2.8.12

Porto do Son: a nova edición da Exaltación do Polbo será o vindeiro sábado 11 de agosto

Porto_do_son_polbo

Na esplanada portuaria, coma sempre.

Pode que tamén lle interese:


XI Xornadas de Historia e Cultura: do 7 ao 10 de agosto


Concurso: fotos sobre a igualdade de xénero. Prazo: abril 2013

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o domingo 12 de agosto, XXXIV Romaría de Neixón, en Cespón

Cartel_romara_de_neixn

Boiro, 2 de agosto de 2012. O próximo domingo 12 de agosto dende a Asociación de veciños "Neixón" da parroquia de Cespón voltan impulsar a XXXIV edición da tradicional Romería de Neixón. A programación prevista para ese día é a que figura no cartel.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: Compromiso X Galicia pide un pleno extraordinario sobre os eólicos ante a escuridade informativa do PP

P1010427


Outes, 2 de agosto de 2012. Segundo informa Xosé Ramón Riomao, de Compromiso X Galicia en Outes, o seu grupo vén de presentar unha solicitude de convocatoria dun pleno extraordinario para tratar a instalación de dous
parques eólicos que afectan ao Concello de Outes.

"Dende Compromiso x Galicia en Outes vimos de levar a cabo esta rolda de prensa debido a que hoxe presentamos no rexistro do Concello de Outes a solicitude da convocatoria de pleno extraordinario a iniciativa concelleiros de CXG no Concello de Outes José Manuel Ramos e Xosé Ramón Riomao. Para que esta iniciativa se levase a cabo tiñamos que conquerir o apoio da cuarta parte dos concelleiros da Corporación por iso queremos agradecer os concelleiros Lola Pena e Manolo Tuñas que se sumasen á nosa iniciativa. Por tanto, pensamos que reunimos os requisitos legáis e regulamentarios para que se nos convoque a ese Pleno Extraordinario no prazo de catro días a partir de hoxe. Consideramos que a labor fundamental dos concelleiros e grupos municipais da oposición son as tarefas de control e fiscalización dos órganos de goberno así como garantir e promover o maior grado de participación cidadán e información veciñal", explicou Riomao.

"Non tódolos veciños len con regularidade os boletíns ou diarios oficiais, polo cal cando algo sae publicado neles pasa desapercibido para o 90% da poboación. As Administracións deberían difundir de maneira máis plural determinadas actuacións que teñen incidencia directa en persoas e bens, referíndonos sobre todo ás administracións que máis preto están do cidadán, é dicir, os Concellos. No BOP do día 5 de xullo publícase unha Resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudio de impacto ambiental do parque eólico de Outes-CO/11, nos concellos de Outes e Mazaricos. A mesma publicación sae no DOG do 20 de xullo. Son 9 aeroxeneradores de 3000 Kw, de 119 metros de altura dos que 4 lle concernen a Outes. Que lle afectan a veciños de Outes, de Valadares ou con propiedades nesa parroquia. Segundo reflicten as actas da Xunta de Goberno Local nº 12 de data 19 de xuño de 2012, e nº13 de 3 de xullo de 2012 a xunta de goberno local ten
coñecemento dos escritos que remite a Delegación territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria de fecha 30.05.2012 e 12.06.2012, respectivamente:

a) o estudos de impacto ambiental dos mencionados parques eólicos para os efectos de emitir o informe en cumprimento do Decreto da Xunta de Galicia 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental;
b) a instalación eléctrica dos anteditos parques para prestarlle conformidade ou opoñer condicións aos proxectos, en cumprimento da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que regula o aproveitamento eólico de Galicia; e
c) a resolución de exposición ao público dos anteditos documentos en cumprimento do Decreto da Xunta de Galicia 80/2000, do 23 de marzo, que regula os plans e proxectos de incidencia supramunicipal".

O Partido Popular sabíao e ocultoullo á veciñanza

"É dicir, estes documentos coñécense polo equipo de goberno do Partido Popular con anterioridade á súa publicación nos diarios oficiais. É pública a oposición que hai por parte dalgúns veciños afectados á ubicación dos aeroxeneradores debido a proximidade as vivendas, aos posibles impactos sobre a saúde, o impacto medioambiental e tamén o impacto sobre as explotacións gandeiras, sobre a valoración do solo e os efectos para o desenvolvemento de actividades de turismo rural. Como en Outes os plenos ordinarios celébranse o último xoves de cada mes par (neste mes de agosto será o día 30) e o período de alegacións a ditas exposición públicas remata antes desa data, consideramos que a única maneira de que se debatise en Pleno a procedencia ou non da ubicación dos aeroxeneradores deses parques era mediante a convocatoria dun pleno extraordinario", explican dende Compromiso X Galicia.

Solicitan a inclusión na súa orde do día os seguintes puntos:

1. Debate e, no seu caso, aprobación polo Pleno da procedencia/non procedencia da ubicación dos parques eólicos Outes-Mazaricos, Outes-Negreira.
2. Prestar apoio desde o Concello os afectados, tanto desde o punto de vista informativo como xurídico no caso de que algún desexe formular alegacións.
3. Que se permita intervir no Pleno os representantes dos afectados, se estes o consideran oportuno. O obxecto da convocatoria e dirimir de maneira clara, transparente e pública o posicionamento do Pleno do Concello de Outes con respecto a ubicación dos parques eólicos Outes-Mazaricos, e Outes-Negreira. E dicir, saber se se lle vai outorgar conformidade ou opoñer condicións aos mencionados proxectos.

Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado, 4 de agosto, Volta e Dálle representa "Menciñeiros"

  • Espectáculo baseado na obra "Escola de menciñeiros", de Álvaro Cunqueiro
  • Dous dos actores son os coñecidísimos cantautores Mini e Mero

Rianxo, 2 de agosto de 2012. Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro é a obra que serve de base para a adaptación do espectáculo teatral que o vindeiro sábado, 4 de agosto, será representado na Praza Rafael Dieste de Rianxo ás 22:30h pola compañía Volta e Dálle.

Menciñeiros é unha peza dirixida por Lucho Penabade e Comba Campoy e protagonizada por Pepe Penabade e Mini e Mero, que ademais se ocupan de poñer a música en directo.

Do mesmo xeito que o fabulador mindoniense quixo plasmar no papel as historias daqueles menciñeiros das Terras de Miranda, agora Volta e Dálle lévaa ás táboas co dobre obxectivo de preservar a cultura e os saberes dos curandeiros e divulgar a obra dun dos autores máis salientables das nosas letras.

O ELENCO

Pepe Penabade (Cabanas, O Vicedo) actor protagonista, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade, e na que participa como actor, e escenógrafo. Na súa nómina figuran espectáculos coma Furga Garabela!, Rodesindo da Barrosa, Salitre, Jalisia Mi Madriña!ou Pan, catro propostas arredor da malla, entre outros. Aínda que tamén o cinema e a televisión contaron co seu traballo en títulos coma: A Mariñeira, Pepe O inglés, Padre Casares ou Matalobos .

Mini, Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, Mero. Ademais de músicos introdúcense agora de cheo na interpretación de ‘Silva da Posta’, e ‘Xil da Ribeira’ logo dunha primeira experiencia interpretativa en Pan, catro propostas arredor da malla.(Último espectáculo de Voltaedalle) No eido musical foron fundadores (en 1972) de Fuxan os Ventos e en 1984 fundaron A Quenlla, grupo no que permanecen activos ata o momento.Dende 1974 realizan traballos de recollida de folclore por todo o País que lles leva a posuir un denso arquivo sobre o mesmo



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cinema: Vilamor proxectarase en Boiro, Muros e Padrón, dentro de "Redecinema"

Boiro_vilamor

  • O presidente da Rede, Valentín García, e a deputada provincial de Normalización Lingüística, Zaira Rodríguez, presentaron a nova programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística

Boiro, 2 de agosto de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística e presidente da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), Valentín García, e mais a deputada de Normalización Lingüística da Coruña e alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez, veñen de presentar Redecinema, a nova programación da RDL. No marco desta nova acción, promovida pola Consellería dirixida por Xesús Vázquez, en colaboración coa Deputación coruñesa, 17 concellos da provincia da Coruña contarán con proxeccións de cine de verán ao aire libre, entre os meses de agosto e setembro. Entre eses 17 concellos, nestas bisbarras de Barbanza e Noia están representados o de Boiro, Muros e Padrón.


Sumar esforzos e aproveitar recursos para impulsar o galego

Na súa intervención, García Gómez destacou “a importancia da estreita colaboración da Deputación da Coruña, a través da área dirixida por Zaira Rodríguez, para impulsar e poñer en marcha esta iniciativa conxunta, á que tamén se sumaron as outras dúas deputacións que participan na Rede, a de Pontevedra e mais a de Ourense”. O presidente da Rede incidiu na “necesidade de sumar esforzos e aproveitar recursos para levar as accións de dinamización lingüística a todas as localidades das Rede, tanto para apoiar a promoción do galego desde as diferentes entidades adheridas ao proxecto, como para darlle maior visibilidade e proxección a este tipo de accións”, coas que, segundo explicou o secretario xeral, “a lingua ve, día a día, cada vez máis reforzada a súa vitalidade e presenza”. “Con Redecinema levaremos o cine galego e en galego a concellos da Rede, co fin de fornecer á cidadanía dunha oferta de actividades de lecer na nosa lingua e de apoiar e retroalimentar a produción audiovisual feita no idioma propio de Galicia”.

Os representantes da Consellería e da Deputación coruñesa recordaron que a iniciativa foi incluída na programación anual para o ano 2012 que aprobou o Consello de Membros da RDL o pasado mes de decembro. Nese contexto, Redecinema moverá o filme de produción galega Vilamor por localidades galegas, nas que se radican diferentes entidades que integran a devandita RDL.

‘Redecinema’ levará o filme Vilamor pola RDL
Vilamor é un filme rodado en Galicia e en galego, que se estreou en Ourense con motivo das Letras Galegas 2012. En só tres meses, xa se fixo con diferentes recoñecementos dentro e de fóra das nosas fronteiras (Cannes, Nova York, Jakarta...). As proxeccións de Vilamor dentro de Redecinema serán de balde, estarán destinadas a todos os públicos e terán lugar, preferentemente e sempre que as condicións metereolóxicas o permitan, ao aire libre durante os seráns dos meses de agosto e setembro nos concellos da RDL, baixo o formato de cinema de verán.

As proxeccións de Vilamor chegarán aos concellos de Arteixo, Betanzos, Boiro, Cee, Curtis, Ferrol, Melide, Muros, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Zas, Oleiros, Teo, Fisterra e Santiago de Compostela, pertencentes, todos eles, á RDL.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: o BNG pronúnciase sobre os parques eólicos por non respectar normas legais

Moción parque eólico Outes-Mazaricos.doc Download this file

Media_httpfarm5static_hjciu

Os eólicos son cada vez máis grandes para tirar proveito da enerxía do vento

Outes, 2 de agosto de 2012. A portavoz municipal do BNG no Concello de Outes, Lola Pena, vén de presentar na mañá de hoxe unha moción para debater a problemática suscitada pola instalación de dous parques eólicos, cuxos expedientes administrativos está a tramitar, estes días, a Consellería de Economía e Industria.

Os parques eólicos en cuestión están promovidos polas empresas GALENOVA e NORVENTO e sitúanse tanto en Outes como nos concellos veciños de Mazaricos e Negreira. Segundo os nacionalistas, "a problemática que se detecta no parque promovido por GALENOVA, a situar nos concellos de Mazaricos e Outes, concrétase no tamaño dos aeroxeneradores, cunha potencia estimada cada un deles de 3.000 kilovatios, acadando unha altura de 119 metros e un diámetro de rotor de 112 e a súa proximidade a núcleos habitados sen respectar a distancia mínima establecida no Plan Sectorial Eólico de Galicia, que é de 500 metros".

No que atinxe ao promovido por NORVENTO, que se sitúa entre os concellos de Negreira e Outes, o número de lugares habitados aínda é maior, sendo o parque de características semellantes ao anterior, explica o Bng.

"Nin que dicir ten, que o BNG aposta de xeito decidido polas enerxías renovables, exemplo disto, foi o traballo desenvolto na pasada lexislatura coa aprobación do Plan Eólico, que ía reverter  de xeito directo en beneficio do conxunto da cidadanía galega. Partindo dista premisa consideramos que os beneficios empresariais que os operadores da enerxía eólica tiran dista actividade, ten que servir para que as comunidades que soportan a existencia dos parques de produción eléctrica leven proveito da explotación da mesma", argumentan.

A moción pide na súa parte dispositiva que se atendan as demandas de veciños e propietarios afectados e se formulen cantas alegacións se consideren en defensa dos intereses dos mesmos, así como tamén do interese xeral do propio Concello de Outes.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: unha oncóloga deu unha charla sobre o cancro

Foto_charla

  •  Ana G. Ageitos ofreceu a súa experiencia no tratamento desta enfermidade nunha conferencia no conservatorio
  • A charla organizouna a delegación ribeirense da Asociación Española contra o cancro

 


 

Ribeira.- 2 de agosto de 2012.- A delegación de Ribeira da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizou, coa colaboración do Concello, unha charla sobre Inmunidade e Cranco no Conservatorio.

 

No coloquio participaron a presidenta, Ana Sampedro Cores, a directiva da asociación, María José Carreira, e a oncóloga do Hospital Nuestra Señora del Prado, Ana G. Ageitos.

 

O obxectivo da charla foi ofrecer aos veciños de Ribeira os coñecementos dunha experta como a Dra. Ageitos e aclarar as dúbidas que podían ter sobre o cancro todos aqueles que se achegaron ata o conservatorio.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: actividades para os máis pequenos e Dover este venres nas festas do verán

  • A actuación de Duendesico Teatro fixo escachar á risa aos nenos
  • Houbo monicreques, inchables e obradoiros

Ribeira.- 2 de agosto de 2012.- A praza do Concello encheuse de risas dos rapaces que se achegaron esta mañá a ver a representación de Monicreques “Elías contra Calvin” de Duendesico Teatro. Ademais, un pallaso da propia compañía fixo que os rapaces participasen  na actuación a través de brincadeiras e xogos.

Os pais, ledos tamén, xa que os pequenos gastaron todas as súas enerxías saltando nos tres grandes inchables que se instalaron fronte o Consistorio. Alén diso, os nenos tiveron a oportunidade de que unha monitora lle pintase bonitos deseños na cara e de xogar a piratas con espadas feitas con globos. 

 Actividades do venres 3 de agosto


A mocidade do Concello ten unha cita este venres para romper o esqueleto ao ritmo da coñecida banda Dover, que actuará na praza de España ás 00 horas. A seguir poderán seguir celebrando o seu día de festa e achegarse ata a Discoteca Móbil que se instalará na praza da Lonxa á unha da madrugada.

 

Por outro lado, no campo municipal da Fieiteira celebrarase ás 20 horas o Trofeo Comisión de Festas, entre os equipos de fútbol Atlético Riveira e o Sálvora C.F.

 

Á mesma hora, o Auditorio Municipal dará cabida á actuación dos Grupos de Baile da Casa de Galicia de New York e Aires de Dorna de Ribeira.

 Asemade, unha verbena a cargo da orquestra Cartoon Band terá lugar no Malecón ás 22.30 horas.

 

Os máis pequenos tamén poderán pasalo en grande na Xornada Multixogo e de Xogos Populares FestiRiveira, que se desenvolverá ás 11.30 horas na praza de Uxío Novoneyra.

 

Ao longo da mañá os grupos de Gaitas A Gandaina e O Pichote de Palmeira e a Banda de Música Santa Cruz de Rivadulla percorrerán ás rúas coa mellor música.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical