4.12.08

As filloas de Ramona de Luísa de Noia, de París encachoado

A vida vai pedindo papas e a Mahou Clásica vai pedindo papas.
A vida é menos que unha Mahou Clásica. Gusto da caña de Estrella.

Algún día marcharei da Península e será entón, e só entón, cando estea por fin comigo mesmo. E cando, na aduana dalgunha ex-república capitalista/maoísta me deteñan por ir cos petos cheos de balas, sinalarei a cada unha das miñas pupilas e falareilles do Illa de Sumatra, dos Kenodí?!, do banco de Pepita, de Montelouro, da casa de miña tía, do meu cuarto en Muíño do Vento, da Churra, da parte de atrás do Xeixo, de San Francisco, dos parques de Oleiros, da estación de buses, da facultade de Filoloxía, do Avante, do piso de Romero Donallo, de Villarrobledo, dos Castromiles, do meu cuarto de Oleiros, de Riazor, do campo do Campestre, da cando vivía na Rúa Real de Muros, da Capitol, do Curro da Praza, dos Süiss, do ska, do sexo, do chocolate con leite, dos amigos, da familia, da música toda en todo momento, de Bukowski, de Reixa, dun loitador que se chamaba Sputnik Monroe, das mulleres que deixan cicatriz, de Panero, de Hakim Bey, de Calamaro, do Neira Vilas, do campo de canastra no Rabadeira, da SNES, do Raeiros, do vodka, da cervexa, do viño tinto, do sofá con Lema, das comidas con Hora 14 de fondo, da derrota, das chamadas, dos soños repetidos, das raiadas, dos emepetreses, da resaca, dos magostos da miña facultade, de todo o que non pasou, de todas as veces que fun ao médico, de como me odia a xente, de como me quixo a xente que me quixo, das filloas de Ramona de Luísa de Noia, de París encachoado, da miña irmá, da praia de Boiro, de como doe a morte, de como doe a vida e o amor, do portugués que me berraba ao conducir, de unha e cada unha das veces que nos bañamos en bólas, do corsita de Pena, dos maratóns de Fe, de como me aceptou a xente tal e como era, de que non se pode estar canso estando vivo e que cada momento había que vivilo, de que se permitía que se me escapase un único día, non podería recuperalo.
Unha entrada longa e doce antes de me despedir | Arrepentirme podería ser algún tipo de arte

Que terá o branco e negro que nos pon tan nostálxicos?

25 Aniversario IES Praia Barraña - Boiro: DO MALECÓN A LOUREDA, por Pili Vázquez.

Máis recursos... a Rede está chea de sorpresas!

Facebook | Fotos de Noia

Foto de Alfredo Penalta no grupo Noia de Facebook

Neixón: premio para un dos arqueólogos do proxecto

ArqueoNeixón. Proxecto Arqueolóxico dos Castros de Neixón: Hai premio!

Sumámonos á noraboa.

Parabéns

Clube de lectura con escritor incluído: Sechu Sende

Inserido Video

Millón acadado! Noraboa? Pois claro, parabéns!!!!

O TEU PUNTO DE ENCONTRO

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical