8.10.12

Noia: o Concello pide que se retiren e trasladen as antenas chantadas no castro do monte de San Lois

  • Dentro das alegacións ao Plan Sectorial de Implantación e Desenvolvemento das Infraestruturas Terrestres de Telecomunicacións da Administración Xeral e do Sector Público autonómico de Galicia xestionado por Retegal
  • O Concello aposta por Monte Pedrido, a cabalo entre Lousame e Noia

Media_httpfarm9static_evaoj

Media_httpfarm9static_bbiax

Actuais instalacións no alto do monte San Lois, enriba dun castro

Noia, 8 de outubro de 2012. O Concello de Noia, a través da Concellería de Urbanismo, Vivenda e Solo vén de formular alegacións ao Plan Sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestructuras terrestres de telecomunicacións da Administración xeral e do sector público de Galicia xestionado por RETEGAL. O citado Plan foi declarado de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia en data 12 de xullo do presente ano. As principais demandas nestas alegacións refírense á necesidade de retirar as actuais instalacións do monte San Lois, colocadas sobre un xacemento castrexo, para poder escavalo nun futuro e poñelo en valor.

O obxetivo do Plan Sectorial é o diseño dunha ordenación territorial que permita regular a obtención dun solo apto para a implantación de infraestructuras terrestres de telecomunicacións. Dentro deste obxetivo o Plan contempla duas situacións:

  • As instalacións preexistentes para as que o Plan trata de facilitar a súa integración dentro dun marco regulatorio máis amplo.
  • As infraestructuras de nova implantación, unha vez analizadas as áreas territoriais máis deficitarias, deseña unhas novas para acoller as necesarias, seguindo uns criterios obxetivos basados nun modelo territorial sostible e compatible coa preservación do medio físico e cos valores medioambientais.

En relación ás actuais instalacións de telecomunicacións, o Concello sinala que "sabido é que as mesmas están situadas no cumio do Monte San Lois e colocadas sobre os restos dun importante xacemento castrexo que se atopa na actualidade moi deteriorado como consecuencia do encravamento das antenas e dos seus recintos".

Para as de nova instalacións, o Plan prevé  un área de localización preferente situada na zona de Monte Pedrido a cabalo entre Noia e Lousame. E outra área que rodea o núcleo de Pastoriza, lindante cos do Castro, Mato e Liñaio. "Nesta proposta de nova ubicación o concello non observa dificultade algunha, xa que sobre a área mencionada non existen evidencias de restos arqueolóxicos e a ordenación urbanística actual e futura, é sobre esos ámbitos, a de solo rústico de protección agraria e forestal", sinala Bieito González, responsable de Urbanismo en Noia.

"É precisamente nas instalacións existentes e situadas no cumio do Monte San Lois, onde a alegación fai fincapé, no sentido de solicitar da Administración redactora do citado Plan Sectorial, a necesidade de buscar un lugar alternativo para a súa ubicación, mesmo fóra da súa área de protección, e que permita, co transcurso do tempo, a  restauración e recuperación do castro existente no lugar. Á alegación engádense as copias dos expedientes sancionadores abertos pola Dirección Xeral do Patrimonio, en diferentes datas", remata o edil nacionalista de Urbanismo de Noia.

Pode que tamén lle interese:

 

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: escolas e actividades deportivas deste curso 2012-2013 cos seus horarios

Boiro: a ANPA Loureda, do colexio do Castro en Cabo de Cruz, informa das actividades deste trimestre

  • Pitusa Lomba dimitiu por incompatibilidade e a nova presidenta é María Outeiral Campos

Romeria
Imaxe da Romaría que organizou esta activa asociación de nais e pais de Cabo de Cruz

Boiro, 8 de outubro de 2012. Na Asemblea Xeral convocada pola presidenta en funcións Pitusa Lomba (presentou a súa dimisión, moi o seu pesar, por incompatibilidade) o 9 de setembro do 2012 levouse coma punto principal do día a elección da nova presidencia. Dado que non se presentou ningunha candidatura formal, a presidenta en funcións animou a todos os socios presentes indicándolle que ela estaría este curso coma asesora, traballando con eles cóbado con cóbado, o cal lle facilitaría o traballo. Así mesmo, indicoulles que contaban cun remanente económico nas arcas da entidade e que tamén contaban co arquivo  impreso e informatizado de toda a documentación dos últimos tres anos, feitos que lles axudaría e facilitaría moito a súa labor.

Tras as palabras de ánimo da presidenta en funcións, presentáronse dez voluntarios (algúns pertencentes a directiva anterior) para formar parte da nova directiva. Unha vez confeccionada a lista pasouse a votación para a elección da nova presidenta. Deste xeito, aprobouse por unanimidade que a nova presidenta da entidade fose dona Mª Luísa Outeiral Campos (secretaria na anterior candidatura)

Uns días despois presidenta Mª Outeiral, celebrou a primeira reunión de directiva propoñendo os cargos que deberían ter os nov@s directiv@s dentro da entidade, estando todos de total acordo,  a lista de cargos  quedou aprobada por unanimidade da seguinte maneira:

 

.. María Outeiral Campos   no cargo de  Presidenta

..Silvia Cordido Silva         no cargo de    Secretaria

.. Eva Piñeiro Saborido    no cargo de  Tesoureira

.. Patricia Sampedro   no cargo de  Vicepresidenta

.. Francisco Nieto   vocal

.. Agustín Rivas Río  vocal

.. Natividad Triñanes   vocal

.. Rebeca Ozores   vocal

.. Xosé M. Pérez    vocal suplente

.. Miguel A. Lomba  vocal suplente

.. J. Joaquín Fernández   vocal honorífico

Así mesmo tal coma prometera a Presidenta anterior, Pitusa Lomba, aceptou o cargo de asesora (sen dereito a voto).  Nesta reunión a nova directiva, púxose más a obra e acordaron, entre outras cousas, levar a cabo as seguintes actividades destinadas aos socios:

As actividades extraescolares xa comezaron este mes

. Actividades extraescolares: comenzo o 1 de outubro. Baile, Teatro, Inglés lúdico, Manualidades, Reforzo Escolar (impártense no Centro Social de Cabo de Cruz), Patinaxe, e Informática (estas dúas impártense no colexio e no pavillón de Valiño). A día de hoxe todas as actividades están en funcionamento excepto reforzo escolar por non cumplir o nº mínimo de participantes. Estas actividades están abertas aos socios durante todo o ano.

. IV Certame das Cabazas do Samaín e II Certame de Debuxo do Magosto. Poderán participar todos os alumnos (socios e non socios) do centro STª Mª do Castro. Os nenos participantes deberán entregar a súa cabaza o día 30 de outubro (nin antes, nin despois) e o seu debuxo do magosto ata o martes 6 de novembro ás 11:00h., ambos na conserxería do colexio. Indicar que o centro colaborará cos certames e en especial co de debuxo, co cal,  os mestres darán a información oportuna aos cativos neste días.

. Festival de Nadal e Excursión de fin de Curso. Un curso máis a dirección do Centro informou a directiva que este ano so levarían a cabo dúas actividades extraescolares: a celebración do Magosto e do Antroido e que colaborarían puntualmente coa APA en outras como o samahín e certame de debuxo.

 Según iso  a Directiva decidiu facerse cargo un curso máis destas actividades, resolvendo que:

a) Festival: aqueles socios (adultos e nenos) que queiran participar téñense que apuntar na conserxería do colexio ata as 11:00h. da  mañá do 26 de outubro  Así mesmo, informouse de que o día 27 de outubro ás 18:00h. no Centro Social, terán unha reunión con todos os socios para poder levar a cabo a actividade, dado que se non se da un porcentaxe de colaboración semellante ao curso anterior, posiblemente, a directiva verase na obriga de cancelar o evento.

b) Excursión: nesta ocasión é imprescindible que os responsables dos nenos asistan ás reunións e colaboren e decidan na programación de tal actividade. Esta actividade tamén está dirixida só a socios. Todos aqueles alumnos de 5º e 6º de primaria do centro, que queiran participar na excursión, deberán ser apuntados por un adulto na conserxería do colexio  ata a mañá do día 26 de outubro.

c) Recadación de fondos. Con motivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso, a directiva está creando un plan de traballo que aínda que lle falta moito por perfilar, xa ten previsto facer unha rifa de para o día dos Namorados (unha cena romántica e outra sorpresa por determinar), venta de doces o día do festival, cobro de entrada do festival (prezo simbólico), e outra máis que aínda son ideas sen aprobar.

. Beneficios para socios; coma no curso anterior, esta nova directiva está xestionando certos servizos e descontos con empresas para todos aqueles socios/as da ANPA Loureda. Nestes intres os socios/as poden mercar un chándal e unha camiseta cun prezo máis baixo do que o poden atopar no mercado. A directiva lembra que se pode ver a calidade  e cor do chándal e da camiseta na conserxería do colexio. A todas aquelas persoas que lles interese pódense apuntar no Centro Social ata a mañá do día 15 de outubro.

Toda a información en http://anpaloureda.blogspot.com.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: novos trámites para facer dúas rotondas que melloren a seguridade viaria

Media_httpfarm5static_vlhue

O actual sistema de rotondas é unha chafallada, case tanto como as que dan á autovía dende a Espiñeira en Boiro

  • O 18 de outubro, a tres días das eleccións, faranse os pagos aos afectados pola rotonda do Vilar
  • A Xunta aprobou hoxe a declaración de utilidade pública dos terreos do cruce entre AC-305 e Avenida da Paz, que enlaza coa autovía AG-11

 

Ribeira, 8 de outubro de 2012. O Concello informa de que –co obxectivo de seguir afianzando a seguridade viaria - estes días estanse a dar distintos trámites administrativos que veñen a axilizar a construción de dúas glorietas no termo municipal: unha no chamado cruce do Vilar e outra que mellorará a ordenación do tráfico na confluencia da estrada AC-305 coa avenida da Paz, que sirve de enlace coa autovía da Barbanza.

Pagos a tres días das eleccións: casualidade?

Así, cabe informar en primeiro lugar de que o vindeiro xoves día 18 de outubro efectuaranse os pagos dos terreos afectados polo proxecto de construción dunha glorieta no cruce do Vilar: un dos últimos trámites administrativos antes da materialización efectiva desta rotonda, tan demandada por veciños e usuarios nun punto estratéxico no que se entrecruzan ás vías procedentes de Aguiño e Carreira, da cidade de Ribeira, á rotonda de Xarás, de Frións e do Vilar.

En segundo lugar, e tal e como figura no DOG de hoxe, a Xunta de Galicia vén de declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción da rotonda no punto quilométrico 38+060 da estrada AC-305.

Así, a Axencia Galega de Infraestruturas (entidade dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) resolveu aprobar con data de 11 de setembro de 2012 o proxecto de construción da devandita glorieta, que estará situada nese punto.

O obxecto do proxecto reside no desenvolvemento das actuacións necesarias para a mellora da intersección, substituíndo a actual disposición en T pola “construción dunha glorieta de dimensións adecuadas, o cal optimiza o deseño dende o punto de vista da seguridade viaria”. Así mesmo, esta actuación contribuirá a mellorar a conectividade entre o concello de Riveira e a autovía da Barbanza.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o pintor Antonio Pérez doa ao Concello "Xeiteiros na rambla do Colón"

  • O artista pintárao en vivo durante a Feira Artemar

 

Ribeira, 8 de outubro de 2012- O artista Antonio Pérez fixo entrega no día de hoxe ao alcalde Manuel Ruiz da pintura que este creador riveirense tivo ocasión de elaborar en vivo ao longo dos tres días en que transcorreu a primeira edición da feira Artemar Ribeira, celebrada entre o 17 e o 19 de agosto.

 

Co título de “Xeiteiros na rambla do Colón”, esta creación de temática e inspiración mariñeiras describe como eran os traballos que se desenvolvían no porto ribeirense na década dos sesenta. Antonio Pérez manifestou durante o acto de entrega que con este cadro quixo aportar o seu pequeno grao de area á  cultura de Ribeira e amosou a súa predisposición a colaborar novamente en futuras edicións da feira, á cal cualificou de “éxito” tanto a nivel de público como de ventas.

 

En canto ao contido da obra, o artista explicou que nos anos sesenta, cando el comezou a ir ao mar con 12 anos de idade, empregábanse outras vestimentas e outras maneiras de manipular os aparellos que quixo recrear neste traballo.

O alcalde, que estaba acompañado da edil de Cultura Elvira Pisos, agradeceu a doazón ao Concello realizada por un dos “artistas emblemáticos de Ribeira” e louvou a calidade dunha obra que devolve ao pasado desta cidade.

Ruiz Rivas explicou tamén que con Artemar Ribeira quíxose demostrar que o mar non só é o principal sustento económico do concello, senón tamén unha cultura e unha forma de vivir.

O cadro lucirá nun lugar relevante da Casa Consistorial.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Atletismo: Lestrobe, en Dodro, acolle este venres 12 a XIV Carreira Pedestre

  • Só queda ata este martes para anotarse

rglestrove2012.pdf Download this file
Dodro_pedestre_lestrobe

 

Dodro, 8 de outubro de 2012. Este venres, 12 de outubro de 2012, celébrase na localidade de Lestrobe a décimo cuarta edición da carreira popular de Lestrobe que estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago).

Horario das probas:

HORA                CATEGORÍA

17:15h                   Pitufo

17:30h                   Benxamín e Alevín

17:45h                   Infantil e Cadete

18:15h                   Xuvenil/Junior

18:15h                   Promesa/Senior e Veteranos

19:30h                   ENTREGA DE PREMIOS

Normas:

  1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta.
  2. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de tletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNS

O prezo da inscrición será o seguinte:
- ESCOLARES (de pitufo a cadete)............ GRATUITA -
- ABSOLUTA (de xuvenil/junior a veteranos).. 5,00 €

As inscricións realizaranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.atletismogalego.org onde será obrigatorio cubrir todos os datos solicitados e facer o pago da cota de inscrición de 5 € (atletas das categorías xuvenil/junior ata veterán) na pasarela de pago da Federación Galega de Atletismo até as 22:00 h do martes 9 de outubro de 2012.

Non se admitirán inscricións fora do prazo establecido nin o día da proba.Todos os atletas teñen a obriga de comprobar que a súa inscrición está correctamente formalizada na páxina web www.atletismogalego.org. Os atletas das categorías pitufo, benxamín, alevín, infantil e cadete están exentos do pago da cota de inscrición. Deberán facer a súa inscrición tamén a través da páxina www.atletismogalego.org As probas serán cronometradas co sistema de chips da Federación Galega de Altetismo (escolares NON). O dorsal deberá ser levado en todo momento na zona do peito, sen arrugas e perfectametne visible.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Música: grupos punk de Ribeira comezan xira en Euskadi na ponte do 12 de outubro


The Fe Kaos

[[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 8 de outubro de 2012. Os grupos ribeirenses de punk The Fe Kaos e Generazión Perdida van de xira na ponte desta fin de semana (o 12 de outubro é festivo) a Euskadi, onde tocarán na sala Mogambo de Trintxerpe e no bar Ondarra de Donosti.


Korkones chámanlle en euskera ao que os galego coñecemos como muxos

O venres 12 estarán acompañados por Korkones de Pasaia e The Bobby's.


Sutura, co tema "Luchar y beber"

O sábado 13, xa en Donosti, The Fe Kaos e Generazión Perdida farán trío cos de Sutura.

Segundo nos contan dende a organización, "este é o comezo da xira "A Pitillo Tour", na cal Generazión Perdida está a presentar a súa maqueta e The Fe Kaos o seu segundo traballo, ao cal só lle faltan uns arranxos para que saia á rúa".

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Fotografía: Alfonso Novo presidiu a inauguración da súa mostra "Memorias de China" en Ribeira

  • A exposición consta de 32 imaxes e poderase ver no auditorio ribeirense ata o 16 de novembro


 

Ribeira, 6 de outubro de 2012.- Alfonso Novo estivo acompañado por moito público no acto inaugural da exposición “Memorias de China”. Esta mostra componse dunha selección de 32 fotografías (a maioría delas en branco e negro) que Novo, que é de Ribeira, tomou durante a súa estancia no país asiático no ano 2007. Estará aberta no Auditorio Municipal ata o 16 de novembro.

O acto de apertura contou co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz  e a titular da Concellería de Cultura (a área encargada de montar a mostra), Elvira Pisos.

 

Dúas partes

Alfonso Novo agradeceu o interese do Concello en exhibir a exposición e explicou que as imaxes que forman parte da mesma pertencen a un período no que aínda non se dedicaba profesionalmente á fotografía (hoxe dirixe un estudio especializado nas ramas artística e social). Tamén informou de que a mostra está dividida en dous apartados, un dos cales corresponde ao retrato de persoas desenvolvendo as súas tareas cotiás (traballar, ler, comer, durmir, afeitarse...) e outro centrado en motivos arquitectónicos (tellados, portas, murallas, mosteiros, pazos imperiais...).

Novo expresou o seu desexo de que “Memorias de China” sexa do agrado do público que pase polo Auditorio Municipal.

O alcalde Manuel Ruiz destacou "a gran sensibilidade artística que dende sempre caracterizou a Alfonso Novo" e subliñou a oportunidade que ofrece esta mostra de descubrir a realidade do país oriental, difícilmente observable cando un acode por negocios ou para facer turismo. “Con esta exposición Alfonso demostra que foi quen de introducirse na sociedade chinesa... nas entrañas do que é ese país”, declarou o alcalde, quen antes de rematar afirmou que “esta é a primeira mostra que fai Alfonso en Ribeira e confío en que non sexa a última". Finalmente, Ruiz Rivas entregou a Novo dous agasallos institucionais no nome do Concello.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical