Hai xente para todo... Nesta web danche varios servizos por se cadra morres e non deixastes tarefas sen facer que se poden arranxar na web
Blogged with the Flock Browser
Se che gusta interpretar, aínda estás a tempo para anotarte na Aula de Teatro. Non perdas esta oportunidade!. Esta actividade ten lugar todos os sábados no salón de actos do Clube do Xubilado, ás 12:00. Infórmate e inscríbete no Departamento de Cultura (Tlfn. 981 828011/699301481)Publicado por Cultura en Noia en 4:38CULTURA EN NOIA: AULA DE TEATRO
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico. Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!