Ribeira, 15 de xuño de 2010. A asociación cultural, deportiva, e prestadora de servizos á xuventude Flor de Toxo, colectivo formado o ano pasado, organizará o 28 de agosto deste 2010 o I Festival solidario Bailando entre os toxos.
Segundo explican os integrantes de Flor de Toxo, "pretendemos crear unha conciencia social na xente máis xoven e rachar cos tópicos de que tódolos xóvenes somos uns ni-nis e non nos implicamos na vida social". Os beneficios das entradas destinaranse a Cáritas Ribeira, porque consideran "é unha entidade que se ten gañado o respecto na comarca ao longo do tempo e que tantos problemas económicos presenta na actualidade. Contamos para o desenvolvemento desta actividade co apoio da Concellería de Cultura e Festexos, encabezada por Luciano Fernández e a Concellería de Xuventude e Turismo, á fronte da cal se atopa Vicente García".
Obxectivos e cartel
Con esta actividade, Flor de Toxo precura varios obxectivos: por un lado destinar os beneficios a un fin solidario, "xa que no noso colectivo non pretendemos lucrarnos da cultura e o lecer", explican, e por outra banda, "a creación dunha actividade de interese para a poboación máis nova, que se convirta en cita anual na axenda dos barbanzáns". Segundo explican, "o mundo da música move moitos seguidores, deste xeito pretendemos potenciar turisticamente a comarca. Na zona existe unha gran cantidade de grupos cun gran talento, que en moitas ocasións quedan no camiño por non ter a oportunidade de darse a coñecer: neste festival terán ocasión de compartir escenario con músicos de gran fama en España e Galicia".
Nesta primeira edición actuarán Manolo Kabezabolo e a Bolobanda, Pito de Pikasso, Comando Katana e dous grupos locais, que se escollerán de entre os que están participando nunha serie de concertos que se veñen organizando ao longo do ano.
Relacionada:
Flor de Toxo: entrevista a esta asociación
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario