27.6.10

Historia: cando Porto do Son aínda era Doçon, nun mapa de Galicia de 1672

Subímolo ao Flickr vía Universidade de Sevilla, que contan cunha exposición de mapas de toda España anteriores a 1801. En http://expobus.us.es
Preman na foto e logo na lupa ata coller o tamaño máis grande e poderán velo claramente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a próxima fin de semana vai ser de cans

Porto do Son: Paco do Martelo subiu imaxes da procesión marítima de Portosín

Noia: a moción do Bng e o PP sobre a rexeneración da Ría xenera debate no Facebook do alcalde

No pleno ordinario de Xuño o PP e o BNG presentaron por urxencia unha moción, a moción da vergoña, para pedir que se retire o proxecto de rexeneración da ría de Noia cun orzamento de 2.7 millóns de euros e unha tramitación de tres anos.

A "intelixente" proposta de populares e nacionalistas pretende que se inicie todo de cero e que se redacte un proxecto de menor cuantia económica.

O PP e o BNG de Noia, así como Portos de Galicia está tratando por todos os medios de impedir que se realice o proxecto de rexeneración, plantexan que se tire pola borda unha tramitación de tres anos e unha partida de 2,7 millóns de euros para empezar de cero.

Cada vez que se pretende investir en Noia o PP e o BNG tentar dilatar ou impedir que se faga, e xa son varias as ocasións en que o amosaron. Lamentable.

Nin un comentario no blog de Rafael García Guerrero sobre a dura nota acerca desa moción, pero foi poñer unha liña no seu Facebook e:
Rafael García Guerrero pp e bng unha mocion para que pedir que non se rexenere a ria de Noia
Venres ás 20:55 a través de Facebook para BlackBerry ·
Amosar comentarios (16)
Loli Rodríguez Amoroso:
Hainos ben impresentables!
Venres ás 21:01 ·
Manuel González-lópez
home, sen ánimo de discrepar, discrepo. Eu creo que a moción é máis ben para o contrario...
Venres ás 21:45
Enrique Martinez
No puede ser, nadie en su sano juicio puede no estar conforme con la regeneración/limpieza/saneamiento de la ría, no estarán conformes con los medios o con algúna parte del proceso, pero no con el fin.
Venres ás 22:55 ·
Isabel Veiras Manteiga
Non tente confundir o touciño coa velocidade, Ningún partido político se opón á rexeneración da ría, non faga crernos tal bestialidade. Tanto BNG coma PP expuxeron uns argumentos sobor do que consideran o mellor proxecto para a rexeneración, que eu saiba o PSOE local aínda non explicou públicamente por qué o proxecto que pretende levar a cabo a mellor opción.
Venres ás 23:08 ·
Rafael García Guerrero
A moción aprobada por pp e bng pide que o ministerio de medio ambiente pare o proxecto de rexeneración da ría de Noia.
Onte ás 1:12 ·
José Manuel Lage
Creo que se pode decir de moitas maneiras, pero despois de 40 anos agardando que algún goberno mire a Noia e faga un proxecto serio para limpar a ría, o goberno socialista de España redacta o proxecto fai 2 anos e medio, e fai un ano decide invertir 3 millóns de euros e levar adiante o ansiado proxecto. O que fan PP e BNG é opoñerse, con tódolos matices que cadaquen queira expoñer
Onte ás 1:13 ·
José Manuel Lage
PP e BNG piden que o Goberno de España paralicen o proxecto de rexeneración, cando o proxecto comezou a tramitarse no ano 2007. E agora en 2010 piden que se pare. É un escàndalo maiúsculo a irresponsabilidade coa que estàn actuando porque de facer caso ao que din PP e BNG, Noia perdería a oportunidade que durante moitos anos outros gobernos lle negaron
Onte ás 1:18 ·
Isabel Veiras Manteiga
Falla a participación. Falta a conexión Goberno local-cidadanía ¿Cando van a convencernos de que é mellor o saneamento unitario ca o separativo que propón o BNG?
As actuacións por impulsos non convencen señor Lage.
A información é o pan de cada día para os demócratas. Unha información detallada de cada actuación é o mellor que un Goberno local pode ofrecer.
Temos que descabalgar do burro dunha vez por todas ¿De que serven obras faraónicas para museos se despois non se sabe cómo enchelos?
Onte ás 1:45 ·
Cristina Fernandez Nuñez
Isto é o colmo dos colmos.
Onte ás 10:13
Enrique Martinez
Soy vecino de Noia desde hace casi 17 a... Ver máisños y desde el primer día he escuchado que "por fin" se va a limpiar la ría, esta es la primera vez que parece que ese "por fin" va en serio, teniendo en cuenta el estado dramático en el que se encuentra nuestra costa igual debería ser factible permitir alguna irregularidad para conseguir el fin y de una vez por todas zanjar este problema que tiene a Noia ahogado en una cloaca. Sería muy triste llegar a pensar que esto es solo una maniobra de dos partidos para evitar que "el otro" se lleve la medalla de haber conseguido lo que hasta ahora nadie ha podido conseguir.
Onte ás 10:22
Guillermo A. Baquero
Non coñezo polo miudo a situación, pero a demagoxia cheira de lonxe. Un tema como o da limpeza da ría, que levante enfrontamentos é un claro fracaso da política. Consensuar un proxecto entre os tres partidos,pode ser dificultoso, pero polo menos haino que intentar, e quen lidera a politica local non pode caer no victimismo, dicindo que malos son os outros. Sinto, pero non todos somos parvos.
Onte ás 10:35 ·
Gomorra Growshop
Divide y vencerás.
Onte ás 11:32
Mary Dominguez
1º Demostración de madurez e altura de miras, apoyo das tres forzas políticas a este Proxecto,sin fisuras. XA
2º Debate democrático con criterio e coherencia para consensuar a mellor maneira de facelo. Por favor,non usen o rendimento político como óbice para levar a cabo o Proxecto mais esperado de Noia. Sería lamentable.
Onte ás 12:57 ·
Patricia Fernández
Era o que faltaba para demostrar a incompentencia dos grupos da oposici... Ver máisón!!! Aínda non se enteraron de que non se trata de unha competición contra o grupo de goberno senon que é o que Noia precisa e leva pidindo a gritos moitos anos??? Por favor o único que fan con esas moción de pacotilla é demostrar a todo o mundo o único que realmente desexan, o afán de lograr a cadeira da alcaldía a toda costa. Aínda despois de eles tamén prometer na pasada campaña a limpeza e rexeneración da Ría... Meu Deus que vergoña!!!!
Onte ás 13:16 ·
Guillermo Salas Suárez
Fuera de toda pol... Ver máisémica política, está más que demostrado por Ingenieros Químicos y Ambientales que el mejor sistema de tratamiento de aguas residuales para un municipio como Noia considerando sus características, es el separativo. Lo demás implica sobredimensionamientos de la EDAR innecesarios y mas gastos de gestión. En cuanto al sistema de depuración, existen otras alternativas menos costosas, de menor impacto y más sostenibles a largo plazo. Por h o por b, lo que necesita Noia es que haya consenso en este punto y se proceda con el saneamiento de la Ría, que de un modo u otro, le da de comer a mucha gente.
Onte ás 13:18 ·
Isabel Veiras Manteiga
Que era unha maniobra pol... Ver máisítica xa o temiamos os veciños porque contaminar está a orde do día. A clase política non deixa de contaminar e iso de que nada ten prezo e todo se merca e se vende, é tan real como a vida mesma. Do mesmo xeito, as xergas dos políticos soen levar unas doses contaminantes. A clase política, hoxe por hoxe, sexa dunha ou doutra cor, ten abandeirada a credibilidade para sí.¿Cómo podemos confiar nunha clase política que non está á altura da cidadanía?
É certo, señor Alcalde, que no 2007 o actual Goberno iniciou o polémico proxecto da rexenaeración da ría, pero tamén é certo que o proxecto iniciose cando o BNG-PSOE compartían “cama”. Logo, cando decidiron que para a cidadanía o máis convinte era o “divorcio” atopámonos con que o proxecto non é o adecuado, contándonos contos coma se fósemos párvulos. Unha falta de sensibilidade terrible por parte de Castro, dirixente do BNG. Aínda así foi o único que se atreveu a dar a cara e explicar o motivo polo que o proxecto que primeiramente era o mellor, agora é aberrante. Con este enfangado panorama teño que dicir que a credibilidade non se gaña de boquilla.
A cidadanía está defraudada desta clase política que só sabe xogar ó engano e á degradación da democracia que tanto anhelábamos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o venres 2 de xullo, Concerto das JuadaluPeñas

Rianxo, 27 de xuño de 2010. O vindeiro venres, 2 de xullo, no Campo de Arriba de Rianxo, os locais Eu Ke Ostia Sei (EKOS se o dicimos finamente), os noieses Strabismo e, para rematar a noite, o Dj -dillei en galego- Peri Jeta.
Nin que dicir ten que o recadado é para a comisión de festas da Guadalupe, que teñen como eslogan este ano "evita o botellón, colabora coa comisión". Ou sexa, colaborade para que as festas da Guadalupe vaian cada ano a máis...

Se non coñeces aos grupos, podes escoitalos na Rede:

http://www.myspace.com/ekosonline

http://www.myspace.com/strabismo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o BNG local presenta moción para rebaixar custes da gasolina da baixura

A futura concesión rianxeira de gasoliñeira do mar debería contemplar xa o surtidor con rebaixa do combustíbel, segundo os nacionalistas


Rianxo, 27 de xuño de 2010. O BNG de Rianxo demandará que o prego que está a saír por parte da Xunta, segundo as informacións en prensa do patrón maior, para adxudicar a concesión da gasoliñeira de Rianxo, prevea a instalación de surtidores de gasolina que permitan a implantación inmediata da rebaixa dos prezos da gasolina ás embarcacións pesqueiras profesionais que utilizan este combustíbel.

No Concello de Rianxo, segundo o Bng, "numerosas embarcacións (200 aproximadamente) pertencentes á confraría de Rianxo utilizan a gasolina como carburante. Este combustíbel, a diferenza do gasóleo, aínda contando cun tratamento fiscal específico na lexislación vixente, segue sen posuír, non só nos nosos portos, senón en todos os galegos (agás o da Coruña), un tratamento real como combustíbel profesional".

Con estas rebaixas, din os nacionalistas, "estaríamos a falar de preto dun 55% de rebaixa, considerábel en momentos de crise para toda a economía. Unha gasolineira de Oza pertencente á Confraría da Coruña xa ten este surtidor que permite unha rebaixa aproximada segundo os seus cálculos de entre 3.000 e 5.000 euros anuais".

O nove de xuño:

Reclaman a gasoliñeira de SeteFogas

O portavoz de pesca do Grupo Parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, reclamou no transcurso da rolda de prensa ofrecida en sede parlamentar, rebaixar os prezos da gasolina ás embarcacións pesqueiras profesionais, medida xa contemplada nun Decreto Lei do ano 1992 que nunca se cumpriu.

Unhas 1800 embarcacións pesqueiras, percebeiras, de marisqueo a flote ou de recursos específicos, distribuídas en todos os portos galegos, entre eles salientamos o de Rianxo cunha grande flota de baixura, utilizan a gasolina como carburante o que supón pagar o litro a 1,20 euros cando de aplicarse a exención fiscal pagarían 0, 51 céntimos.

Para isto cómpre a instalación de surtidores fiscais en todos os portos. Algo fóra do noso alcance en Rianxo onde malia a moción presentada polo BNG de Rianxo e aprobada por consenso en maio do 2009 no Concello non se fixo nada desde Portos para substituír a gasoliñeira de mar retirada finalmente de Setefogas. Nin a Conselleira do Mar nas súas constantes visitas á Confraría trae este importante servizo baixo o brazo.

Na nosa moción mar en Rianxo e na iniciativa do Parlamento Galego suliñamos que os mariñeiros, de termos este servizo activo, ademais das bonificacións referidas, non se verían obrigados a transportar, por vía pública, o combustíbel en vehículos privados para abastecer as embarcacións. Para os profesionais do sector de baixura, a rebaixa no prezo da gasolina pode supoñer entre 4000 e 6000 euros ao ano de aforro.

(Vía Bng de Rianxo)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Historia: Pedro Teixeira debuxou unha Ría de Muros e Noia moito máis navegable en 1634

O que cambian os tempos! Aconsellámoslles que vexan os debuxos a pantalla completa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Historia: Pedro Teixeira debuxou unha Ría de Muros e Noia moito máis navegable en 1634

O que cambian os tempos! Ata a ortografía (Teixeira escribiu Nohia)!

Aconsellámoslles que vexan os debuxos a pantalla completa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Natureza: denuncian cunha serie fotográfica o maltrato animal a bestas na Serra de Outes

http://farm5.static.flickr.com/4074/4736040270_0f988e22ca.jpg http://farm5.static.flickr.com/4073/4735471327_c38673d8ca.jpg http://farm5.static.flickr.com/4073/4736860282_cb8f411fe7.jpg

O usuario Lansbricae de Flickr (tamén en Galipedia) denuncia, unha vez máis, a salvaxada que se está a facer cos cabalos nestas bisbarras, a pesares de que as pexas están prohibidas e penadas por lei.
Hai apenas uns meses, o blog "Fotos de Rianxo" denunciaba algo similar no monte Muralla, en Rianxo: http://certo.posterous.com/natureza-seguen-a-maltratar-aos-cabalos-na-se

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: hoxe, III Supercopa Benxamín e Alevín Fútbol 7

   III SUPERCOPA BENXAMÍN E ALEVÍN FÚTBOL SETE

 

 

 

SÁBADO 26 DE XUÑO

I SUPERCOPA PREBENXAMIN  CAMPO DE  A FIEITEIRA

 

11.00 horas previa : CARREIRA – SALVORA B

13.15 horas semifinais: gañador previa – SALVORA A

13.15 horas semifinais : X AGUIÑO – ATL RIVEIRA

20.00 FINAL

I SUPERCOPA INFANTIL CAMPOS DE  A TASCA/A FIEITEIRA

10.45 horas ATL RIVEIRA  – ATL OLEIROS  NA TASCA

11.30 horas SALVORA CF – CARREIRA CF NA TASCA

19.00 horas FINAL  NA FIEITEIRA

Na eliminatorias partidos con dous tempos de 20 minutos, na final de 25.. En caso de empates tiraránse  penaltis o fallo.

 

I SUPERCOPA CADETE CAMPOS DE  A TASCA/A FIEITEIRA

10.00 horas Previa Cadete: X AGUIÑO-ATL RIVEIRA  NA TASCA

12.15 horas CARREIRA CF -  CD ARTES  NA TASCA

13.00  horas gañador previa – ATL OLEIROS (1º clasificado) NA TASCA

18:00 FINAL NA FIEITEIRA

Na eliminatorias partidos  con dous tempos de 20 minutos o, na final de 25.. En caso de empates tiraránse  penaltis o fallo. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: rescate de bañista radiado en Barraña

Era todo un simulacro. Oxalá os incidentes de verdade na auga das nosas praias fosen así de doados sempre...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: dous individuos mexan espectacularmente no salón de plenos ás doce da mañá

Un momento do acto, que explicaremos en breve...

Témolos identificados, perdan coidado!

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical