8.2.13

Grumires: a Xunta desbota as protestas de Noia e segue adiante coa nova rede de emerxencias

Grumires_xunta

  • Será o Grumir de Brión e non o de Muros o que se faga cargo de Noia
  • A Xunta segue a soster que a nova distribución é "máis racional" cando en Muros non hai nada feito e en Noia levan as instalacións e persoal do Grumir varios anos funcionando a bo nivel

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, ofreceu unha rolda de prensa acompañado pola delegada territorial na provincia, Belén do Campo, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, e o deputado provincial de Promoción Económica

Noia, 8 de febreiro de 2013.- A Xunta, en colaboración coa Deputación Provincial e os concellos, poñerá en marcha sete grupos de emerxencias supramunicipais (GES) na provincia da Coruña, co fin de completar a redefinición do mapa de emerxencias de Galicia. Así o explicou hoxe o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, na Coruña, quen indicou que estes grupos sumaranse aos 10 parques comarcais de bombeiros e aos tres municipais da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela para crear "unha auténtica malla que cubrirá a totalidade do territorio da provincia nunha distribución máis racional dos recursos", segundo a nota da Xunta, que non está a ter en conta as protestas dos veciños de Noia e as queixas dos alcaldes de toda a comarca de Barbanza, a maioría do PP, que non entenden que se queira abandonar un grumir xa asentado como o de Noia e comezar dende cero outro en Muros.

Acompañado pola delegada territorial na provincia, Belén do Campo, o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), José Manuel Rey, e o deputado provincial de Promoción Económica, Antonio Cañás, Villanueva sinalou que os novos grupos de emerxencias estarán compostos por 12 efectivos. Superarán así o modelo anterior de Grumires, ao contar cunha estrutura supramunicipal que lles permitirá dar servizo a varios concellos e cubrir partes máis amplas do noso territorio. Ademais, disporán dunha estrutura profesionalizada e permanente.

O novo mapa de emerxencias, por tanto, disporá de sete sedes dos grupos: Ortigueira, Mugardos, Curtis, Ponteceso, Muros, Padrón e Brión. O grupo con sede en Ortigueira dará cobertura á área de Ortegal; o de Mugardos cubrirá o Eume e Ferrol; o de Ponteceso cubrirá Bergantiños; desde a sede de Muros darase servizo á zona de Muros-Xallas; desde a base de Curtis atenderase a área de Betanzos, Terra de Melide e Ordes; desde a de Padrón cubrirase o ámbito do Sar-Caldas e, por último, a sede de Brión actuará sobre Santiago, Noia e A Barcala.

Segundo apuntou o director xeral de Emerxencias, xa se está traballando coa Fegamp para a implantación destas actuacións, de xeito que o servizo comece a funcionar no mes de abril. O custe anual dos grupos para toda Galicia rondará os 7,5 millóns de euros. A Xunta farase cargo do 60% deste importe, mentes que as deputacións provinciais e os concellos asumirán o 20%, respectivamente.

En relación ás queixas dalgúns concellos por non contar cunha sede propia de Grumir, o responsable de Emerxencias recordou que “esta distribución está baseada nun acordo entre Xunta e Fegamp, baseánse en criterios obxectivos e coa colaboración das Deputacións”.

“Tivéronse en conta condicións específicas para dar a mellor resposta ante as emerxencias, como a poboación atendida, a localización en zonas con riscos potenciais ou a existencia de medios e recursos municipais na actualidade que se poidan a aproveitar”, apuntou Santiago Villanueva. “Ademais –engadiu- evitáronse duplicidades, de xeito que ningún grupo de emerxencias se instalará alí onde haxa un parque de bombeiros, tal e como se establece no Pacto Local”.

O cumprimento do obxectivo de crear unha auténtica malla que cubra todo o territorio e ofreza unha resposta áxil e eficaz aos cidadáns galegos ante calquera incidencia, destacou o director xeral, “non sería posible sen a colaboración entre as distintas administracións, non só entre a autonómica, as Deputacións e os concellos, senón tamén entre os propios concellos, que, na liña impulsada pola Xunta, cooperarán entre si para ofrecer un servizo de resposta ante as emerxencias áxil, eficaz e profesional”.

Villanueva rematou a súa intervención destacando o salto cualitativo e cuantitativo que experimentou a nosa comunidade na atención das emerxencias en pouco máis dunha década, cando se pasou de contar no ano 2000 con sete servizos profesionais permanentes de atención ás emerxencias (nas sete cidades) a contar a partir deste 2013 con 60 servizos permanentes espallados por toda Galicia, grazas ao esforzo e coordinación das tres administracións implicadas.

Relacionadas:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Ámbar gaña o primeiro premio de fotografía do certame "Revélate e únete ao bo trato"

Ambar_premio1

  • Este concurso foi organizado pola Deputación de A Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro de 2012 “Día contra a violencia de xénero”

Ribeira, 8 de febreiro de 2013. Segundo sinalan as bases deste certame, "o premio concederase a aquel traballo que coa creatividade, orixinalidade, calidade fotográfica e a contribución da imaxe proposta, a favor da defensa dos valores de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, convivencia positiva entre sexos e loita contra a violencia de xénero fomente actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes, que reflicten en relacións sas, baseadas na tolerancia, no respecto e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Valorarase nesta actividade a capacidade de xerar a través da fotografía un proceso de sensibilización, de impacto social e educativo".

A ollos do xurado, está claro que Ámbar conseguiu coa súa magnífica imaxe todo iso. E gaña por tanto, ademais do recoñecemento público, 1.000 euros en metálico. Parabéns!

Gañadores

CATEGORIA DE MAIORES    
1º PREMIO: Asociacion AMBAR  das persoas con diversidade funcional. Concello Ribeira
Pseudónimo obra: Marea de gente
2º PREMIO: Jose Luis Fernandez Esteller. Concello Touro
Pseudónimo obra: En consonancia
3º PREMIO: Deserto  
     
CATEGORÍA INFANTIL E XUVENIL    
  Deserto

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: Manuel Moreno (Sevilla), Hugo Besard (Bélxica) e Tomasz Winiarski (Polonia) gañan o IV premio "Atlante" de gravado

  •  Premio "Ramiro Carregal" para Deborah Chapman (Canadá)
  • Mellor artista do Barbanza, a noiesa Ana Cambeiro
  • A entrega de premios será a mediados de xullo, cadrando cun curso de verán da USC e a mostra de 70 dos máis de 200 gravados participantes

Artes, Ribeira, 8 de febreiro de 2013.- Os Premios Atlante que cada ano outoga a Fundación rexedora do Museo do Gravado de Artes foron fallados esta mañá. Nesta cuarta edición, resultaron distinguidos Manuel Moreno Morales (de Sevilla), Hugo Besard (de Bélxica) e Tomasz Winiarski (de Polonia). Manuel Moreno Morales xa ganara o II premio Atlante, como poden comprobar na súa biografía.

Cada un dos tres gravados galardoados (titulados Chevaux Volans IX no caso do sevillano e Sagrado buitre ibérico no do belga, mentras que o polaco non presentou nome ningún) está recompensado con 2.500 euros: mesma dotación económica que se concede ao Premio Ramiro Carregal Rey, que nesta ocasión recaeu en Deborah Chapman, de Canadá. O título da súa obra, El alma renovada.

En canto ao Premio Barbanza/Ría de Arousa co que se pretende poñer en valor aos artistas locais, a vencedora foi a noiesa Ana Cambeiro Cambeiro con Modelo y patrón.

Finalistas

Ademais, de entre as 219 obras presentadas de 23 países, resultaron finalistas en virtude da súa gran calidade os gravados elaborados pola lucense Isabel Somoza (sen título), o madriñelo Juan Lara Hierro  (C_M – Serie Miradas) e o leonés Germán Aparicio (sen título). Ademais, foi finalista do Premio Premio Barbanza/Ría de Arousa a noiesa Rosana Calvo Agraso (El barco).

Nesta cuarta edición, o xurado estivo formado por José Manuel López Vázquez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC); Juan Monterroso Montero, decano da Facultade de Historia e profesor da USC; Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia; Carmen Hermo, profesora e pintora; Isabel Pintado, gravadora e pintora; e Alfonso Costa, pintor e gravador.

Tamén compareceron na presentación do fallo a directora do museo, Rocío Hermo; e o presidente da Fundación, o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz Rivas. quen manifestou que esta cuarta edición, con 23 países representados, entre os cales hai algún novo con respecto a convocatorias anteriores (Canadá e Israel), significa a consolidación dos premios e contribuén a seguir dando a coñecer o museo e o arte do gravado.

Curso de verán

Ademais, Manuel Ruiz informou de que a entrega de premios está prevista para mediados de xullo, coincidindo coa celebración dun curso de verán da USC sobre a pegada do gravado. Simultáneamente exhibirase unha exposición cunha selección dunhas setenta obras de entre as 219 presentadas.

No nome do xurado falou Alfonso Costa, quen fixo fincapé na variedade e calidade técnica das obras distinguidas (collage, polímero, auga tinta, auga forte, da maneira negra...).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a pista "Irmáns González Pérez" de Carreira lembrará a estes futbolistas como modelos para a mocidade

  • Centos de nenos e veciños estiveron apoiando aos dous irmáns de Carreira homenaxeados de novo con esta pista, moi preto do lugar onde comezaron a darlle os primeiros toques ao balón
  • A nova pista multideporte está no recinto do colexio de Frións

Ribeira, 8 de febreiro de 2013. Neste luminoso venres de Entroido tivo lugar no recinto escolar do CEIP de Frións o acto inaugural da nova Pista Multideportiva ‘Irmáns González Pérez. Fran e José Ramón’, co que se quixo render homenaxe dende o Concello a unha das parellas de irmáns con máis sona na historia do deporte de Ribeira.

Presidido polo alcalde de Riveira, Manuel Ruiz, o acto contou por suposto coa presenza dos dous futbolistas de Carreira que marcaron época no Superdepor. Ademais, participaron no evento o que fora adestrador daquel equipo mítico, Arsenio Iglesias; Andrés Pardo, dos veteráns do Deportivo; o ex rexedor municipal José Antonio Ventoso; e o director do centro escolar, Luís Teira. Fronte a eles, centos de persoas, entre alumnos, veciños, familiares e achegados, e tamén membros da Corporación.

Medalla de ouro

O primeiro dos irmáns en tomar a palabra foi Fran González, quen agradeceu ao Concello esta distinción, que se suma á Medalla de Ouro de Ribeira que se lles outorgara hai uns anos.

Tanto Fran como José Ramón quixeron lembrar igualmente que, no mesmo lugar onde agora se ubica o recinto educativo, na súa infancia se estendía un campo de fútbol no que eles solian xogar ao estar situado ao lado da súa casa.

Fran expresou a súa ledicia de poder seguindo disfrutando do deporte coa nova pista, en tanto que José Ramón salientou que aínda que foi unha mágoa perder aquel campo foi unha sorte que o substitúa un centro educativo. O maior dos irmáns González Pérez quixo recordar tamén aos amigos da infancia cos que xogaba ali ao fútbol, como José, Pirri ou Julio.

Previamente, o alcalde Manuel Ruiz (quen falou despois de que Luís Teira dese a benvida como anfitrión) destacou os éxitos deportivos de dous irmáns que, convertidos nos buques insignia do Deportivo de A Coruña, levaron con orgullo os nomes de Ribeira, de Carreira e de Frións por todo o mundo. “Agora o que queremos e que o seu nome quede aquí estampado por moitos anos –engadiu- para que todos teñamos o recordo dos que foron os nosos máximos deportistas de élite”.

Ruiz Rivas tamén lembrou que o ano pasado o Concello tivo ocasión de inaugurar outra pista multideporte en Abesadas, á que se lle dou o nome da primeira parella de irmáns que de xeito profesional chegou a competir na élite do fútbol: os irmáns Parada Alvite, Suco I e Suco II.

Panel e mural

Despois da rolda de intervencións, os irmáns González descubriron o panel conmemorativo no que se resume a traxectoria profesional de cada un deles e, acto seguido, tiveron ocasión de contemplar un mural que sobre as súas figuras estiveron a elaborar alumnos da escola ao longo desta semana para festexar a ocasión.

Para finalizar, alumnos do CEIP de Frións farían uso das novas instalacións deportivas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza acada colaboración do Concello de Ribeira

  • As case 20 familias afectadas por este problema en Ribeira terán un seguimento dende Servizos Sociais para botarlles unha man se o precisasen
  • O vindeiro sábado 16 de febreiro acudirá a unha manifestación en Vigo para apoiar as reivindicacións dos prexudicados pola hipoteca

Ribeira, 8 de febreiro de 2013. A plataforma "Stop Desafiuzamentos" do Barbanza non para no seu labor de axuda ás familias afectadas polas hipotecas abusivas que se permitiron durante a burbulla inmobiliaria neste país. Nas súas múltiples xuntanzas, onde pide colaboración das diferentes institucións que representan aos cidadáns, sempre consegue algo: ou que alomenos escoiten as súas vindicacións, ou, como acaba de pasar no caso do Concello de Ribeira, que lles presten axuda directa. Así, o edil responsable de Servizos Sociais de Ribeira, prometeulles que van atender ás 17 familias afectadas por este problema con especial dedicación. Transcribímoslles totalmente a nota de prensa emitida por "Stop Desafiuzamentos":

Este pasado martes mantuvieron una reunión de trabajo en la casa consistorial de Ribeira, el Concejal de Servicios Sociales y Promoción Social así como teniente de alcalde, Vicente Mariño; la Trabajadora Social y Jefa de Servicio, Maria Francisca Vidal y el portavoz de "Stop Desahucios" del Barbanza, José Manuel Pena, al objeto de perfilar una serie de actuaciones de cara a mantener una estrecha colaboración del Concello con la Plataforma y ayudar a las familias afectadas por ejecuciones hipotecarias en sus viviendas habituales.
 
El teniente de alcalde, Vicente Mariño, se interesó por el número de familias afectadas por problemas hipotecarios, que actualmente son unas 17 en todo el municipio de Ribeira, y se comprometió a poner a disposición de todas esas familias el apoyo integral de todo el departamento de servicios sociales, desde el poder cubrir las necesidades básicas, (como alimentos, ropa...),  el asesoramiento legal y el apoyo psicológico a las familias así como la posibilidad de facilitarles la reinserción y el apoyo laboral necesario para la búsqueda de empleo. 
 
Esta fue la primera reunión de trabajo que se repetirá, por lo menos una vez al mes, al objeto de que tanto el Concello, como la Plataforma, conozcan de primera mano la marcha de las diferentes gestiones que se efectúan o necesitan realizar las familias afectadas al objeto de poder garantizarles el derecho constitucional a una vivienda digna. Por su parte, el portavoz de la  Plataforma "Stop Desahucios" del Barbanza agradeció la colaboración y el interés mostrado por parte de los responsables municipales así como de la máxima autoridad municipal y la receptividad manifestada ante estas situaciones de ejecuciones hipotecarias, que padecen muchas familias de nuestro entorno. 
 
    Saludos cordiales. 
    Plataforma "Stop Desahucios" 

Manifestación "Polo dereito a unha vivenda e contra o xenocidio financieiro"
 
 
  Este vindeiro sábado, 16 de febreiro, terá lugar unha manifestación que sairá da Rúa do Príncipe en Vigo, de varias Plataformas de "Stop Desafiuzamentos" de Galicia, "POLO DEREITO A UNHA VIVIENDA, E CONTRA O XENOCIDO FINANCEIRO".
 
  Os membros da Plataforma que queiran ou poidan asistir deben onfirmar a asistencia para ollar a posibilidade de poñer un autobús ou ben achegarse en vehículos particulares. 
 
  "Ada Colau" (Plataforma Afectados por la Hipoteca de Barcelona) dixo na Comisión do Congreso de los Diputados, hai uns días: " DECIR QUE LA LEGISLACIÓN ESPAÑOLA ES ESTUPENDA CUANDO HAY PERSONAS QUE SE ESTÁN QUITANDO LA VIDA POR UNA LEY INJUSTA ES ABSOLUTAMENTE CRIMINAL". 
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical