O libro, que repasa tres séculos de historia marítima das rías de Arousa e Muros-Noia, foi presentado na Pobra polo presidente provincial, Salvador Fernández MoredaA Deputación da Coruña edita o libro "Tiempos de vela", de Ramiro Villoch20/07/2010O presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, participaron, na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler” da Pobra do Caramiñal, no acto de presentación do libro “Tiempos de vela”, editado pola institución provincial.O acto contou tamén coa asistencia da deputada provincial Rosana Pérez, do autor da publicación, Ramiro Villoch Herrera, de concelleiros da localidade, e numeroso público, entre os que había representantes do eido social, asociativo e cultural da vila pobrenese.Nas súas máis de 200 páxinas, “Tiempos de vela” repasa tres séculos de historia marítima nas rías de Arousa e Muros-Noia e afonda na historia dos armadores e “fomentadores” cataláns que alí se asentaron, e que deron orixe á unha importante industria pesqueira e de salgadura de peixe que contribuíu decisivamente ao desenvolvemento socio-económico da zona.Fernández Moreda gabou “o excelente traballo de investigación realizado polo autor” durante máis dunha década, que deu como resultado “este magnífico ensaio no que se nos desvelan algunhas claves da estreita vinculación histórica e económica desta comarca co mar, e coa industria da salgadura implantada nestas terras por cataláns emprendedores e visionarios, que permitiu unha mellor conservación do peixe, facilitando o seu transporte e distribución a sitios cada vez máis lonxanos, o que supuxo unha auténtica revolución comercial en todo o litoral galego”.Para o presidente da Deputación da Coruña, o libro “ten un indubidable valor histórico e antropolóxico, pois recupera documentos e testemuñas de gran valor, que corrían o risco de perderse para sempre no esquecemento se Ramiro Villoch non dedicara os seus esforzos a compilalos nesta publicación, froito de máis de dez anos de traballo”, motivo polo que a institución provincial “decidiu poñer en marcha este proxecto editorial para promover un mellor coñecemento da historia da Pobra do Caramiñal e de toda esta comarca, e dun sector que conta, aínda hoxe, cun gran peso específico na economía galega”.Fernández Moreda, que aludiu ás súas orixes mariñeiras como neto de conserveiros, felicitou tamén aos responsables da imprenta provincial “polo gran esmero depositado na edición deste libro”, magnificamente ilustrado con reproducións de antigos documentos das casas armadoras, e con fotografías, realizadas tamén por Ramiro Villoch, das obras que os “retratistas” de barcos da época plasmaron nos seus lenzos, e que supuxeron “o xerme e a inspiración” deste traballo de investigación, segundo apuntou o autor do libro.Precisamente, estas fotografías de Ramiro Villoch expóñense ao público na Casa da Cultura “Raquel Fernández Soler”, do municipio pobrense, que acolleu a presentación da publicación.O autor do libro, Ramiro Villoch, agradeceu o apoio editorial da Deputación da Coruña “e de todos os que colaboraron no libro”, e afirmou que con esta publicación quixo facer “un recoñecemento aos protagonistas desta historia”, en referencia ás xentes do mar.Pola súa banda, o alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, destacou o bo facer de Ramiro Villoch como médico de cabeceira da localidade durante máis de corenta anos e subliñou algúns dos aspectos históricos tratados no libro e relacionados coa vila como os antigos estaleiros do Areal ou a tradición dos xigantes e cabezudos, que os cataláns trouxeron á Pobra.
via dicoruna.es
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario