2.7.10

Ribeira: presentada a promoción 2010 da Policía Infantil, que comeza a patrullar o luns 5

Ribeira, 2 de xullo de 2010. Un total de 23 nenos (8 rapaces e 15 rapazas) forman parte da 15ª promoción da Policía Infantil de Ribeira, que foi presentada hoxe no Salón de Plenos da Casa Consistorial. 

Destes 23 rapaces, 7 incorpóranse á Policía Infantil por primeira vez, razón pola cal recibiron os seus carnés identificativos de mans do alcalde, José Luis Torres Colomer, quen estivo acompañado no acto polo edil Luciano Fernández Martínez e polo coordinador da propia patrulla, José Andrés Alonso Paz, da Policía Local. Os 17 restantes xa participaran en anteriores convocatorias. 

Os pequenos policías entrarán en servizo o vindeiro luns e realizarán a súa labor ata o 31 de agosto. Entre as súas funcións, figuran orientar e facilitar información aos visitantes sobre a cidade, desfilar en distintos actos como festas e procesións e detectar posibles deficiencias no estado das rúas. 

Anteriormente, os pequenos estiveron a recibir nos seus correspondentes centros educativos unha formación específica sobre o seu incipiente labor (memorización do rueiro de Santa Uxía; localización das farmacias, bancos e praias, a…) e tiveron que superar un exame. 

Os novos membros son: Charon Pérez Gago, Anxo Pena Blanco, María Elena Hermida Zapata, Erika Regueiro Hermo, Yarinet Álvarez Xapata, José María Maneiro Hermo e Alejandro Álvarez Vidal. Repiten: Luis Miranda Vidal, Lucia Gómez Pazos, Lucía Maggio Folgar, Cristina Regueiro Hermo, Ángel Fiel Cabadas, Cecilia Sosa Álvarez, Lara Martínez Martínez,  Ana Mayán Blanco, Jenni Tesón Pérez, Andrés Paz Ramallo, Janire Suárez Rodríguez, Luis Suárez Rodríguez, Yara Fernández Villaverde, Suleiman Chhain, Nerea Flores Quintáns, África González Martínez.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical