2.8.12

Outes: o BNG pronúnciase sobre os parques eólicos por non respectar normas legais

Moción parque eólico Outes-Mazaricos.doc Download this file

Media_httpfarm5static_hjciu

Os eólicos son cada vez máis grandes para tirar proveito da enerxía do vento

Outes, 2 de agosto de 2012. A portavoz municipal do BNG no Concello de Outes, Lola Pena, vén de presentar na mañá de hoxe unha moción para debater a problemática suscitada pola instalación de dous parques eólicos, cuxos expedientes administrativos está a tramitar, estes días, a Consellería de Economía e Industria.

Os parques eólicos en cuestión están promovidos polas empresas GALENOVA e NORVENTO e sitúanse tanto en Outes como nos concellos veciños de Mazaricos e Negreira. Segundo os nacionalistas, "a problemática que se detecta no parque promovido por GALENOVA, a situar nos concellos de Mazaricos e Outes, concrétase no tamaño dos aeroxeneradores, cunha potencia estimada cada un deles de 3.000 kilovatios, acadando unha altura de 119 metros e un diámetro de rotor de 112 e a súa proximidade a núcleos habitados sen respectar a distancia mínima establecida no Plan Sectorial Eólico de Galicia, que é de 500 metros".

No que atinxe ao promovido por NORVENTO, que se sitúa entre os concellos de Negreira e Outes, o número de lugares habitados aínda é maior, sendo o parque de características semellantes ao anterior, explica o Bng.

"Nin que dicir ten, que o BNG aposta de xeito decidido polas enerxías renovables, exemplo disto, foi o traballo desenvolto na pasada lexislatura coa aprobación do Plan Eólico, que ía reverter  de xeito directo en beneficio do conxunto da cidadanía galega. Partindo dista premisa consideramos que os beneficios empresariais que os operadores da enerxía eólica tiran dista actividade, ten que servir para que as comunidades que soportan a existencia dos parques de produción eléctrica leven proveito da explotación da mesma", argumentan.

A moción pide na súa parte dispositiva que se atendan as demandas de veciños e propietarios afectados e se formulen cantas alegacións se consideren en defensa dos intereses dos mesmos, así como tamén do interese xeral do propio Concello de Outes.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical