Vivenda e Solo financiará obras en compensación polas realizadas polo concello na contorna das vivendas de promoción pública entregadas este ano. As obras serán realizadas polo concello. O convenio ten vixencia ata o 30 de decembro de 2011

Ribeira, 16 de decembro de 2010. Segundo se acordou hoxe no Consello da Xunta, o Instituto Galego da Vivenda e Solo investirá un total de 235.525 euros, IVE incluído, en obras de reurbanización das rúas de subida ao Adro e rúa Cambra na parroquia de Palmeira, co obxectivo de melloralas urbanística e ambientalmente, segundo establece o convenio aprobado.
 
As obras, que serán executadas polo Concello de Ribeira, son financiadas polo Goberno galego en compensación polas que tivo que realizar o concello na contorna das 21 vivendas de promoción pública construídas polo IGVS no concello, relacionadas cos
servizos de acometida de auga, rede de sumidoiros e subministración de enerxía eléctrica.
O convenio aprobado polo Consello da Xunta establece que as obras que se van realizar na parroquia de Palmeira consistirán en:

Mellora das redes de abastecemento de auga, saneamento de augas residuais e pluviais.
Soterramento das liñas da rede de iluminación para eliminar o actual cableado aéreo que deturpa a imaxe da contorna.
Colocación dun novo pavimento a base de lastro de formigón e pedra granítica.
Demolición do antigo mercado municipal de Palmeira e recuperación da fonte de pedra situada no seu soto.
Dotación de novo mobiliario urbano
O orzamento destinado polo IGVS a estas obras dividirase en dúas anualidades:
• Ano 2010: 10.000,00 €
• Ano 2011: 225.525,71 €

O convenio, que será asinado por Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e José Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira, terá vixencia ata o 30 de decembro de 2011.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: os nacionalistas, satisfeitos pola modificación das normas do planeamento na Capela, en Araño

Rianxo, 16 de decembro de 2010.O BNG de Rianxo amosa a súa a súa satisfacción pola aprobación definitiva pola Xunta de Galicia da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Rianxo para equipamento dotacional na Capela e publicada hoxe no DOG.


Segundo explican, "é un paso máis e agardamos definitivo logo que Deputación da Coruña, asumira en maio o 100 % dos custes do local sociocultural do Araño até chegar aos  250.000,00 €.  Sáldase deste xeito a débeda histórica da administración coa parroquia do Araño para dotala dun centro sociocultural. Era a única que carecía deste equipamento e tivo que agardar a ser a última en conseguilo. É unha parroquia socialmente moi activa e cunha asociación veciñal e de Montes que realizan actividades para todos os veciños que se verán así convenientemente reforzadas nun local digno para o seu desenvolvemento".


Desde o BNG aseguran que levan anos reclamando este local para a parroquia diante da falta de execución das cantidades orzamentadas polo executivo anualmente que desde hai dez anos "que foron sistematicamente dirixidos a outros menesteres e que sumarían de terse investido no Araño máis dun millón de euros. Hoxe, se non fose pola Deputación sería imposíbel que o executivo rianxeiro asumise eses custes. Por fin se repara o agravio con esta parroquia que se deixou de última".


Novo boletín do Bng, "O Barbeiro Municipal"


O último número do boletín dos nacionalistas de Rianxo leva como temas estrela a presentación do candidato á alcaldía, Adolfo Muíños, e as críticas á nova Lei de Augas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: veciños acuden cada mes ao santuario de San Campio de Lonxe, en Tomiño

Ribeira, 16 de decembro de 2010. Veciños de Ribeira acuden cada mes ao santuario de San Campio de Lonxe en Figueiró, Tomiño (Pontevedra, xa pretiño de Portugal). Esta viaxe, motivada por crenzas relixiosas, é posible grazas á colaboración de Peregrinaciones Marfe, da que é responsable o tamén ribeirense Edmundo Martínez. Todos os veciños que o desexen poden acudir a este frecuentado santuario e recibir os consellos e bendicións do seu afamado párroco José Luis Portela.

Quen é José Luís Portela?

Párroco de San Campio de Lonxe, tamén é exorcista na diócese de Tui-Vigo. Leva uns 40 anos como sacerdote e máis de dez como exorcista. Un dos casos máis famosos tívoo no mesmo Tomiño, onde lle practicou un exorcismo a unha nena que fixera a Ouija. Calquera que vaia a este santuario pode relacionar de contado a relación deste cura co demo. Nun dos carteis dentro do templo pode lerse: "El demonio nos quita la vergüenza a la hora de pecar y nos la da a la hora de confesar". Por esta especial característica de José Luís Portela, é un nome habitual en programas de misterio e blogs sobre asuntos paranormais. Como exemplo, este botón.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o V Encontro Arqueolóxico do Barbanza abordará a cultura castrexa e tamén afondará na evolución, coa presenza do codiretor das escavacións de Atapuerca


Local de exposicións da casa de cultura de Boiro

Boiro, 16 de decembro de 2010. O programa do V Encontro Arqueolóxico de Barbanza foi presentado onte na vila. Entre as novidades está o cambio de lugar de celebración, pois o Centro Arqueolóxico da Barbanza (CAB) quedábase pequeno e pasouse á casa da cultura "Ramón Martínez López". Os días de celebración son o 26 e 27 de febreiro (charlas e ponencias) e o 12 e 13 de marzo de 2011 (visitas relacionadas coas ponencias. Sábado 12: ao parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás. Visita guiada ao Centro Aquis Quequernis e xacemento.  Domingo 13: Visita guiada á Cidade da Cultura e Fundación Camilo José Cela e Museo do Ferrocarril en Padrón). Tamén, ao haber maís aforo, amplíanse a 300 as prazas (antes eran 100) para asistir.

PROGRAMA:

SÁBADO, 26 de febreiro.

9:00 - 10:30: Acreditacións e entrega de documentación.

10:30 - 11:00: Acto de apertura

11:00 -11:30: Servizo de Arqueoloxía

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa: San Cibrán de Lás.                                           
(Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Consellería de Cultura e Turismo, Xunta de Galicia)

11:30 -12:30: Ángel Concheiro Coello & Marcial Rodríguez Rodríguez, do equipo de redacción do Plan Especial de Baroña, Arqueoestudio S.L., e RVRArquitectos. Ponencia: "Castro de Baroña (Porto do Son): estratexias e instrumentos para a súa posta en valor".              

12:30 -13:00: DESCANSO

13:00 - 14:00: María José Bóveda Fernández e Gonzalo Buceta Brunetti, co-xerente da empresa Gabinete de Arqueoloxía e restaurador da empresa BIC. Falarán de "Escavación, traslado e reconstrución: as continxencia do túmulo I de Chousa Nova (Silleda)".                                                                     

14:00 -16:30: XANTAR

 16:30 - 17:00: Xoán Carlos Castro Carrera, arqueólogo municipal de Pontevedra. Novos equipamentos culturais na cidade de Pontevedra.                                                       
17:00 - 18:00: Bieito Pérez Outeiriño & Manuel Gallego Jorreto. Museo da Cidade de Santiago de Compostela. Co-responsable da redacción do proxecto museolóxico e arquitecto responsable do proxecto arquitectónico.

18:00 -19:00: Manuel Lestón Gómez & Francisco J. Vidal Pérez, arqueólogo responsable das últimas intervencións en Dombate e arquitecto responsable do proxecto arquitectónico, respectivamente, falarán das "Últimas intervencións arqueolóxicas e arquitecturas no ámbito do dolmen de Dombate".

19:00 -19:30: DESCANSO.

19:30 - 20:00: Gonzalo Meijide Cameselle.

O castro de Formigueiros (Samos, Lugo): unha imaxe diferente da arte e arquitectura castrexa.

(Arqueólogo do Departamento Territorial da Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia).

 20:00 - 20:30: Xosé Lois Vilar Pedeira.

Intervencións arqueolóxicas no patrimonio. O Instituto de Estudos Miñoranos.

(Arqueólogo do Instituto de Estudos Miñoranos).

21:00. Acto de clausura da 1ª Exp. Bibliográfica de arqueoloxía no Barbanza (Centro Social de Boiro, 2º andar).

DOMINGO, 27 de febreiro.

9:30 - 10:00: Control de asistencia.

Bermúdez de Castro na Wikipedia

10:00 - 11:15: José María Bermúdez de Castro y Risueño

Atapuerca y la evolución humana. Retos de futuro.

(Director del CENIEH, Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana).

11:15 - 12:30: Miguel Ángel de Blas Cortina. Minería prehistórica en Asturias.

 (Catedrático de Prehistoria da Universidade de Oviedo)

  12:30 -12:45: DESCANSO.

12:45 - 14:00: Joâo Zilhâo

Chegada de Sapiens e Europa e desaparición de Neanderthales e relacións entre eles.

 (Profesor do Departament of Archaeology and Anthropology da University of Bristol -U.K.)

 14:00: CLAUSURA


O domingo 13 de marzo haberá unha visita guiada á Fundación Cela
MODALIDADES DE MATRÍCULA:

Modalidade Libre: inscrición gratuíta (100 prazas).

Modalidade I: persoal docente inscrito antes do 31 de xaneiro (100 prazas). Concedida a homologación condicionada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (12 horas). Importe 25 euros

Modalidade II: persoal docente inscrito entre o 1 e 20 de febreiro (prazas libres da modalidade I). Importe 50 euros

Modalidade A: estudantes da USC inscritos antes do 31 de xaneiro (100 prazas). Solicitado 1 crédito de libre configuración (*). Importe 25 euros

Modalidade B: estudantes da USC inscritos entre o 1 e 20 de febreiro (prazas libres da modalidade A). Importe 50 euros.
 
(*) Para a concesión de créditos de libre configuración é preciso participar nas visitas organizadas os días 12 e 13 de marzo. Sábado: Visita guiada ao parque arqueolóxico de San Cibrán de Lás. Visita guiada ao Centro Aquis Quequernis e xacemento (?).  Domingo: Visita guiada á Cidade da Cultura e Fundación Camilo José Cela e Museo do Ferrocarril (Padrón).

Abrirase unha lista provisional para aquelas persoas interesadas nas visitas organizadas. As prazas asignaranse por orde de inscrición ata cubrir as vacantes.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.

Modalidade Libre: mediante correo electrónico a info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, indicando nome, apelidos, DNI, dirección postal, tfno contacto e modalidade de inscrición; ou os tfnos: 981843810 - 647922210

Para as modalidades A, B, I e II. Remitir mediante correo electrónico a info@centroarqueoloxicodobarbanza.org, indicando nome, apelidos, DNI, dirección postal, tfno contacto e modalidade de inscrición (na modalidade I e II indicar centro de traballo e número de identificación persoal). Unha vez confirmada a preinscrición pola secretaría dos Encontros, será preciso achegar xustificante de pago (nº de conta: 20800160440040001498 - Caixanova) para completar a matrícula.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Historia: este venres 17 fállase o premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal en Carnota

Convocado pola editorial noiesa Toxosoutos en colaboración con concellos e outras institucións.

En Certo aínda colga información sobre convocatorias pasadas, aquí, aquí, ou aquí

Relacionadas:


Historiador: Francisco Correa Arias gañou a VIII edición do Premio Historia Medieval de Galicia e Portugal. Entrevista


Historiador: Jesús Vila Pérez, finalista da VIII edición e gañador da XI.  Entrevista

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: concerto benéfico o sábado 18 no Teatro Elma


A Pobra do Caramiñal, 16 de decembro de 2010. O vindeiro sábado 18 de decembro haberá un concerto de Nadal que comeza ás oito e media da tarde no Teatro Elma. Participarán Sonia Lebedynski (Fía na Roca), Yolanda Vázquez, Enrique Paisal (Los Tamara) e Antonio Vázquez "Tocho". Entrada de balde. Rifas a un euro para o sorteo dun cadro da pintora Nani Osende. O recadado irá para Cáritas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o mércores 22 de decembro, obradoiro de emancipación para mozos

Noia, 16 de decembro de 2010. O Concello de Noia, coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, organiza un taller de emancipación destinado a mozos menores de 30 e persoas interesadas. No taller trataranse temas sobre recursos de emprego e vivenda. Terá lugar o día 22 de decembro de 2010, na Casa da Cultura de Noia de 19:30 a 22:30 horas. Inscricións no teléfono: 609.82.31.34.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical