10.6.10

Noia: un convenio "pioneiro" da Xunta con dúas empresas achegará o gas propano canalizado á vila

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio con Repsol Butano e Gas e Medio Ambiente Enerxéticas para avanzar no desenvolvemento das redes de distribución de gas propano canalizado (GLP)

Noia, 10 de xuño de 2010.  A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, ten como obxectivo
estratéxico, dentro do marco de planificación enerxética, a creación dunha infraestrutura de transporte e distribución de gas que actúe como factor de competitividade para o seu tecido empresarial e de incremento da calidade de vida dos galegos.
Para acadar este obxectivo prioritario, cómpre garantir a subministración de gas canalizado, neste caso GLP, ao maior número posible de núcleos de poboación de Galicia, e por este motivo, o departamento que dirixe Javier Guerra establece subvencións de até o 30% do investimento coa finalidade de que as dúas empresas coas que se asina o convenio poidan iniciar a construción das infraestruturas gasistas necesarias para a subministración de GLP canalizado.

Estas infraestruturas beneficiarán a núcleos de poboación de cinco concellos da provincia da Coruña (Melide, Noia, O Pino, Sada e Ponteceso), catro da provincia de Pontevedra (A Estrada, Silleda, Moraña e Barro), tres da provincia de Ourense (A Rúa, Allariz e o Barco de Valdeorras) e outros tres da provincia de Lugo (Castro de Rei, Monterroso e Ribadeo).

Acusan de parálise ao goberno anterior

Este Decreto, asegura a Xunta, é o primeiro das súas características que se desenvolve en España, e "sitúa a Galicia á vangarda, e permitirá superar a parálise anterior herdada e recuperar o desenvolvemento das redes de distribución gasistas no noso territorio, co conseguinte beneficio para o tecido empresarial e os cidadáns de Galicia".
Deste xeito, o Goberno da Xunta avanza no desenvolvemento das redes de gasificación e senta as bases, a través do Decreto, "para resolver, dunha vez por todas, un problema derivado do desenvolvemento na distribución de GLP e gas natural, que trouxo consigo a aparición de novas empresas distribuidoras interesadas na gasificación de certas zonas do noso territorio, o que fai preciso regular a forma de resolución no suposto de concorrencia de varias solicitudes de autorización administrativa para as mesmas instalacións", conclúe en nota de prensa o Goberno da Xunta.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: nenos do colexio Castelao fan un poema visual coa letra da Rianxeira

Memoria histórica: "Nomes e Voces", o proxecto máis completo sobre a represión franquista en Galicia

1º Informe de vítimas da represión en Galicia (1936-1937)

Velaquí o noso primeiro informe de resultados da investigación sobre as persoas represaliadas no período da Guerra Civil, con cifras, gráficos e mapas.

Busquen apelidos característicos destas bisbarras, como Lijó (Ribeira), Romero (A Pobra, Noia, Boiro) ou Torrado (Boiro, Vilagarcía). Non sabemos se lles pasará a vostedes, pero ver debaixo deles a verba "paseo" ou "execución" fai que se nos encolla a alma.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Bng propón modificar o regulamento de verteduras para meter en cintura ás empresas que contaminan e á concesionaria da depuración


No río Té hai numerosas verteduras

Rianxo, 10 de xuño de 2010. O BNG de Rianxo proporá unha modificación do regulamento vixente de verteduras de Rianxo para incluír un réxime de sancións ás empresas concesionarias (actual e futuras) do saneamento, cando tras o oportuno expediente se comprobe a súa acción ou inacción diante dunha vertedura. "Non pode ser que a depuradora verta directamente ao mar ou as estacións de bombeos se paren sen que a empresa responsábel asuma uns custes por iso, do mesmo xeito que as empresas que producen a contaminación son sancionadas", explican. 

Os nacionalistas cren que "así terán unha actuación máis activa, obrigaranse a ter unha maior e mellor plantilla de traballadores para solucionar axiña os problemas e evitar que o concello sexa o único en realizar investimentos na rede".

"Dase o caso neste ano que é o propio erario público o que vai instalar avisadores automáticos nas estacións de bombeos cando se paren, con cargo aos fondos estatais, sen que a concesionaria poña un euro nesta mellora nun sistema que permitiría avisar inmediatamente e localizar en tempo real un problema, sen agardar como até o de agora que sexan os veciños ou o BNG quen denuncien a paralización dun bombeo coa vertedura conseguinte directa ao río", argumentan..

O BNG tamén quere que as concesións públicas municipais sexan máis curtas, como máximo dez anos, e que impliquen unha revisión do contrato de saneamento máis vantaxoso para o municipio, con mellores actuacións das empresas que opten a xestionar os servizos e evitar así o relaxo no mantemento, ou a case nula obra adicional á espera da actuación pública. A decisión no seu día do executivo sen o apoio do BNG de dar unha concesión a vinte anos "cremos non tensiona á empresa a colaborar nada máis que nos cobros e nos ingresos", aducen.

Ao BNG sorpréndelle que o executivo "despois de tantos anos de botar culpas aos veciños polos seus hábitos, ás empresas, por fin se centre na insuficiencia da depuradora actual e na deficiente rede separativa de pluviais e saneamento a problemática, pese a que non precisa chover para que a rede funcione mal". E conclúen afirmando que se perdeu "un tempo precioso en especulacións e desinformacións. Agora só falta que a Xunta tome cartas no asunto e rematados estes estudos preliminares acometa o máis difícil: poñer sobre a mesa o financiamento preciso no orzamento vindeiro para acometer esas dúas actuacións. Por un lado a ampliación da capacidade da depuradora e, por outro, investimento para separar as redes.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: este sábado 12 de xuño, I Trofeo de Atletismo "Vila de Noia"


Noia, 10 de xuño de 2010
. O sábado 12 de xuño  terá lugar o I Trofeo de Atletismo en pista "VILA DE NOIA" nas instalacións deportivas de San Lázaro. Está organizado polo Concellería de Deportes do Concello de Noia xunto co Club de Atletismo ELITE e coa colaboración da Deputación de A Coruña.
Toda a información no cartel.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: en xullo haberá un obradoiro de iniciación á modelaxe de barro en Neixón

Cespón, 10 de xuño de 2010. Ao longo do mes de xullo van ter lugar as clases dun obradoiro no cal os asistentes poderán modelar figuras e obxectos de arxila. As clases para adultos van ser os xoves pola tarde, de 20:30 a 22:30 e as de nenos, a partir de 6 anos, os xoves pola mañá durante unha hora e cuarto.

Viaxe a Cantabria a finais de xuño

Xirafas en Cabárceno (Cantabria)

Por outra banda, aínda hai prazas dispoñibles para a viaxe a Cantabria que está prevista para a última fin de semana de xuño. O itinerario inclúe a visita ao parque de Cabárceno, ás covas de El Soplao e á cidade de Santander.

O prezo da viaxe, que inclúe aloxamento en réxime de pensión completa e as entradas a Cabárceno e ás covas de El Soplao, é de 109 euros para socios e de 119€ para non socios.

Máis información e inscripcións: 628378866 ou vecinosdecespon@hotmail.com

Antes publicamos:


Neixón: aplazada a xuño a viaxe a Cantabria

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: el próximo martes 15 de junio, jornada de sensibilización para gestionar y reciclar residuos de la construcción

Rianxo, 10 de junio de 2010. En el Auditorio de Rianxo, el próximo martes 15 de junio, a las 16:00 horas, dentro del programa EmpleaVerde, se celebrará la campaña de sensibilización para la gestión y reciclado de residuos para el sector de la construcción.

- Se proporcionará información y asesoramiento
- Responderán a dudas
- Habrá debate
- Obsequiarán con materiales que, por lo visto, serán de gran utilidad.

Si está interesado/a en asistir, envíe un correo electrónico a lidia.gonzalez.abad@gmail.com, con sus datos y el número de asistentes.

PROGRAMA EMPLEAVERDE

Puesto en marcha por la Fundación Biodiversidad, tiene como objetivos proporcionar y mejorar el empleo en el sector ambiental, para lo que firmó un acuerdo de colaboración con UPTA España, que dentro de este programa ha puesto en marcha el proyecto Recicla2.

Recicla2 está destinado a autónomos y trabajadores de pymes y micropymes y constará de varias acciones que proporcionen a los destinatarios sensibilización, conocimientos, capacitación y cualificacion para la gestión y reciclado de los residuos generados en su actividad profesional.

En definitiva, lo que se pretende con el desarrollo de Recicla2 es adaptar la actividad económica de estos sectores a modelos compatibles con un desarrollo económico sostenible, procurando que éstos avancen hacia una cultura social del reciclado a todos los niveles, fomentando la creación de nuevas empresas verdes y por tanto generando así mismo empleo por cuenta ajena.


Acciones que conforman el proyecto:

- Campañas de sensibilización en las que el personal técnico dará toda la información y asesoramiento requerido por los usuarios.
- Formación en temas de prevención y gestión de residuos en el sector de la construcción y asesoramiento personalizado. Este curso ofrece la información necesaria para los destinatarios en materia de gestión de residuos en el ámbito de la construcción. A través de la asimilación de conceptos básicos y el conocimiento de herramientas aplicables, podrán mejorar sus conductas cotidianas en relación con los residuos, minimizando así el impacto ambiental de sus actividades.
- Formación y asesoramiento para la creación de empresas verdes. En este curso se presentan unos conceptos básicos que permitirán al alumno introducirse en el sector empresarial comprometido con el medio ambiente ofreciendo asimismo las pautas a seguir para la creación de empresas de este tipo.
- Servicio de atención integral.
- Entrega de guías del reciclado especificas para cada sector y guías de recursos para la creación de empresas verdes.

Web de referencia:

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: "A miña primeira aventura" será en Rianxo para nenos de 6 a 9 do 24 ao 28 de agosto

Ribeira, 10 de xuño de 2010. O Concello, en colaboración coa asociación cultural, de ocio e tempo libre Arrecó van poñer en marcha no vindeiro agosto un campamento de verán que ten como obxectivos a implantación entre os participantes de valores como o espírito creativo, o respecto ao medio ambiente, o compañeirismo ou a convivencia. Trátase do Campamento “A Miña Primeira Aventura”, que está coorganizado polas Áreas Municipais de Xuventude e Turismo de Cultura xunto coa referida asociación. Os concelleiros Vicente García e Luciano Fernández e o presidente de Arrecó, Mario Vidal, ofreceron detalles da actividade esta mañá.

“A Miña Primeira Aventura” desenvolverase entre os días 24 e 28 de agosto no Albergue Rianxiño do concello de Ribeira. A acción está pensada para nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 9 anos, tendo en conta que outras Administracións organizan iniciativas semellantes pero para rapaces de idades distintas ás indicadas.

Hai un total de 50 prazas convocadas e o prezo é de 75 euros para os rapaces interesados en participar, dándose prioridade aos empadroados en Ribeira. As actividades de que consta o campamento incidirán especialmente na promoción da igualdade, desenvolvendo por igual e sen distinción de sexos as tarefas domésticas. Tamén comprenderá distintos obradoiros (manualidades, cor, pintura, reciclaxe, maionetas...), xogos de tempo libre (sendeirismo, rastrexo, xincana...) e visitas ás inmediacións.

O persoal que dirixirá  o campamento posúe titulación no campo de tempo libre, expedida pola Xunta de Galicia e unha experiencia contrastada no traballo con nenos e nenas. Hai un ratio de un monitor por cada seis alumnos. Os interesados en asistir poden obter máis información no Auditorio Municipal de Riveira ou ben a través do número de teléfono 619 834 792 ou a dirección de correo electrónica arreco@arreco.org. Xa está aberto o prazo de inscrición, que se cubrirá por orde de chegada. 

O albergue Rianxiño acolleu outro campamento nas Letras Galegas:

</object>


 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía antiga: creamos unha expo de A Pobra do Caramiñal de antano

As "expos" de Flickr son mostras de fotos creadas con imaxes doutros usuarios. Neste caso, aproveitamos o traballo -subido a flickr e xeolocalizado- "Unha imaxe, unha historia", do instituto de A Pobra, para facer esta galería de 9 fotos (Flickr só permite 18 por expo).

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: non se perdan o proxecto "Unha imaxe, unha historia", do instituto local


..

(preme para ampliar)

As mellores creacións deste proxecto interdepartamental, froito dun longo traballo previo por parte do alumnado de pescuda, lectura de imaxes, construción textual, etc., poden verse xa na exposición que ofrecemos a toda a comunidade, situada no patio cuberto do aulario I.

Cada imaxe ten aquí a súa propia historia, real ou imaxinaria, que se irían co vendaval do tempo se non as atraparamos cos nosos  aparellos: a lingua de noso, as memorias dos maiores, a nosa creatividade, as ganas de contar e dicir... e as novas tecnoloxías.

Para ler as historias na rede (e comentalas), abonda con acceder ao noso blogue. Na nosa conta de Flickr temos o conxunto das imaxes, algunhas xeolocalizadas.

http://atabarradixital.blogaliza.org/2010/06/10/producions-do-proxecto-unha-i...

Para ir abrindo boca, recomendámoslles a historia dunha foto na ferretería de Tucho, do 15 de marzo de 1934, escrita por Alicia Quintáns. En http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/15-de-marzo-do-1934-a-pobra-do-...
Tamén é moi fermosa a historia duns namorados que comían sandía de Escurís no San Ramón de Bealo, escrita por Elisa. Os protagonistas andan agora cerca dos 90 anos, e na foto debían ter vinte e poucos. Miren http://imaxehistoria.wordpress.com/2010/05/31/era-en-san-ramon
Mais son apreciacións nosas. Seguro que vostedes atopan outras do seu gusto. Parabéns a alumnos e mestres por esta fermosa iniciativa.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical