27.6.10

Noia: a moción do Bng e o PP sobre a rexeneración da Ría xenera debate no Facebook do alcalde

No pleno ordinario de Xuño o PP e o BNG presentaron por urxencia unha moción, a moción da vergoña, para pedir que se retire o proxecto de rexeneración da ría de Noia cun orzamento de 2.7 millóns de euros e unha tramitación de tres anos.

A "intelixente" proposta de populares e nacionalistas pretende que se inicie todo de cero e que se redacte un proxecto de menor cuantia económica.

O PP e o BNG de Noia, así como Portos de Galicia está tratando por todos os medios de impedir que se realice o proxecto de rexeneración, plantexan que se tire pola borda unha tramitación de tres anos e unha partida de 2,7 millóns de euros para empezar de cero.

Cada vez que se pretende investir en Noia o PP e o BNG tentar dilatar ou impedir que se faga, e xa son varias as ocasións en que o amosaron. Lamentable.

Nin un comentario no blog de Rafael García Guerrero sobre a dura nota acerca desa moción, pero foi poñer unha liña no seu Facebook e:
Rafael García Guerrero pp e bng unha mocion para que pedir que non se rexenere a ria de Noia
Venres ás 20:55 a través de Facebook para BlackBerry ·
Amosar comentarios (16)
Loli Rodríguez Amoroso:
Hainos ben impresentables!
Venres ás 21:01 ·
Manuel González-lópez
home, sen ánimo de discrepar, discrepo. Eu creo que a moción é máis ben para o contrario...
Venres ás 21:45
Enrique Martinez
No puede ser, nadie en su sano juicio puede no estar conforme con la regeneración/limpieza/saneamiento de la ría, no estarán conformes con los medios o con algúna parte del proceso, pero no con el fin.
Venres ás 22:55 ·
Isabel Veiras Manteiga
Non tente confundir o touciño coa velocidade, Ningún partido político se opón á rexeneración da ría, non faga crernos tal bestialidade. Tanto BNG coma PP expuxeron uns argumentos sobor do que consideran o mellor proxecto para a rexeneración, que eu saiba o PSOE local aínda non explicou públicamente por qué o proxecto que pretende levar a cabo a mellor opción.
Venres ás 23:08 ·
Rafael García Guerrero
A moción aprobada por pp e bng pide que o ministerio de medio ambiente pare o proxecto de rexeneración da ría de Noia.
Onte ás 1:12 ·
José Manuel Lage
Creo que se pode decir de moitas maneiras, pero despois de 40 anos agardando que algún goberno mire a Noia e faga un proxecto serio para limpar a ría, o goberno socialista de España redacta o proxecto fai 2 anos e medio, e fai un ano decide invertir 3 millóns de euros e levar adiante o ansiado proxecto. O que fan PP e BNG é opoñerse, con tódolos matices que cadaquen queira expoñer
Onte ás 1:13 ·
José Manuel Lage
PP e BNG piden que o Goberno de España paralicen o proxecto de rexeneración, cando o proxecto comezou a tramitarse no ano 2007. E agora en 2010 piden que se pare. É un escàndalo maiúsculo a irresponsabilidade coa que estàn actuando porque de facer caso ao que din PP e BNG, Noia perdería a oportunidade que durante moitos anos outros gobernos lle negaron
Onte ás 1:18 ·
Isabel Veiras Manteiga
Falla a participación. Falta a conexión Goberno local-cidadanía ¿Cando van a convencernos de que é mellor o saneamento unitario ca o separativo que propón o BNG?
As actuacións por impulsos non convencen señor Lage.
A información é o pan de cada día para os demócratas. Unha información detallada de cada actuación é o mellor que un Goberno local pode ofrecer.
Temos que descabalgar do burro dunha vez por todas ¿De que serven obras faraónicas para museos se despois non se sabe cómo enchelos?
Onte ás 1:45 ·
Cristina Fernandez Nuñez
Isto é o colmo dos colmos.
Onte ás 10:13
Enrique Martinez
Soy vecino de Noia desde hace casi 17 a... Ver máisños y desde el primer día he escuchado que "por fin" se va a limpiar la ría, esta es la primera vez que parece que ese "por fin" va en serio, teniendo en cuenta el estado dramático en el que se encuentra nuestra costa igual debería ser factible permitir alguna irregularidad para conseguir el fin y de una vez por todas zanjar este problema que tiene a Noia ahogado en una cloaca. Sería muy triste llegar a pensar que esto es solo una maniobra de dos partidos para evitar que "el otro" se lleve la medalla de haber conseguido lo que hasta ahora nadie ha podido conseguir.
Onte ás 10:22
Guillermo A. Baquero
Non coñezo polo miudo a situación, pero a demagoxia cheira de lonxe. Un tema como o da limpeza da ría, que levante enfrontamentos é un claro fracaso da política. Consensuar un proxecto entre os tres partidos,pode ser dificultoso, pero polo menos haino que intentar, e quen lidera a politica local non pode caer no victimismo, dicindo que malos son os outros. Sinto, pero non todos somos parvos.
Onte ás 10:35 ·
Gomorra Growshop
Divide y vencerás.
Onte ás 11:32
Mary Dominguez
1º Demostración de madurez e altura de miras, apoyo das tres forzas políticas a este Proxecto,sin fisuras. XA
2º Debate democrático con criterio e coherencia para consensuar a mellor maneira de facelo. Por favor,non usen o rendimento político como óbice para levar a cabo o Proxecto mais esperado de Noia. Sería lamentable.
Onte ás 12:57 ·
Patricia Fernández
Era o que faltaba para demostrar a incompentencia dos grupos da oposici... Ver máisón!!! Aínda non se enteraron de que non se trata de unha competición contra o grupo de goberno senon que é o que Noia precisa e leva pidindo a gritos moitos anos??? Por favor o único que fan con esas moción de pacotilla é demostrar a todo o mundo o único que realmente desexan, o afán de lograr a cadeira da alcaldía a toda costa. Aínda despois de eles tamén prometer na pasada campaña a limpeza e rexeneración da Ría... Meu Deus que vergoña!!!!
Onte ás 13:16 ·
Guillermo Salas Suárez
Fuera de toda pol... Ver máisémica política, está más que demostrado por Ingenieros Químicos y Ambientales que el mejor sistema de tratamiento de aguas residuales para un municipio como Noia considerando sus características, es el separativo. Lo demás implica sobredimensionamientos de la EDAR innecesarios y mas gastos de gestión. En cuanto al sistema de depuración, existen otras alternativas menos costosas, de menor impacto y más sostenibles a largo plazo. Por h o por b, lo que necesita Noia es que haya consenso en este punto y se proceda con el saneamiento de la Ría, que de un modo u otro, le da de comer a mucha gente.
Onte ás 13:18 ·
Isabel Veiras Manteiga
Que era unha maniobra pol... Ver máisítica xa o temiamos os veciños porque contaminar está a orde do día. A clase política non deixa de contaminar e iso de que nada ten prezo e todo se merca e se vende, é tan real como a vida mesma. Do mesmo xeito, as xergas dos políticos soen levar unas doses contaminantes. A clase política, hoxe por hoxe, sexa dunha ou doutra cor, ten abandeirada a credibilidade para sí.¿Cómo podemos confiar nunha clase política que non está á altura da cidadanía?
É certo, señor Alcalde, que no 2007 o actual Goberno iniciou o polémico proxecto da rexenaeración da ría, pero tamén é certo que o proxecto iniciose cando o BNG-PSOE compartían “cama”. Logo, cando decidiron que para a cidadanía o máis convinte era o “divorcio” atopámonos con que o proxecto non é o adecuado, contándonos contos coma se fósemos párvulos. Unha falta de sensibilidade terrible por parte de Castro, dirixente do BNG. Aínda así foi o único que se atreveu a dar a cara e explicar o motivo polo que o proxecto que primeiramente era o mellor, agora é aberrante. Con este enfangado panorama teño que dicir que a credibilidade non se gaña de boquilla.
A cidadanía está defraudada desta clase política que só sabe xogar ó engano e á degradación da democracia que tanto anhelábamos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical