30.9.10

Porto do Son: o PP fai varias propostas para a fachada marítima, como un carril bici



PROPOSTA DE SUXERENCIAS DO PP SON SOBRE PROXECTO REFORMA FACHADA MARÍTIMA

Vista a Reunión de Constitución da Comisión de Traballo sobor do Proxecto de Reforma da Fachada Marítima no Casco da Vila, o pasado Mércores 15 de Setembro de 2010 na Sede de Portos de Galicia.

En dita Reunión de Traballo, acordouse por parte dos presentes, enviar as súas diferentes Propostas a valorar e considerar por parte do Ente Autonómico co gallo de integralas, na medida das súas posibilidades en dito proxecto.

Ante dito acordo, o Partido Popular de Porto do Son e mediante o seu Portavoz Municipal D. Manuel Tomé Piñeiro, vistas as súas demandas, acorda transmitir as seguintes Suxerencias para a súa valoración e consideración oportuna a integrar en dito Proxecto:

1-Consideramos como Premisa Fundamental que Tódalas Entidades, en base as súas propias e lexítimas demandas, se integren da forma que mellor consensúen, partindo do Principio de ecuanimidade por parte de tódalas partes afectadas.

2-Técnicamente, consideramos que este Proxecto debe establecer unha homoxenidade e continuidade no encontro das distintas rúas que confluen a dita fachada portuaria. Por elo, consideramos que o tipo de material granítico que representa o pavimento das beirarrúas sexa igual o que provoca os cruces de encontro coas rúas que finalizan na mesma.
Debemos indicar que toda as beirarrúas da primeira linea, deben ser contínuas en toda a lonxitude existente, é decir,que o encontro beirarrúa-rúa debe ter unha mínima rampla que faga a accesibilidade dos vehículos sin por elo perder a bifuncionalidade da beirarrúa. Tamén decir que, na medida do posible, a alineación de delimiticación de xurisdicción que foi cedida a Portos de Galicia, debe aproveitarse na súa integridade, quero esto decir, que a extensión do pavimento de pedras albardera chegue ós laterais da fachada naqueles lugares que non teñan unha alineación lineal sino que se adentre para atrás de dita linea.

3-Unha das obras estrela que debería na medida posible de facerse realidade, sempre con visos de futuro, sería a Creación dun Aparcadoiro Soterrado en toda a extensión existente dentro da delimitación do bordillo da explanada portuaria, cumpliría así unha doble funcionalidade:

a)+ Servizo o Casco da Vila

b)+Servizo a tódalas Entidades Usuarias do ámbito da Zona Portuaria do Casco sonense.

Consideramos que é perfectamente factible e viable, sempre pensando no Proxecto de creación dentro do Casco da Vila dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI), onde unha das súas grandes estratexias consistirá na Peatonalización e Limitación de aparcamentos dentro das rúas do Casco da Vila, partindo da singularidade das rúas que como pobo mariñeiro tradicional presenta sen unhas alineacións e ordenacións acorde o que hoxe se considera normal.

4-Estudo da proposta para minimizar a entrada de area na zona verde existente dentro do porto. Hai que lembrar que a formación recente dunha praia dentro do Casco da Vila, pola modificación artifical das correntes marinas, está a provocar, coma ben se manifestou na reunión, unha preocupación cada vez máis crecente polo fenómeno de sedimentación de area que empeza a provocar os primeiros problemas na dársena o igual que o continuo coste de retirar do petril a acumulación de area que os ventos predominantes transportan.
Plantexamos en dito petril unha actuación para a súa consideración da Instalación de paneis de metacrilato dunha altura entre 2-2.5m atornillados a todo o largo do petril o fronte de area como medida preventiva ou no seu caso estudar unha actuación de Creación dunha doble Duna Artifical a cabalo entre o Parque e a Praia da Vila (xusto a zona pavimentada) e a fixación e consolidación de ditas dunas mediante especies propias e endémicas dos sistemas dunares.

5-Na entrada o muelle portuario polo lado do parque, onde actualmente está o petril grande que chega case a caseta do surtidor de combustible, Estudar o Acceso o mesmo retirando un par de aparcamentos de dita batería e facendo unha prolongación da acera de gris mondariz que se executou na segunda fase de reforma do porto.
A idea é que este muelle que leva á rampla de varada, se plantexe a todo o largo do petril un Aparcadoiro en espiña inclinada (45º) e habilitando unha pequena rotonda o final do petril para que xiren os vehículos que acceden tanto á Praia da Vila coma a Zona de Varada das embarcacións.
Dicir que en este lugar, plantexar o Peche perimetral que delimite toda a zona de varada e reparación de embarcacións sería o máis prudente en canto a riscos para os viandantes e usuarios da zona da Praia e o seu entorno.

Consideramos dende o PPdG Sonense, que a limitación a vehículos dende a zona de varada hacia o muelle de contención de area coma o petril de contención de area,debería estar automáticamente prohibida, exceptuando os servizos de emerxencia ou similares para dito areal.

6-Igualmente foi exposto nesa reunión, a Creación dunha Infraestructura que dé cobertura ás necesidades de Waters, Cambiadores,así coma unha Cafetería que en conxunto den servizo tanto a Praia coma o Parque Infantil así coma a Zona de reparación de varada das embarcacións.

7-Finalmente, unha proposta que o Portavoz Popularanunciou en dita reunión, era a Creación a todo o longo da Fachada Marítima dun Carril-Bici que chegaría ata o límite xurisdiccional da competencia de Portos e que entroncaría co Paseo Marítimo na zona da Sagrada co gallo de facer unha continuidade en todo o perímetro da costa do Casco da Vila.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: do 8 de outubro ao 8 de novembro, "Naturezas Mortas" de José Luis Veiras Manteiga na casa de cultura


Imaxe da anterior exposición que fixo Veiras Manteiga

Lousame, 30 de setembro de 2010. Dende o 8 de outubro ao 8 de Novembro a sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Lousame acubillará a exposición -"Naturezas Mortas" Bodegóns: 1977-2010, do autor local José Luis Veiras Manteiga.

A inauguración da exposición terá lugar o venres 8 de outubro as 20.30h na Casa da Cultura. O horario de apertura da exposición é de 9.00h a 14.00h e de 18.00h a 20.00h.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: os castros de O Achadizo e Neixón, nunha charla sobre arqueomalacología na Lanzada

Boiro: as remeiras de Cabo de Cruz, recibidas polo secretario xeral para o Deporte na Xunta

No curso 2010-2011 introducirase o remo no deporte escolar para fomentar futuros remeiros que levarán o remo galego ao recoñecemento internacional

Boiro, 30 de setembro de 2009.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu onte aos remeiros galegos do club vasco Urdaibai e ás remeiras do galego S.D.R. Rías Baixas, entre as que se atopan varias deportistas cabocrucenses. O responsable político do Deporte na Xunta reiterou a aposta do goberno autonómico polo remo tradicional no acto de recepción.

O secretario xeral salientou a aposta do Goberno galego polo remo e lembrou a confianza depositada na Asociación de Clubs de Traíñas no 2003, a posta en marcha da Liga galega de traíñas no 2004 e da liga feminina no 2009. Lete Lasa, que lembrou a importancia estratéxica dos deportes de mar, afirmou que no curso 2010-2011 se introducirá o remo no deporte escolar para fomentar, deste xeito, futuros remeiros que levarán o remo galego ao recoñecemento internacional.

Os clubs que asistiron á recepción son ben recoñecidos no ámbito do remo. Por unha banda, o S.D.R. Rías Baixas foi premio ao deporte galego como mellor equipo feminino do ano 2009 e vén de gañar, por segundo ano consecutivo, a Liga Galega, a Liga Euskotren e, por terceiro ano, a Regata da Concha. Por outro lado, o club vasco Urdaibai, cuxo adestrador e cinco remeiros son tamén galegos, proclamouse como gañador da Liga ACT e da Regata da Concha.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: donan caricaturas de Pepe Núñez para ser expostas na Casa Museo Municipal

Ribeira, 30 de setembro de 2010. O Concello de Ribeira foi obxecto hoxe dunha doazón dunha serie de creacións artísticas de Pepe Núñez, principalmente caricaturas, co fin de ser expostas na Casa Museo Municipal que abrirá as súas portas en breve. Ramona Romero Mariño, amiga persoal do autor e propietaria do material obxecto de cesión gratuíta, e José Luis Torres Colomer, o alcalde, foron os encargados de formalizar o acordo.

Pepe Núñez foi un ribeirense moi coñecido entre os seus veciños dende a época da Posguerra. Perruqueiro de profesión, o seu local situado na actual rúa de Galicia era moi visitado polos veciños para participar nas tertulias que nel tiñan lugar. Ademais, era un gran debuxante. Finou no ano 1983.

 

O Museo Municipal abrirá en breve na coñecida Casa de doña Adela, na rúa Galicia

O material doado está  composto por sete caricaturas, algunhas delas doutros coñecidos ribeirenses como o taberneiro Julio Bravo, Juan O Bruxo ou a esposa de Pepe Núñez, Marcela Pariente Santos. Integran a cesión tamén un cadro (mariña), dous textos de felicitación con texto manuscrito ao dorso (datados en 1979 e 1980), unha tarxeta de visita de Pepe Núñez e a súa dona Marcela; dous pequenos textos manuscritos (saúdos); dúas reproducións de caricaturas de Pepe Núñez convocando sendas exposicións sobre o autor (unha na Casa de Cultura en marzo de 1992 e a outra no Círculo Mercantil e Industrial), dous recortes de periódico con caricaturas e un recorte de periódico sobre a figura do debuxante. 

Ramona Romero Mariño é natural de Ribeira, pero leva afincada nas Palmas de Gran Canaria dende o ano 1951. É a madriña da Policía Infantil de Ribeira.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: o sábado 2, máis dun cento de ciclistas na XXII edición da Promoción do Ciclismo Boiro 2010

A actividade está organizada polo Club Ciclista Barbanza coa colaboración do Concello de Boiro

Boiro, 30 de setembro de 2010. Este sábado, día 02 de outubro, disputarase en Boiro a proba ciclista para as categorías de escolas, cadetes e féminas “XXII Promoción do Ciclismo Boiro 2010”, organizada polo Club Ciclista Barbanza coa colaboración do Concello de Boiro. Está previsto que participen entre 120 e 150 deportistas, de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

A saída terá  lugar ás 16.30 horas na Avenida da Constitución. Para realizar a proba será preciso cortar o tráfico no tramo comprendido entre a rotonda da confluencia coa avenida de Compostela e a rúa Borobó, entre as 14.30 e as 19.30 horas. O tramo inhabilitado á circulación, así como o desvío alternativo, serán sinalizados convenientemente. O Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, realizarán a entrega de trofeos aos gañadores ás sete da tarde.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: 700 participantes na comida anual da terceira idade, o venres 1 de outubro, Día Internacional dos Maiores


Boiro, 30 de setembro de 2010. Este venres, día 1 de outubro, terá lugar a tradicional comida anual da Terceira Idade do Concello de Boiro, organizada polo departamento municipal de Servizos Sociais deste Concello. A xornada celebrarase no pavillón municipal de deportes de Barraña ás 14.00 horas e nela participarán máis de 700 maiores. 

Ademais do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e da Concelleira de Servicios Sociais, Natalia Laíña Lojo, asistirán outros membros da corporación, así como representantes políticos e outras autoridades da comarca. Igual que na edición anterior, cómpre sinalar a colaboración que o Concello tivo por parte de diversas empresas da zona para levar a cabo esta festa tan importante para o colectivo da terceira idade, empresas ás que o Concello agradece dita colaboración. 

A festa estará amenizada por un grupo de música e haberá autobuses para o traslado dos asistentes ao lugar do evento.

Centro de Día


O Día 1 de Outubro é o Día Internacional das Persoas Maiores. Por este motivo, o equipo terapéutico do Centro de Día de Boiro decidiu homenaxear a tódolos maiores realizando unha actividade no seo da comunidade.

De 11:30 a 12:30 haberá unha saída á praza de abastos do Concello de Boiro para montar unha mesa de reparto de folletos e  facer unha mostra dalgunhas das actividades que os maiores do centro de día realizan por medio de fotografías. Serán os propios maiores os que se encargarán de dito reparto e de establecer contacto coas persoas que se acheguen a interesarse pola actividade.

Pola tarde, no centro de día, haberá bingo e merenda especial en homenaxe aos maiores do Centro de Día. Ao longo de todo o día, e como iniciativa do persoal da Escola Infantil A Galiña Azul de Boiro, os maiores do Centro de Día recibirán a visita dos cativos da escola que traerán agasallos para os maiores nesta data tan especial. 

     Con esta actividade preténdese sensibilizar á poboación e promover un envellecemento activo, así como permitir a interacción dos nosos maiores coas persoas do entorno. Por outra banda fomentarase o contacto dos/as usuarios/as do centro de día coa poboación boirense e promóvese unha saída na que están en contacto co entorno máis próximo ao centro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a cantante Ugía Pedreira presenta o seu poemario "Noente Paradise" o 7 de outubro

Non sabes quen é Ugía Pedreira? Pois mira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical