16.12.10

Rianxo: os nacionalistas, satisfeitos pola modificación das normas do planeamento na Capela, en Araño

Rianxo, 16 de decembro de 2010.O BNG de Rianxo amosa a súa a súa satisfacción pola aprobación definitiva pola Xunta de Galicia da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal do Concello de Rianxo para equipamento dotacional na Capela e publicada hoxe no DOG.


Segundo explican, "é un paso máis e agardamos definitivo logo que Deputación da Coruña, asumira en maio o 100 % dos custes do local sociocultural do Araño até chegar aos  250.000,00 €.  Sáldase deste xeito a débeda histórica da administración coa parroquia do Araño para dotala dun centro sociocultural. Era a única que carecía deste equipamento e tivo que agardar a ser a última en conseguilo. É unha parroquia socialmente moi activa e cunha asociación veciñal e de Montes que realizan actividades para todos os veciños que se verán así convenientemente reforzadas nun local digno para o seu desenvolvemento".


Desde o BNG aseguran que levan anos reclamando este local para a parroquia diante da falta de execución das cantidades orzamentadas polo executivo anualmente que desde hai dez anos "que foron sistematicamente dirixidos a outros menesteres e que sumarían de terse investido no Araño máis dun millón de euros. Hoxe, se non fose pola Deputación sería imposíbel que o executivo rianxeiro asumise eses custes. Por fin se repara o agravio con esta parroquia que se deixou de última".


Novo boletín do Bng, "O Barbeiro Municipal"


O último número do boletín dos nacionalistas de Rianxo leva como temas estrela a presentación do candidato á alcaldía, Adolfo Muíños, e as críticas á nova Lei de Augas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical