- Este concurso foi organizado pola Deputación de A Coruña con motivo da conmemoración do 25 de novembro de 2012 “Día contra a violencia de xénero”
Ribeira, 8 de febreiro de 2013. Segundo sinalan as bases deste certame, "o premio concederase a aquel traballo que coa creatividade, orixinalidade, calidade fotográfica e a contribución da imaxe proposta, a favor da defensa dos valores de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, convivencia positiva entre sexos e loita contra a violencia de xénero fomente actitudes positivas de bo trato entre mulleres e homes, que reflicten en relacións sas, baseadas na tolerancia, no respecto e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Valorarase nesta actividade a capacidade de xerar a través da fotografía un proceso de sensibilización, de impacto social e educativo".
A ollos do xurado, está claro que Ámbar conseguiu coa súa magnífica imaxe todo iso. E gaña por tanto, ademais do recoñecemento público, 1.000 euros en metálico. Parabéns!
Gañadores
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario