2.7.10

Noia: reacción do PSOE á "pinza PP-BNG". Anuncian unha ofensiva para sacar adiante o proxecto de limpeza e rexeneración da Ría

O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá a súa indignación "pola demagoxia do PP e do BNG, que agora falan da autonomía de Galicia para xustificar a súa posición contraria a unha inversión de tres millóns de euros para limpar a ría. É a primeira vez que vexo a alguén decindo que non queren que se fagan investimentos no pobo de Noia".

Lage chegou dicir que "a Historia xulgará aos que conspiran para impedir que se fagan inversións en Noia antes de maio de 2011"


Noia. 2 de xullo de 2010.- O viceportavoz do Grupo Socialista no parlamento, José manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá a súa indignación "pola demagoxia utilizada polo PP e o BNG, que agora falan da autonomía de Galicia para xustificar a súa posición contraria a unha inversión de tres millóns de euros para limpar a ría.”

É a primeira vez que vexo a alguén decindo que non queren que se fagan investimentos no pobo de Noia, é a primeira vez que escoito uns argumentos tan peregrinos para rexeitar que o Goberno de España invirta en Noia. Ou é que o PP considera que Noia non forma parte de España? Creo que a acción política do candidato do PP de Noia é un disparate permanente" aseguraba hoxe Lage Tuñas. Dende o PSdeG-PSOE reacciónase diante da “pinza PP-BNG” e anúnciase "unha ofensiva para sacar adiante o proxecto de limpeza e rexeneración da ría de Noia".

Peirao de Noia en 1925. Fotos da estadounidense Ruth Matilda Anderson

Lage Tuñas, viceportavoz do grupo parlamentario socialista, está en contacto permanente co alcalde de Noia e co grupo de goberno, para multiplicar os esforzos e as xestións institucionais dirixidas a “conseguir que Noia recupere maior protagonismo co impulso á economía local, co incremento da productividade marisqueira da ría e coa potenciación do turismo”.

O deputado noiés do PSdeG entende que “nunca ninguén foi tan lonxe como teñen ido PP e BNG para poñer os seus intereses electorais por riba dos intereses de Noia.”

É unha mágoa que adiquen o seu tempo a tecer alianzas para intentar impedir un importante investimento do Goberno de España en Noia. Sería mellor que adicaron tempo a escoitar o sentir dos veciños e veciñas que non entenden que os concelleiros do PP e do BNG unan as súas forzas para impedir que se materialicen novos proxectos para Noia”, engadiu.

Lage Tuñas cree que “a alianza de PP e BNG polo de agora as consecuencias que tivo foron negativas para o pobo de Noia. Dende finais do ano 2008 levan impedindo que se aprobe un proxecto de saneamento, primeiro co PSdeG na Xunta, ata marzo do 2009, e agora co PP na Xunta.” O parlamentario socialista explica que “non podemos deixar pasar o tren dunha inversión do Estado, tan importante para o marisqueo, o turismo e a creación de riqueza no concello de Noia. Só dende a insensatez, a irresponsabilidade ou o infantilismo político se pode entender a “intifada” de PP e BNG para intentar impedir os investimentos na limpeza e rexeneración da ría".

Lage Tuñas afirmaba hoxe que "a historia xulgará aos que conspiran para impedir que se fagan inversións en Noia antes de maio do 2011. PP e BNG só pensan nas eleccións, e o que está en xogo é a limpeza da ría, que levan os veciños de Noia agardando 40 anos a que algún goberno se acordara de Noia, e agora que hai unha importante partida e un proxecto de Costas para executar, intentan impedilo”.

O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage avanzou que “dende o PSdeG, temos como un obxectivo irrenunciables a limpeza e a rexeneración da ría de Noia. Entendemos que é o momento de darlle o impulso definitivo ao proxecto de Costas e que Noia aproveite esta oportunidade para potenciar a economía, a través do marisqueo e o turismo”.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentada "A Fiestra da Cultura" 2010, con actos para todo o verán

Ribeira: presentada a promoción 2010 da Policía Infantil, que comeza a patrullar o luns 5

Ribeira, 2 de xullo de 2010. Un total de 23 nenos (8 rapaces e 15 rapazas) forman parte da 15ª promoción da Policía Infantil de Ribeira, que foi presentada hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial. 

Destes 23 rapaces, 7 incorpóranse á Policía Infantil por primeira vez, razón pola cal recibiron os seus carnés identificativos de mans do alcalde, José Luis Torres Colomer, quen estivo acompañado no acto polo edil Luciano Fernández Martínez e polo coordinador da propia patrulla, José Andrés Alonso Paz, da Policía Local. Os 17 restantes xa participaran en anteriores convocatorias. 

Os pequenos policías entrarán en servizo o vindeiro luns e realizarán a súa labor ata o 31 de agosto. Entre as súas funcións, figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade, desfilar en distintos actos como festas e procesións e detectar posibles deficiencias no estado das rúas. 

Anteriormente, os pequenos estiveron a recibir nos seus correspondentes centros educativos unha formación específica sobre o seu incipiente labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, a…) e tiveron que superar un exame. 

Os novos membros son: Charon Pérez Gago, Anxo Pena Blanco, María Elena Hermida Zapata, Erika Regueiro Hermo, Yarinet Álvarez Xapata, José María Maneiro Hermo e Alejandro Álvarez Vidal. Repiten: Luis Miranda Vidal, Lucia Gómez Pazos, Lucía Maggio Folgar, Cristina Regueiro Hermo, Ángel Fiel Cabadas, Cecilia Sosa Álvarez, Lara Martínez Martínez,  Ana Mayán Blanco, Jenni Tesón Pérez, Andrés Paz Ramallo, Janire Suárez Rodríguez, Luis Suárez Rodríguez, Yara Fernández Villaverde, Suleiman Chhain, Nerea Flores Quintáns, África González Martínez.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: entrevistan ao comiqueiro Martín Romero no portal do Consello da Cultura Galega

Martín Romero é de Xión, Boiro. Está en Francia preparando unha novela gráfica, becado por Alhóndiga Bilbao. Toda a entrevista en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=17201

Nós entrevistámolo hai xa case tres anos, cando comezou a gañar premios por un tubo: http://eniac-informatica.com/xornalcerto/index.php?page=martin-romero

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng pregunta no Congreso dos Deputados sobre unha posible reversión do porto de Noia ao Estado

O deputado do BNG Francisco Jorquera considera “inadmisíbel que o Goberno pretenda a reversión dun porto que se excluíu da consideración de Portos de Interese Xeral” 


Canle de entrada para os barcos ao porto do Marqués de Monroi

Noia, 2 de xullo de 2010. O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou onte unha iniciativa parlamentaria na Cámara para solicitar explicacións ao Goberno por tratar de recuperar a competencia sobre o espazo portuario de Noia, que foi transferido á Xunta baseándose no Real Decreto 3217/1982, de traspaso de funcións e servizos á Comunidades Autónoma de Galiza en materia de portos.  

Explica Jorquera que o Ministerio de Medio Ambiente comezou a tramitación para solicitar a reversión das competencias da Xunta sobre o denominado sistema portuario de Noia. “Segundo parece, a intención do Ministerio é a de realizar unha actuación no interior da Ría de Noia para derrubar a escolleira de acceso ao Porto do Marqués, o que imposibilitaría que se rematase no futuro a obra portuaria, convertindo  en irreversíbel o alonxamento de Noia do mar”.


Auténtico “ataque ás competencias autonómicas”  

Lembra o deputado do BNG que a conclusión desta obra é unha “vella demanda de diversas forzas políticas e sociais do municipio xa que a proximidade de Noia a Santiago, a importanza do seu casco histórico, a beleza da súa Ría, permitirían desenvolver plenamente as súas potencialidades no eido da náutica deportiva e de recreo”. E precisamente, recalca, a reversión poría fin a todas estas posibilidades. Sen esquecer que o cambio de marco xurídico ocasionaría problemas desde o punto de vista urbanístico. Ademáis, os artigos da Lei de Costas nos que o Ministerio se ampara son “só de aplicación aos portos de nova construción e non a un porto histórico como é o caso”.  

Pero o máis grave, sinala o deputado nacionalista, “é que as pretensións do Ministerio son un auténtico ataque ás competencias autonómicas. Resulta inadmisíbel que o Goberno pretenda recuperar un porto que se excluíu por Decreto da consideración de Porto de Interese Xeral”. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: entrevistamos a Serafín Marcos, un provocador poético

Ribeira: as sudadeiras da Festa da Dorna xa están á venta e este sábado, derradeira asemblea das peñas


As sudadeiras locen este "presioso" deseño

Ribeira, 2 de xullo de 2010. Dende onte xa se poden mercar as sudadeiras dorneiras en Podium Sport, na rúa 9 de agosto da Centenaria. O prezo non subiu: son 13 euros e a organización recomenda levar os cartos "xustos" (debe ser polo lío do cambio).

Este sábado, 3 de xullo, vai ser a derradeira asemblea de peñas dorneiras. Ás oito e sete da tarde (xa ven que poñen estes horarios para os típicos que antes de erguerse piden cinco minutiños máis, ou mesmo para confundir aos que a noite aínda non confundiu). Ás 20:07, para ser menos exactos, no conservatorio municipal (o de música, non confundan con ningunha conserveira).

Hai un grande inconveniente para esta asemblea de peñas: parece que a selección española de fútbol quere pasar a cuartos de final e algún dos dorneiros vai estar interesado en ver esa fazaña, así que a organización, en especial o seu presidente, Arturo González Mariño, pide "por respeto aos futboleros" que se chegue un pouco antes da hora (antes das 20:06, por exemplo).

Os temas a tratar son: completar a organización dos xogos por parte das peñas e a colaboración das peñas nas actividades da cofradía. Tamén terá lugar a abordaxe da escola de remo que se iniciou este verán en colaboración co club Náutico de Ribeira, club de Remo da Pobra do Caramiñal e Concello de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: vídeo-denuncia dos arranxos na praia de Tanxil

Co lema "Rianxo: que o paraíso non te engula", remata o usuario de Youtube "emigrantegalego" esta montaxe, na que critica a rexeneración da praia á que ía bañarse Castelao a primeiros do século pasado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: as campás que escoitaba e logo cantou Rosalía

Outra produción do infatigable admirador de Rosalía Ramón Torrado (xensboy)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical