10.7.08

Manda o lector: a pluma de Cela



Botan de menos tantas entradas e tan seguidas neste blog. Hai alguén -moi teimudo, como case todos os que formamos Certo, é un defecto, non unha virtude, na maioría dos casos- que está entusiasmado con esta bitácora, pero outro di que non acaba de velo. Por unha tempada foi gañando o primeiro, pero logo, con tantos frentes abertos, fixeron que esta actividade blogueira decaese.

Mais aquí estamos. Para enfocar o blog doutro xeito: sen tantas entradas, pero con máis reflexión. Só así pode haber comentarios. Se metemos cinco ou seis propostas cada día, o lector, por moito tempo libre que teña (e hoxe semella que ninguén ten diso, é un producto de luxo) non da abasto. Así que imos meditar. Como cantaba Reixa cando aínda era Resentido e non un cineasta burgués, "cómpre reflexionar". Nisas estamos.

Abrimos fogo co asunto da pluma de Camilo. Estámonos a secularizar, iso está claro, pero coas supercherías da relixión. O feito de que Touriño, elexido democraticamente por cidadáns do século XXI, que en teoría non lle rinden pleitesía a ningún rei, reciba a estilográfica coa que Cela asinou un texto non é máis que unha volta ás reliquias. Si, esas que lle entusiasmaban a Felipe II, que case tivo que facer o Escorial para meter tantas que coleccionou... Que iso sexa noticia -de gabinetes de prensa da Xunta, de tódolos medios repetindo como papagaios estes días- é voltar atrás. "Aquí hay tomate" fixo moito dano. A Marina Castaño tamén. Daqueles polvazos estas lameiras.

E vostedes teñen algo que decir? Retruquen, só pedimos sentidiño

Tamén poden visitar a web da Fundación Cela e opinar sobre iso do sectarismo político no mundo da cultura, que promete. Aquí

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical