Boiro, 21 de xullo de 2010. O alcalde de Boiro, Xosé Deira, presentou xunto co concelleiro de Urbanismo, Xoán León Vidal, o "novo" roteiro turístico "Castelo Vitres", que vai ser inaugurado oficialmente este vindeiro sábado 24 de xullo ás cinco e media da tarde. O punto de saída é a praza do Concello e voltarase ao pavillón de praia Xardín.
A asociación 'O Faiado 2' fixo este roteiro para os seus socios o ano pasado O novo roteiro conta cunha subvención de 123.000 euros que aportaron a Deputación de A Coruña e Agader. Está conformado por doce quilómetros e pasa por Brazos, continúa polos pasais do río Coroño e transcorre pola aldea de Runs, de onde se gabea ao río Acevedro. Logo en Porto do Barco sáese deste río e encamíñanse aos outeiros de Mosquete, onde está situado o comezo desta calzada romana.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario