- Os socialistas boirenses acusan ao goberno local de "pasividade e inacción" tralo último pleno celebrado
Juan Jesús Ares é o máximo responsable do Psoe de BoiroBoiro, 1 de Decembro de 2011. O Partido Socialista de Boiro denuncia "a falta de implicación do goberno local coa defensa do benestar dos veciños e veciñas do municipio a raíz da súa actuación no pleno do día 28 de novembro. Dende a Executiva Local Socialista denúnciase que ante as mocións presentadas e incorporadas na orde do día o Partido Popular dou as costas á protección dos intereses dos boirenses. Así, sinalan que na moción na que o grupo socialista instaba a que non se recortase o investimento no ensino público por parte da Xunta de Galicia, os membros do Partido Popular votaron en contra da moción, priorizando o seu partido e acatando e antepoñendo as ordes de Feijoo ás necesidades e salvaguarda dos veciños e veciñas —
precisamente quenes votaron a este partido nas pasadas Elecións Municipais—".Segundo declaran dende a propia executiva socialista: “Este tipo de conducta resulta lamentable e propia dun goberno irresponsable”. No referente á moción presentada en relación coa adopción de medidas cautelares en Calizas Marinas S.A. —como consecuencia dos problemas actuais de convivencia e malestar que xenera a empresa— o PSdeG de Boiro denuncia que o PP fixo unha defensa a capa e espada da citada firma, a pesares do tono conciliador amosado polo portavoz socialista, Juan Jesús Ares, ao longo de toda a intervención. Os socialistas quixeron amosar o seu apoio a tódalas empresas boirenses, sempre e cando as súas actividades se atopen dentro da legalidade e non causen ningún tipo de malestar aos cidadáns. De non ser o caso, sinalan que deben tomarse as medidas necesarias para encauzar estas actividades baixo a lexislación vixente. “Non podemos permitir que pola inacción dun goberno, 19.000 persoas teñan unha merma na súa calidade de vida, soportando a cotío cheiros e verquidos que mesmo poderían chegar á rede de abastecemento de augas”, declarouse dende a executiva. O Grupo Municipal Socialista propuxo, asemade, crear unha comisión formada por membros da propia empresa., xunto con veciños afectados, membros da corporación e representantes da Xunta, para tratar de solventar esta situación coa maior brevidade posible. Dende a executiva do PSdeG de Boiro tamén quixeron deixar claro que lamentan “que teñamos un goberno que afirma que hai creba económica, que non hai cartos, pero sorprende cando, podendo adicar o 60% do POS (Plan de Orde e Servizos) a gasto
corrente, non destina nin un euro. ¿Cales son as prioridades deste goberno, o interese privado ou xeral? Para os socialistas boirenses a resposta é clara: o PP defende e defenderá sempre o privado en detrimento do interese público e xeral”. Por último,
reiteran que as empresas en Boiro son, evidentemente, necesarias, pero a súa actuación debe estar sempre amparada baixo a legalidade das súas tarefas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario