Cespón, 10 de xuño de 2010. Ao longo do mes de xullo van ter lugar as clases dun obradoiro no cal os asistentes poderán modelar figuras e obxectos de arxila. As clases para adultos van ser os xoves pola tarde, de 20:30 a 22:30 e as de nenos, a partir de 6 anos, os xoves pola mañá durante unha hora e cuarto.
Viaxe a Cantabria a finais de xuño
Xirafas en Cabárceno (Cantabria)
Xirafas en Cabárceno (Cantabria)
Por outra banda, aínda hai prazas dispoñibles para a viaxe a Cantabria que está prevista para a última fin de semana de xuño. O itinerario inclúe a visita ao parque de Cabárceno, ás covas de El Soplao e á cidade de Santander. O prezo da viaxe, que inclúe aloxamento en réxime de pensión completa e as entradas a Cabárceno e ás covas de El Soplao, é de 109 euros para socios e de 119€ para non socios.Máis información e inscripcións: 628378866 ou vecinosdecespon@hotmail.com Antes publicamos:
Neixón: aplazada a xuño a viaxe a Cantabria
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario