15.6.10

Ribeira: o 28 de agosto, I Festival solidario "Bailando entre os toxos"


 
Ribeira, 15 de xuño de 2010. A asociación cultural, deportiva, e prestadora de servizos á xuventude Flor de Toxo, colectivo formado o ano pasado, organizará o 28 de agosto deste 2010 o I Festival solidario Bailando entre os toxos

Segundo explican os integrantes de Flor de Toxo, "pretendemos crear unha conciencia social na xente máis xoven e rachar cos tópicos de que tódolos xóvenes somos uns ni-nis e non nos implicamos na vida social". Os beneficios das entradas destinaranse a Cáritas Ribeira, porque consideran "é unha entidade que se ten gañado o respecto na comarca ao longo do tempo e que tantos problemas económicos presenta na actualidade. Contamos para o desenvolvemento desta actividade co apoio da Concellería de Cultura e Festexos, encabezada por Luciano Fernández e a Concellería de Xuventude e Turismo, á fronte da cal se atopa Vicente García".

Obxectivos e cartel

  Con esta actividade, Flor de Toxo precura varios obxectivos: por un lado destinar os beneficios a un fin solidario, "xa que no noso colectivo non pretendemos lucrarnos da cultura e o lecer", explican, e por outra banda, "a creación dunha actividade de interese para a poboación máis nova, que se convirta en cita anual na axenda dos barbanzáns". Segundo explican, "o mundo da música move moitos seguidores, deste xeito pretendemos potenciar turisticamente a comarca. Na zona existe unha gran cantidade de grupos cun gran talento, que en moitas ocasións quedan no camiño por non ter a oportunidade de darse a coñecer: neste festival terán ocasión de compartir escenario con músicos de gran fama en España e Galicia".

  Nesta primeira edición actuarán Manolo Kabezabolo e a Bolobanda, Pito de Pikasso, Comando Katana e dous grupos locais, que se escollerán de entre os que están participando nunha serie de concertos que se veñen organizando ao longo do ano.

Pito de Pikasso

Comando Katana

Relacionada:


Flor de Toxo: entrevista a esta asociación

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: elabora o novo videoclip de JabonBlue no concurso que propoñen


Ribeira, 15 de xuño de 2010. Jabón Blue e PAI Música danvos a oportunidade de facer o videoclip do tema El baile de los huesos do seu novo traballo Flores en la carretera.
Se sempre quixeches facer un videoclip, tiveches alma de Scorsese ou simplemente tes gañas de demostrar o que podes facer envía o teu videoclip antes do 5 setembro de 2010 a Internet a través da páxina web de PAI-Música.
E ti dirás, para qué? Pois ben, á parte do prestixio, recoñecemento e fama mundial e poder conseguir 2 pases de backstage e unha cea co grupo para un concerto a convir, e o máis importante: o teu vídeo será o videoclip oficial do tema!

Todos os participantes recibirán unha camiseta do grupo e os tres discos de Jabon Blue: Flores en la carretera (2010) en formato físico e os álbumes La música va por dentro (2006) e By the White (2008) en formato dixital xa que actualmente están esgotados.

Bases do Concurso:

  1. Cada vídeo pode estar dirixido por un máximo de 2 persoas.
  2. Os vídeos participantes deberán ser subidos a través do seguinte formulario e publicaranse no Muro do perfil de Facebook de PAI onde poderán ser votados.
  3. Para votar só tes que entrar no noso Facebook e seleccionar o video e pulsar en "Me gusta". O vídeoclip participante que máis popularidade teña será o gañador do concurso.
  4. O prazo de entrega dos vídeos finaliza o vindeiro 5 setembro de 2010 (inclusive).
  5. O tamaño do vídeo non pode superar os 100 MB.
  6. Os formatos permitidos son: AVI, MPEG, MPG, MP4, MOV
  7. Podes descargar a canción AQUI
  8. O video debe ser 100% orixinal, feito integramente polo participante expresamente para este concurso e libre de plaxios.
  9. A organización resérvase o dereito de non seleccionar ningún video como videoclip oficial de "El baile de los huesos" se considera que ningún dos participantes ten o nivel mínimo desexado.
  10. A temática do video é libre, sempre e cando teña relación co tema da canción "El baile de los huesos" e non teña contidos de corte violento, sexista, racista ou xenófobo.
  11. Para que o video poda ser utilizado como videoclip oficial do tema "El baile de los huesos" o creador cede os permisos de difusión, publicación e reproducción do mesmo á casa discográfica, neste caso PAI Música.
Se queres saber máis sobre Jabon Blue visita o videoblog de Casa de Tolos da gravación do disco ou mesmo a páxina do grupo www.jabonblue.com

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o auditorio acolle ao Quinteto Cimarrón o venres 25 de xuño dentro do Festival Mozart


Rianxo, 15 de xuño de 2010. O próximo venres 25 de xuño ás 20:30 h no Auditorio de Rianxo terá lugar o concerto 20 Cordas Lixeiras a cargo do Quinteto Cimarrón dentro da programación do Festival Mozart da Coruña.

No concerto interpretaranse obras de Sosa, Cervantes, Lecuona, Cana, Urfé, Carrillo, Roig, López, Almeida e Valdés a cargo do Quinteto Cimarrón que está composto por:

  1. Eduardo Coma Vega, violín
  2. Lázaro W. Gonzáles P., violín
  3. Raymond Arteaga, viola
  4. Luis E. Caballero, violonchelo
  5. Óscar Rodríguez Calvo, contrabaixo.
A web do Festival Mozart é http://festivalmozart.com

E o Quinteto Cimarrón sona así de ben:

</object>

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: Marisa Irimia imparte un obradoiro-conto o sábado 19 de xuño na biblioteca "Castelao"


Rianxo, 15 de xuño de 2010
. O próximo sábado 19 terá lugar ás 12:00 h na Biblioteca Pública Municipal Castelao un Obradoiro-Conto "Xogando cos contos e os debuxos" a cargo de Marisa Irimia ao abeiro do programa Letras Vivas da Consellería de Cultura e Turismo.

O obradoiro-conto está dirixido a nenos e nenas a partires de 3 anos e para poder asistir é preciso inscribirse previamente na Biblioteca Pública Municipal xa que o grupo está limitado.

Marisa Irimia é actriz e ilustradora, e podes obter máis máis información poden na súa páxina web www.marisairimia.com 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: os Servizos Sociais tramitan o cheque infantil ata o 14 de xullo


Boiro, 15 de xuño de 2010. O Departamento de Servizos Sociais de Boiro tramita xa as solicitudes do cheque infantil, que teñen como base a seguinte orde do 9  de xuño de 2010 pola que se regulan as axudas económicas para atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís 0-3  non sostidas con fondos públicos e se procede á súa convocatoria (DOG nº 111 de 14/06/2010).

Obxecto:

Axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos. Poderá eximirse do límite de idade os nenos con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, logo do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación.

Axudas:

Cobertura total ou parcial da praza adxudicada. Establecese o custo máximo da praza segundo o horario e servizos nas seguintes contías: 
 
a) Praza ofertada durante 8 horas diarias: 130 €/mes. 
b) Praza ofertada durante 8 horas diarias con servizo de comedor: 215 €/mes. 
c) Praza ofertada en horario de tarde: 90 €/mes. Enténdese prazas con horario a partir das 15.00 horas durante catro horas. 
 
No custo máximo da praza exclúese o prezo de transporte, actividades extraescolares, material escolar, horas complementarias, matrículas e outros análogos, que deberán ser aboadas, cando proceda, pola persoa usuaria 


Persoas beneficiarias:

  • Reserva de praza: Terán preferencia aquelas persoas beneficiarias que tiveran recoñecida a axuda no curso anterior, sempre que cumpra os requisitos para ser beneficiaria e solicitara a reserva de praza.
  • Novas solicitudes de praza:
  1. Persoas con responsabilidade sobre nenos/as de 0 a 3 anos solicitantes de praza, nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos e que non resultaran adxudicatarios/as dunha delas por falta de prazas dispoñibles. Neste caso consideraranse solicitantes de oficio sempre que exerceran a opción polo programa cheque infantil na solicitude de praza, polo que non terán que presentar solicitude.
  2. Persoas con responsabilidade sobre nenos/as de 0 a 3 anos, residentes en localidades onde non existan escolas infantís 0-3 sostidos con fondos públicos e desexen obter praza nas modalidades de asistencia e asistencia con comedor, nalgún centro partícipe do programa, existente no concello de residencia, noutro que sexa limítrofe ou ben no concello onde traballen os pais, nais ou titores legais.
  3. Solicitantes de praza en horario de tarde.

   As escolas infantís sostidas con fondos públicos (dependentes da Xunta, Consorcio Galego de Servizos IB, PAI e as que dependan de entidades privadas que reciban axudas da Xunta para mantemento) que teñan en lista de agarda solicitantes que optaran polo cheque infantil, deberán remitila ao Departamento Territorial correspondente da Consellería de Traballo e Benestar antes do 9 de xullo de 2010, xunto coa documentación necesaria para a súa valoración.

Requisitos das persoas beneficiarias:

  1. Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade a 31 de decembro de 2007. No caso de nenos/as de integración poderá eximirse do cumprimento deste requisito.
  2. Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros organismos ou institucións públicas.
  3. Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 euros.

Prazo de presentación:

Un mes a partir do seguinte á publicación da orde. Ata o 14 de xullo de 2010.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: os festeiros apúntanse tamén á moda das peñas (inscritas 20) que tan bo resultado da en Ribeira e Rianxo


Hai unha peña chamada "Don Paquito", que non sabemos se terá relación co sinal

Boiro, 15 de xuño de 2010
.  Os primeiros días de xullo son sinónimo de festas en Boiro. Este ano a participación activa vaise ver reforzada co incremento do número de peñas que tomarán parte nos festexos. Segundo explica o Concello en nota de prensa, "
a pasada edición das festas de Boiro 2009, xuntou a un grupo de amigos na sesión vermú daban color á rúa peonil, con tradicionais camisetas e paños ao pescozo, na procura de facerse co premio en modalidades "tan duras" coma o tiro a corda, as carreiras de sacos e incluso clásicos coma levar o ovo na cuchara. O que nun principio tivera unha tímida resposta do público no chamado DÏA DAS PEÑAS, o ano pasado tivo xa unha excelente aceptación, o cal se ve confirmado neste ano, posto que para a vindeira edición do Día das Peñas, hai anotadas vinte peñas, mentras que o ano pasado eran tan só seis.

Este dato de participación non asusta as peñas máis veteranas, como son DON PAQUITO, BOLIÑA, RÍA DE AROUSA ou incluso aos integrantes máis novos da peña DON GLOTÓN, que contan con facerse coa vitoria neste ano. Entre as novas incorporación está a da Tasca do Neno, a do Demo, a do Guilligans, a do Miramar, a do Dralión, a do Gavá e algunha outra máis.

Peñas en acción na Festa da Dorna de Ribeira

O costume das peñas está causando furor nas festas da comarca. A veterana Dorna destaca por este xeito de participación, seguida polas "JuadaluPeñas" de Rianxo, cando son as festas na honra da Guadalupe. Como vaiamos a este paso, haberá que facer unhas olimpiadas peñeiras a nivel comarcal.

Nova ubicación: Praza do Concello


     O Día das Peñas 2010 será o 5 de Xuño e posto que o número de partcipantes o require, haberá moitas novidades. Vai cambiar de ubicación: incluso a rúa peonil semellaba escasa para seis peñas, así que este ano o Día celebrarase na Praza do Concello e, para animar a todos aqueles que ousen participar, a Orquesta Superfama porá a nota musical na sesión vermú. 

     As tradicionais probas darán comezo ás doce do mediodía (hora na que todas as peñas están convocadas para dar inicio á dura competición). Haberá carreira de sacos, tiro da soga, zancos, ovo – cuchara, cabeza na fariña, mazá a medias, carreira de contedores e máis. Logo de deixar tempo para repoñer forzas e voltar a danzar haberá un pinchadiscos que recorrerá as rúas de Boiro cun pasarrúas composto por todas as peñas participantes que rematará ás oito da tarde onde comezou, ou sexa, a Praza do Concello. Nese intre do remate vanse entregar os trofeos aos premiados e darase a elección de cambiar a música máis moderna do pinchadiscos polas verbenas tradicionais.

O prazo para anotarse expiraba hoxe

Para todos aqueles aos que aínda lles quede curiosidade ou queiran pasalo ben e montar unha peña para o día das festas: ata o día 15 de Xuño tiñan tempo de anotarse no Centro Social de Boiro ou no teléfono 620970072.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: clausuran mañá o obradoiro de reforzo educativo da terceira idade, coa mostra dun traballo que fixeron sobre hórreos

</object>
Escolma de fotos de hórreos no Flickr de Certo. De Ribeira case non temos, por certo

Ribeira, 15 de xuño de 2010

. No día de mañá, mércores 16 de xuño, terá lugar o acto de clausura do Obradoiro de Reforzo Educativo da Terceira Idade que dende o pasado outubro estivo a ser desenvolvido polos Servizos Sociais de Ribeira.

 

O acto terá lugar a partir das 11 horas nas aulas que este departamento ten na rúa Cristobal Colón de Santa Uxía e, con tal motivo, os maiores que participaron no curso exhibirán os traballos didácticos que estiveron a realizar sobre os hórreos existentes nas diferentes parroquias do municipio.

 

O obradoiro estivo impartido por tres membros do Voluntariado Social do Departamento de Servizos Sociais: Cruz Rivadulla, María Gago e Antonia Vilas. Participaron unha vintena de maiores. Asistirán ao acto de mañá a concelleira de Acción Social, Maiores e Dependencia, María Esther Patiño, e a xefa do servizo, Francisca Vidal.

 

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: o domingo 20 de xuño actúa nas festas de Portosín o trío Vaamonde, Lamas & Romero


Porto do Son, 15 de xuño de 2010.
O trío Vaamonde, Lamas & Romero, que mesturan música tradicional e clásica, actúan este vindeiro domingo nas festas de Portosín. Será sobre as nove da noite na esplanada do porto de Portosín.

Este trío xunta a tres nomes referenciais da música galega actual: Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, unidos agora para ofrecer a súa particular visión da música popular. A súa calidade como intérpretes e a súa condición de multiinstrumentistas e compositores, permítelles un repertorio fresco e desprexuizado, aderezado cunha boa dose de humor e campechanería.

E sonan así:
</object>



Festas en Portosín:
Sábado 19 de xuño, xogos populares, gaiteiros en pasarrúas, exhicibión de karate e verbena con Océano e Triunfo.  Domingo 20 de xuño: festa da escuma e inchables para nenos, folk (o trío anterior), Ancoradoira e verbena con Togayan e Panorama.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: ateigado o curso de instalación de placas fotovoltaicas que comezou onte. Hai lista de agarda

Dodro, 15 de xuño de 2010. Onte luns deu comezo o curso de “Instalación de placas fotovoltaicas”  que se está a celebrar no concello de Dodro. O curso, de 600 horas de duración, está financiado pola Rede Xiana, da Deputación de A Coruña. Completáronse todas as prazas e mesmo hai lista de agarda, "o que amosa o grande interese que xerou", explican dende o Concello. 

      Na presentación do curso o tenente alcalde e voceiro nacionalista en Dodro, Anxo Franco, deulle a benvida a todos os alumnos e alumnas, ao tempo que resaltou que, "hoxe en día, as enerxías renovábeis e sobre todo, dentro delas, a instalación de paneis solares, son actividades económicas moi interesantes na xeneración de emprego, polo que o grao de inserción laboral pode ser moi elevado".

   Este curso acubilla alumnos dos concellos de Lousame, Rois, Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son e por suposto Dodro. Nese mesmo territorio a Rede Xiana tamén ten en marcha outro curso, o de panadería en Rois. O ano pasado foran concedidos aos concellos de Boiro e Porto do Son, e o grao de inserción laboral dese ano foi superior ao 70%. Anxo Franco espera que o deste ano sexa similar, "o que permitiría que máis dunha ducia dos alumnos conseguiran un posto de traballo tras rematar o curso, o que sería unha excelente noticia nos tempos de crise que corren", sinalou.

      É a primeira vez que o concello de Dodro ten a oportunidade de celebrar un curso destas dimensións, tanto pola temática, pola duración coma polas condicións económicas do curso.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Romaría en San Ramón de Bealo da asociación de pais "Loureda" este sábado 19

Download now or preview on posterous
Cartel A4.doc (150 KB)


Boiro, 15 de xuño de 2010. O vindeiro sábado 19 de xuño do 2010 terá lugar a terceira edición da Romaría de Socios da APA Loureda do C. STª Mª do Castro de Cabo de Cruz.

Este festexo terá lugar na área de San Ramón de Bealo e comezará as  doce e media da mañá, con remate entre lusco e fusco.  Este ano a organización pretende que sexa un día de ocio completo para toda a familia, polo que pon a disposición dos socios un menú campeiro (empanada, tortilla, churrasco de porco, postre, café e chupito. Bebidas e pan) a baixo custo dado que a APA subvenciona unha parte do mesmo. Para os cativos é gratuíto, de tal xeito que @s cociñeir@s da casa non pasen traballo. De todas formas todos aqueles socios que non queiran o menú poden levar a comida. A directiva dispuxo, por mor da organización das actividades que se levarán a cabo, que todos os que queiran asistir á romaría, deban apuntarse antes do 16 de xuño. En canto á programación do día dispúxose:

12:30h   Xuntanza e apertura da romaría na área de San Ramón de Bealo

Actuación do pallaso Rudi Dudi (subvencionado un 70% pola Deputación da Coruña)

Ruta arqueolóxica.

14:00h   Xantar campeiro

16:00h. Actividades:

Ruta de sendeirismo medioambiental - cultural

Xogos cooperativos (paracaídas, pano, corda, bolos celtas, chave, etc.)

Obradoiro de maquillaxe, globoflexia para os máis pequenos

Baile (música disco)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical