No curso 2010-2011 introducirase o remo no deporte escolar para fomentar futuros remeiros que levarán o remo galego ao recoñecemento internacional
Boiro, 30 de setembro de 2009.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu onte aos remeiros galegos do club vasco Urdaibai e ás remeiras do galego S.D.R. Rías Baixas, entre as que se atopan varias deportistas cabocrucenses. O responsable político do Deporte na Xunta reiterou a aposta do goberno autonómico polo remo tradicional no acto de recepción. O secretario xeral salientou a aposta do Goberno galego polo remo e lembrou a confianza depositada na Asociación de Clubs de Traíñas no 2003, a posta en marcha da Liga galega de traíñas no 2004 e da liga feminina no 2009. Lete Lasa, que lembrou a importancia estratéxica dos deportes de mar, afirmou que no curso 2010-2011 se introducirá o remo no deporte escolar para fomentar, deste xeito, futuros remeiros que levarán o remo galego ao recoñecemento internacional. Os clubs que asistiron á recepción son ben recoñecidos no ámbito do remo. Por unha banda, o S.D.R. Rías Baixas foi premio ao deporte galego como mellor equipo feminino do ano 2009 e vén de gañar, por segundo ano consecutivo, a Liga Galega, a Liga Euskotren e, por terceiro ano, a Regata da Concha. Por outro lado, o club vasco Urdaibai, cuxo adestrador e cinco remeiros son tamén galegos, proclamouse como gañador da Liga ACT e da Regata da Concha.Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario