14.3.10

Antitaurinos íspense en Madrid pola abolición das corridas e en contra de declarar BIC a tauromaquia

(Nota íntegra de Equanimal) Madrid, 14 de marzo de 2010. Ha tenido lugar hoy una protesta masiva en Madrid para reclamar que la tauromaquia no sea declarada bien de interés cultural, tal como han propuesto los gobiernos actuales de las Comunidades Autónomas de Madrid, Valencia y Murcia.

Más de 250 activistas se han congregado en la madrileña Plaza de Callao. Mientras unos permanecían arrodillados con carteles y las manos alzadas llenas de sangre artificial, otros han formado la palabra SOS con sus cuerpos desnudos, ensangrentados y con  banderillas en señal de repulsa por esta iniciativa que pretende que la tortura y muerte de un animal formen parte de la cultura.

La Fundación Equanimal considera la iniciativa de declarar bien de interés cultural la tauromaquia (espectáculo en la actualidad prohibido a menores de 12 años), como una reacción interesada y partidista al creciente rechazo de la sociedad hacia los espectáculos en los que se tortura a un animal. Con dicha iniciativa los políticos buscan proteger la tauromaquia y los intereses económicos que hay tras ella en lugar de escuchar la voz de la sociedad que reclama mayoritariamente su abolición y en vez de asumir, como debieran, una posición de respeto por los animales.

Asimismo, junto a esta protesta ha tenido lugar de manera simultánea otro acto reivindicativo similar en otra de las comunidades que junto a Madrid pretende declarar las corridas de toros bien de interés cultural. Este fue llevado a cabo por la organización Animanaturalis en la Plaza del Ayuntamiento de Valencia, donde también se pretende considerar las corridas de toros como un bien cultural.

Equanimal realizó también en años pasados otros actos protesta por la abolición de la tauromaquia como el asalto al ruedo a la plaza de toros de Las Ventas (), un desnudo masivo frente a esta misma plaza (http://bit.ly/bsQYvi) y, recientemente, una acción en el techo de la entrada a la plaza de Vistalegre (http://www.equanimal.org/boletin/02-mar-10/).

Equanimal NO es una organización ecologista, sino de defensa de los derechos de los animales.

Para más información:

Eladio Ferreira
Fundación Equanimal

Apartado 14.454, 28080 - Madrid 
Tlf. 657 09 32 27 | www.equanimal.org

 (Terceiro intento de enviar este correo a través de Gmail hacia Posterous)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medios: o PSdeG pide que a Xunta pague os gastos de cobertura de TDT para garantir cobertura universal

José Manuel Lage reclama que “nin os concellos nin os cidadáns asuman ningún custe para acadar a extensión da cobertura”

-O deputado do PSdeG propón a cobertura vía satélite nas “zonas de sombra”, estimadas no 2 por cento do territorio autonómico

-Lage Tuñas dixo hoxe que “para os socialistas galegos a cobertura universal de TDT é un obxectivo irrenunciable e imos a ser exixentes coa Xunta de Galicia no cumprimento dos acordos acadados co Ministerio de Industria”

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2010. O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, presentou unha Proposición non de Lei en Pleno na que reclama á Xunta que asuma os custes do mantemento e equipamento para o desenvolvemento da TDT nos concellos galegos.

Lage Tuñas reclama que “nin as corporacións locais nin os cidadáns teñan que asumir ningún custe para acadar a extensión da cobertura”. O parlamentario socialista pide o cumprimento do convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Goberno central en decembro de 2008, polo que o goberno autonómico recibiu “unha importante partida económica do Ministerio de Industria para asumir os gastos de mantemento dos equipos de TDT que está instalando nos concellos”. Deste xeito debe financiar “todas cantas actuacións sexan necesarias para o desenvolvemento do Plan de Transición” como recordaban hoxe dende o PSdeG.

Lage Tuñas puntualiza que “para os socialistas galegos a cobertura universal de TDT é un obxectivo irrenunciable” e amosouse “sorprendido” pola “intencionalidade da Xunta de Galicia de implicar aos concellos no financiamento de determinadas operacións de desenvolvemento do Plan, especialmente o que atinxe ao mantemento futuro dos equipos e gastos de operación”.

O deputado do PSdeG lembra que os concellos “terían que asumir novos custes sen dispoñer de recursos suficientes”.


Sinal satélite

O parlamentario socialista reclama ao executivo autonómico que garanta a chegada do sinal da TDT a todo o territorio autonómico antes do 1 de abril de 2010, por canto o 3 de abril é a data límite para o definitivo apagón analóxico.

Deste xeito, Lage Tuñas propón que a Xunta recorra ao satélite para facer posible que tamén as chamadas “zonas de sombra” poidan recibir o sinal de TDT correctamente. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista considera que a administración autonómica “ten que facer un esforzo para acadar o obxectivo da cobertura universal” tamén nestas zonas que ficarán sen sinal de televisión e que estímanse nun 2 por cento do territorio da Comunidade Autónoma.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Humor: curiosa adaptación de "Bailar pegados", de Sergio Dalma

Ribeira: o 17 de marzo celébrase o Día da Árbore con actos divulgativos e plantación no parque natural de Corrubedo


O Día Forestal Mundial terá lugar o vindeiro domingo, 21 de marzo


Haberá diversos actos divulgativos e plantacións de árbores por toda a Comunidade


Ribeira, 14 de marzo de 2010.- Con motivo da celebración, o vindeiro 21 de marzo, do Día Forestal Mundial -tamén coñecida como Día da Árbore-, a Xunta programou para os vindeiros días unha serie de actos conmemorativos que se agrupan na Semana Forestal. O obxectivo desta iniciativa é o de promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal na nosa Comunidade. En Ribeira, unha das localidades escollidas pola actual Xunta, terá lugar no parque de Corrubedo o mércores 17.

Corrubedo, vista da gran duna con árbore en primeiro plano

Entre os actos previstos está a presentación dun novo libro, editado pola Dirección Xeral de Montes en colaboración coa Universidade de Santiago, que leva por título “Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia” e que poderá consultarse nos vindeiros días nas páxinas web da Consellería do Medio Rural e da USC. Trátase dunha publicación de carácter técnico, que ten como principal obxectivo recompilar e difundir ferramentas silvícolas de utilidade para a xestión sostible das masas forestais de Galicia.

Ademais, o programa desta Semana Forestal inclúe a distribución de plantas e material promocional e divulgativo a través de expositores situados en áreas comerciais das principais cidades e vilas da Comunidade Autónoma e a plantación de árbores por parte dos cinco delegados territoriais da Xunta en espazos forestais das súas áreas de influencia acompañados por escolares de diferentes centros educativos.

Galicia, pioneira mundial en celebrar a Festa da Árbore

Fachada da catedral de Mondoñedo

(Vía culturagalega.org) O Día Forestal Mundial celébrase dende 1971, organizado pola FAO (Food and Agriculture Organization).O estado de Nebraska reivindica aínda que foi primeiro lugar que fixo unha Festa da Árbore. O gobernador deste estado en 1872, Henry Morlon, foi pioneiro en celebrar unha plantación conmemorativa. A súa idea estendeuse logo con rapidez por Estados Unidos e ao longo do século XX chegou a Europa e ao resto do mundo. Foi por entón cando se descubriu que a Morlon se lle adiantara o concello cacereño de Villanueva de la Sierra, que tería iniciado unha celebración semellante en 1805, segundo sostiña Joaquín Costa.

"La fiesta del árbol tiene una gran relevancia en Villanueva de la Sierra. Ya en 1805, época de los vientos libertadores de la Revolución Francesa , son cortados los árboles de raíz por Napoleón Bonarte, emperador que extenderá sus dominios por buena parte del territorio Europeo, y en lo tocante a España, instaurará la monarquía cuyo frente coronará a su hermano José Bonaparte, Pepe Botella para los hispanos.
En Villanueva de la Sierra, un pueblo de la Sierra de Gata, un cura llamado D. Ramón Vacas Roxo , acompañados de los maestros y niños de la Escuela del pueblo, deciden que en la fiesta del martes de Carnaval, plantarán árboles en conmemoración de la Libertad. El sitio escogido será el ejido del pueblo y la arrollada de la Mora, enclaves húmedos en la periferia del caserío, donde son apropiados los álamos por su apetencia a la humedad, buena sombra y rápido crecimiento .De esta decisión se da cuentas a las autoridades, que rápidamente se suman a la idea y son los alcaldes D. Pedro Barquero y D. Andrés Hernández quienes deciden organizar tres días de Fiestas, a los que se suman todo el vecindario, alegrando el ambiente con música de tamboril y regado con buen vino gratis para los asistentes, cono así consta en los archivos municipales, en crónicas de D. Ezequiel Solana.
No será hasta D. Joaquín Costa (1846-1911), notable jurista y político aragonés , principal cabeza del Regeneracionismo, movimiento en la lucha contra el caciquismo imperante, cuando se reinvindique para España, y concretamente para Villanueva de la Sierra, la autoría de la Fiesta del Árbol , basándose en la documentación aportada por el insigne botánico D. Francisco Antonio Fernández Zea, que describe tal celebración en el semanario Agricultura y Arte, con fecha 24 de Octubre de 1804", explican na web municipal deste concello cacereño.


Mondoñedo, berce de Álvaro Cunqueiro


Mais foi Eduardo Lence-Santar y Guitián, cronista oficial de Mondoñedo durante primeira metade do século XX, o investigador que que descubriu que esta cidade creou unha primeira festa da árbore, cunha data que varía segundo a fonte (uns póñena en 1569, outros en 1594).

"Corría el año de 1594 cuando D. Luís de Luaces, Regidor Perpetuo de la Ciudad de Mondoñedo, plantó la arboleda que está al partir de la ciudad, camino de Abadín, donde hay una ermita dedicada a Nosa Señora dos Remedios y dicen en esta tierra que cuando la plantó convocó a los comarcos y a todos los niños y les dio un gran banquete para que quedase en memoria de que él había sido el que había plantado la arboleda, motivo por el cual se celebra la actual fiesta de árbol en muchos lugares de Europa.

Su hija Doña Magdalena Fernández de Luaces Estoa y Miranda, casada con el Almirante D. Gonzalo Méndez de Cancio y Donlebún, gobernador y Capitán General de La Florida, a su regreso a España del continente americano en el año 1604, trae varias arcas con semillas de maiz, planta que se introduce en Europa a través de la siembra en los muchos lugares de Galicia y Asturias de que disponían estas familias. Las dichas arcas las conservan hoy descendientes de estas casas", cóntase na Wikipedia.


Volta da festa
Aínda que se continuou celebrando no tempo a plantación daquel arboredo, a festa tivo interrupcións nos máis de catro séculos que transcorreron desde a súa posta en marcha, e non colleu unha certa continuidade ata comezos do século XX. Foi por aquel entón cando apareceron celebracións semellantes por todo o país. Segundo asegura Francisco Díaz-Fierros no seu libro "A cuestión ambiental en Galicia", o actual formato de festa adoptouse a imitación dunha iniciativa catalá. En 1898 comezou en Barcelona, por proposta de Rafael Puig i Valls, un evento que tentaba promover nas escolas o amor polas árbores mediante plantacións masivas un día sinalado. A idea propagouse rapidamente, ata que en 1914 foi oficializada a nivel estatal. Segundo os datos desta obra, en 1910 fíxose a primeira das festas con este carácter en Galicia, máis concretamente en Tui, por iniciativa do enxeñeiro de montes Rafael Areses. O mesmo ano houbo eventos semellantes en Vigo e en Xunqueira de Ambía. Sen datas concretas, as plantacións celebrábanse normalmente a finais ou a comezos do ano, principalmente por ser a época máis propicia para prenderen as árbores.

O xeito das festas
Consérvase un texto de 1.927 da revista de Acción Social, que amosa que en Mondoñedo esta celebración era todo un acontecemento local e que xa se incorporara ao xeito coetáneo de facer a festa. Segundo ese artigo, o programa daquel ano comprendía un día enteiro. Entre os actos previstos había procesión civil, misa de campaña, banda de música, nenos a entoar o "himno á árbore", merendas, canto e baile tradicional e discursos por parte das principais autoridades civís e militares (ata sete oradores aparecen recollidos entre alcalde, mestres de escola e párrocos entre outros). Como non podía ser menos, o evento incluía a plantación de árbores en conmemoración daqueles que no seu día fincara Luís de Luaces, a cargo dos nenos das escolas locais. En xeral, e polos datos que achega Díaz-Fierros, este esquema repetíase con poucas variacións en todas as festas que se facían na época.

A expansión do monocultivo do eucalipto ameaza a diversidade da fraga galega

A explosión verde
E é que coincidindo con este renacer de comezos de século, as celebracións arbóreas estendéronse por todo o país. "A Festa da Árbore foi, con toda probabilidade, a actividade que máis influíu na creación dunhas condicións que actuaron moi positivamente no xermolar dun compromiso ambiental dos galegos" sinala Díaz-Fierros. Segundo recolle este autor, en 1918 hai testemuño de vinte eventos deste tipo só na provincia da Coruña, o que nos dá a idea da súa extensión. Co pasar do tempo e a aparición de novas formas de reivindicación ambiental, aos poucos estas festas foron perdendo fama e moitas deixaron de celebrarse. No entanto, non é estraño a día de hoxe que calquera colexio do noso país reserve unha data na que os alumnos se achegan ao campo e fan unha simbólica plantación.

Árbores hoxe
Con algo menos de lustre, e tamén con menos discursos, continúa a se facer hoxe en día en Mondoñedo a Festa da Árbore. O evento, que non se celebra nunha data fixa, continúa a ter como eixe central unha plantación. Na actualidade son os nenos dos centros de ensino mindonienses os que se encargan maioritariamente deste labor, que continúa a contar coa presenza de diferentes autoridades oficiais. De calquera xeito, desde o Concello anímase aos veciños a que participen achegando os brotes que consideren. Cada ano, compleméntase esta actividade con iniciativas para coñecer mellor o contorno natural. Exposicións ou rutas de sendeirismo son algunhas das propostas máis habituais. E aos poucos, os troncos continúan a medrar.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical