8.10.12

Noia: o Concello pide que se retiren e trasladen as antenas chantadas no castro do monte de San Lois

  • Dentro das alegacións ao Plan Sectorial de Implantación e Desenvolvemento das Infraestruturas Terrestres de Telecomunicacións da Administración Xeral e do Sector Público autonómico de Galicia xestionado por Retegal
  • O Concello aposta por Monte Pedrido, a cabalo entre Lousame e Noia

Media_httpfarm9static_evaoj

Media_httpfarm9static_bbiax

Actuais instalacións no alto do monte San Lois, enriba dun castro

Noia, 8 de outubro de 2012. O Concello de Noia, a través da Concellería de Urbanismo, Vivenda e Solo vén de formular alegacións ao Plan Sectorial de implantación e desenvolvemento das infraestructuras terrestres de telecomunicacións da Administración xeral e do sector público de Galicia xestionado por RETEGAL. O citado Plan foi declarado de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia en data 12 de xullo do presente ano. As principais demandas nestas alegacións refírense á necesidade de retirar as actuais instalacións do monte San Lois, colocadas sobre un xacemento castrexo, para poder escavalo nun futuro e poñelo en valor.

O obxetivo do Plan Sectorial é o diseño dunha ordenación territorial que permita regular a obtención dun solo apto para a implantación de infraestructuras terrestres de telecomunicacións. Dentro deste obxetivo o Plan contempla duas situacións:

  • As instalacións preexistentes para as que o Plan trata de facilitar a súa integración dentro dun marco regulatorio máis amplo.
  • As infraestructuras de nova implantación, unha vez analizadas as áreas territoriais máis deficitarias, deseña unhas novas para acoller as necesarias, seguindo uns criterios obxetivos basados nun modelo territorial sostible e compatible coa preservación do medio físico e cos valores medioambientais.

En relación ás actuais instalacións de telecomunicacións, o Concello sinala que "sabido é que as mesmas están situadas no cumio do Monte San Lois e colocadas sobre os restos dun importante xacemento castrexo que se atopa na actualidade moi deteriorado como consecuencia do encravamento das antenas e dos seus recintos".

Para as de nova instalacións, o Plan prevé  un área de localización preferente situada na zona de Monte Pedrido a cabalo entre Noia e Lousame. E outra área que rodea o núcleo de Pastoriza, lindante cos do Castro, Mato e Liñaio. "Nesta proposta de nova ubicación o concello non observa dificultade algunha, xa que sobre a área mencionada non existen evidencias de restos arqueolóxicos e a ordenación urbanística actual e futura, é sobre esos ámbitos, a de solo rústico de protección agraria e forestal", sinala Bieito González, responsable de Urbanismo en Noia.

"É precisamente nas instalacións existentes e situadas no cumio do Monte San Lois, onde a alegación fai fincapé, no sentido de solicitar da Administración redactora do citado Plan Sectorial, a necesidade de buscar un lugar alternativo para a súa ubicación, mesmo fóra da súa área de protección, e que permita, co transcurso do tempo, a  restauración e recuperación do castro existente no lugar. Á alegación engádense as copias dos expedientes sancionadores abertos pola Dirección Xeral do Patrimonio, en diferentes datas", remata o edil nacionalista de Urbanismo de Noia.

Pode que tamén lle interese:

 

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical