21.7.10

Opinión: a vida como unha pequena soneca da que algúns nin se decatan, segundo J. E. Bóveda

(...) que se imaxinen vivindo dentro dunha curtametraxe dramática costumista, onde non poidan sobordar os ángulos de cámara, nin cambiar os encadres, nin persuadir ás personaxes de que salten o guión aínda que só fose un momentiño, nin vivir máis dos seis minutos que dura a cinta, nin sequera ver máis cores que o adusto branco e negro (case sepia) que a historia posúe".
O artigo completo en http://certo.es/index.php?page=metaficcion

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o Partido Popular avanza o plan para actuar no castro de Baroña e critica que o goberno lle bote a culpa polos verquidos


TOMÉ ANUNCIA O INMINENTE COMENZO DAS OBRAS DE ACTUACIÓN NO CASTRO DE BAROÑA.

*A ACTUACIÓN FOI UNHA DEMANDA DO GOVERNO DO PP SONENSE Á SECRETARIA XERAL DE TURISMO.

* LIMPEZA , LEVANTAMENTO TOPOGRÁFICO E ESTUDO DE DIAGNOSIS DO ESTADO DO XACEMENTO SON AS ACTUACIÓNS A REALIZAR.


Porto do Son, 21de Xullo de 2010

O Portavoz sonense do Partido Popular Manuel Tomé Piñeiro, anunciou o inminente comenzo dun Proxecto de actuación con carácter preventivo no xacemento celta do Castro de Baroña.

Dita actuación enmárcase dentro do compromiso que no seu día a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, deu o anterior rexedor municipal Manuel Tomé, co gallo da visita realizada no pasado Agosto de 2009 a dito vestixio arqueolóxico.
Hai que lembrar que dende o ano 1996 non se realizou ningún tipo de actuación dentro do ámbito indicado, máxime cando o verán pasado xurdiu a problemática duns desaprensivos que construiron “milladoiros” dentro da mesma.

A proliferación deste tipo de expoliación fixo que as autoridades populares sonenses naquel intre, xestionasen ante as administracións competentes a búsqueda de algún tipo de solución a mesma.

Este Proxecto de Levantamento topográfico, documentación e estudio do estado actual do Castro de Baroña, é integramente financiado pola Secretaría Xral. para o Turismo, e conta cun orzamento de 12000€ na que o seu prazo de execución, desenvolverase durante 5 días.

Estas actuacións serán dirixidas e coordinadas por un Arqueólogo responsable da redacción do mesmo.

Debemos lembrar que o elevado número de visitantes que soporta o istmo, fai que se teña que estudar as medidas a tomar xa que a erosión e a carga que soporta o vestixio, fan que estea sufrindo un deterioro avanzado e que por elo necesita con carácter urxente a valoración do grao de deterioro en que se atopa. http://farm5.static.flickr.com/4101/4779621708_84825cc55c.jpg

As actuacións anteriormente enunciadas, teñen un carácter prioritario e preventivo co gallo de empezar a desenvolver ás obras necesarias para que o maior icono e símbolo turístico do noso Concello, teña a máis axeitada conservación.

Dende o PPdG de Porto do Son, queremos agradecer de forma persoal a Dna Carmen Pardo por facer realidade os compromisos acadados co Concello de Porto do Son e redunden no beneficio da sociedade en xeral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: Sálvora C.F. e Concello de Ribeira organizan campus de fútbol base para nenos

Ribeira, 21 de xullo de 2010. Ata sesenta rapaces do municipio nacidos entre 1999 e 2003 terán a oportunidade de participar, entre os días 2 e 6 de agosto, no Campus de Fútbol Base Cidade de Riveira: unha iniciativa coorganizada por primeira vez entre o Concello de Ribeira e o Sálvora Club de Fútbol, despois de que en anos pasados fose promovida en solitario por este equipo, cun notable éxito de asistencia. 

O concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, e o directivo do Sálvora Club de Fútbol Francisco Romay foron os encargados de presentar hoxe as características desta iniciativa, que terá lugar en horario de 10 a 13 horas durante os cinco días citados, co espírito de promover valores como a cooperación, o civismo, a técnica e a formación. 

Tres grupos

Os rapaces participantes serán distribuídos en tres grupos, cada un dos cales levará  a cabo actividades deportivas específicas vinculadas co fútbol no campo de céspede sintético da Fieiteira ou ben outras accións de ocio e tempo libre (xogos, actividades no medio natural...). En caso de choiva, este último tipo de accións terá lugar nalgún dos polideportivos do municipio que estea libre nese momento. 

As 60 prazas convocadas serán cubertas por orde de inscrición. O prazo para anotarse comeza mañá día 22 e remata o 29 de xullo, e o importe por participar é de 15 euros, podéndose descargar o formulario de inscrición nas páxinas web do Concello ou do Sálvora. É requisito imprescindible levar a folla xustificativa do pagamento ao Auditorio Municipal.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o IV torneo de tenis de verán dispútase en agosto

Ata o luns 26 de xullo, prazo de inscrición.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Micoloxía: Garrulismo micolóxico na prensa... e no monte!

O do xornalista é desculpable: hoxe en día un xornalista é alguén que escribe de moitas cousas das que non sabe absolutamente nada, e así logo lemos as cousas que lemos.

Non imos entrar ao trapo. Non vaia ser Certo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: a Feira Castrexa celébrase do 23 ao 25 de xullo. Programa

Download now or preview on posterous
Feira Castrexa.pdf (214 KB)

Web oficial: http://castrexa.webcindario.com

Antes publicamos:


23, 24 e 25 de xullo: de mercado celta a feira castrexa


Relacionada (pola programación, de castrexo só hai conferencias, o resto é unha feira medieval ao uso)

Noia: precisa a feira medieval un novo enfoque?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: os veciños de Neixón teñen programada una visita á Lanzada o vindeiro domingo 1 de agosto

Os excursionistas estarán nas escavacións do castro de A Lanzada

Boiro, 21 de xullo de 2010. A asociación de veciños de Neixón (Cespón) programou para o domingo 1 de agosto a realización dunha excursión á península do Grove co seguinte programa:

Mañá: visita guiada á escavación do castro de A Lanzada,á ermida e á torre

Mediodía: tempo libre en San Vicente do Mar

Tarde: ruta en catamarán pola ría de Arousa "Panorámicas submarinas".

O ciclo de charlas vai comenzar o 30 de xullo cunha intervención do arqueólogo Xurxo Ayán, investigador do CSIC-LAPA, sobre as escavacións do castro da Lanzada. A entrada á charla é libre e gratuita.

A excursión ten un coste de 15€ para socios e 20€ para non socios.

Máis información no móbil 628378866 ou no correo electrónico vecinosdecespon@hotmail.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: xoves 5 e venres 6 de agosto, cúpula na Alameda para divulgar a ciencia entre a infancia e xuventude


Noia, 21 de xullo de 2010. No mes de agosto, en concreto o xoves 5 e o venres 6 de agosto, o espazo da Alameda noiesa contará cunha cúpula para divulgar a ciencia entre os máis mozos do municipio. A cúpula "Caixanova na Rúa" é unha actividade promovida por esta entidade bancaria na que se realizan obradoiros de ciencia para os nenos.

Cúpula que conxuga ciencia con entretemento


A cúpula inchable foi deseñada polo catalán Quim Guixá e consta dun casquete esférico de dobre cámara duns seis metros de diámetro de onde parten simetricamente doce cuartos de arco que repousan sobre un toroide que fai de base. Non ten estrutura interior, mais unha vez inchada totalmente, transfórmase nun edificio sen columnas que é capaz de resistir en cada metro lineal de tela ata tres toneladas de peso.

Os obradoiros transcorren baixo o lema "Ciencia ou maxia?" e afondan en determinados experimentos que, aos ollos dos legos, poderían parecer maxia pero teñen unha explicación científica acaída.

Entre outras cousas que se poderán ver na cúpula está unha luva interactiva para controlar xogos, o mando da wii non só para xogar; exemplos de realidade aumentada; un piano máxico; varios experimentos visuais con webcams; control de computadoras e outros dispositivos mediante ondas cerebrais, o mindflex (elevar unha boliña co poder da mente) e o neuroskymindset, que converte a imaxes as reaccións da nosa cachola ao escoitar música ou xogar con algún video xogo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o sábado 24 de xullo ponse en marcha o novo roteiro turístico á calzada romana de Vitres

Boiro, 21 de xullo de 2010. O alcalde de Boiro, Xosé Deira, presentou xunto co concelleiro de Urbanismo, Xoán León Vidal, o "novo" roteiro turístico "Castelo Vitres", que vai ser inaugurado oficialmente este vindeiro sábado 24 de xullo ás cinco e media da tarde. O punto de saída é a praza do Concello e voltarase ao pavillón de praia Xardín.


A asociación 'O Faiado 2' fixo este roteiro para os seus socios o ano pasado

O novo roteiro conta cunha subvención de 123.000 euros que aportaron a Deputación de A Coruña e Agader. Está conformado por doce quilómetros e pasa por Brazos, continúa polos pasais do río Coroño e transcorre pola aldea de Runs, de onde se gabea ao río Acevedro. Logo en Porto do Barco sáese deste río e encamíñanse aos outeiros de Mosquete, onde está situado o comezo desta calzada romana.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical