13.10.09

Curiosidades: atoparon o coche de Batman perdido en Estocolmo

Estes superheroes tamén teñen complicado aparcar...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: se pintas ou debuxas, este sábado, sale do armario!

En Santiago, nos arredores do Centro Galego de Arte Contemporánea. Nunha rúa que pode acoller calquera esperpento, a rúa Valle-Inclán.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Un yankee na súa última noite en "Rianshow"

Aínda que a nós gústanos máis a súa perda en Taragoña (Lost in Spain), en http://www.youtube.com/watch?v=FQeu_Uux2Ho

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: o castro máis subido á Rede de Barbanza

Unha nova videocreación de Xanma1987.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: fabrique a súa cervexa "libre" (que non de balde)

Todos os materiais para elaborar cervexa "creative commons" (licenza na que se fai tamén Certo).

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: mapeo de onde se botaron os últimos ferretes

En Barbanza aínda non hai usuarios, o que non quere dicir que non se faga o amor o mesmo -e nas mesmas posicións- que no resto do globo...
Unha divertida aplicación para Internet que atopamos vía Chuza!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Patrimonio: indíxena en quad

E con remolque! Chocante, cando menos -Cando, en Outes, sempre máis- entrada no blog Arqueoneixón sobre as pasadas VIII Xornadas de Patrimonio Etnográfico do Barbanza que se celebraron o 10 de outubro en A Pobra do Caramiñal.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: piden máis cuota de xarda para a flota galega

Download now or preview on posterous
NOTA_XARDA.pdf (94 KB)

Lonxa Ribeira

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: reportaxe gráfica de Diego Romero sobre a Festa da Garda Civil

As imaxes falan por si mesmas: poder civil, militar e relixioso coa Virxe do Pilar.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte rupestre: achados tres novos petróglifos en Ons

Os gravados descubertos representan coviñas, círculos e restos de círculos concéntricos de diferentes tamaños

É difícil establecer a cronoloxía dos mesmos, posto que non se adscriben a ningunha época prehistórica concreta


(Nota da Xunta) Santiago, 12 de outubro 2009.- A Illa de Ons, enmarcada dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, presenta tres petróglifos novos que foron atopados dentro do contexto dun proxecto de prospección que está levando a cabo o Laboratorio de Patrimonio do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).

Este proxecto baixo o nome “Estudo Arqueolóxico e Etnográfico da Paisaxe Cultural da Illas de Ons”, dirixido pola arqueóloga Paula Ballesteros, contempla unha serie de accións e actividades como traballos de campo de prospección superficial arqueolóxica e etnográfica, rexistro e estudo da arquitectura tradicional, inventario da toponimia, estudo histórico e análise territorial entre outros asuntos.

Os petróglifos atopados están situados dous deles na zona denominada Chan da Pólvora e un terceiro en A Laxe, no barrio de Caño. Estes gravados son fundamentalmente coviñas, círculos e restos de círculos concéntricos con unha coviña central de distintos tamaños e diferentes formas. Os restos visibles dos círculos atópanse moi erosionados e nalgúns casos esta erosión eliminou a metade do debuxo, polo que non se pode descartar que na súa orixe o petróglifo tivese máis figuras, hoxe irrecoñecíbeis polo seu grado de alteración.

As coviñas son os motivos máis sinxelos da arte rupestre, son motivos universais que aparecen en gravados de moitas culturas do mundo. No caso galego distribúense por tódalas áreas, pero son máis abundantes na metade sur da provincia de Pontevedra. Tódolos motivos atopados en Ons son abstractos, trátase de figuras xeométricas que, agás as coviñas, posúen espazo interno. Debido a este carácter abstracto e á súa falta de asociación con motivos figurativos, e difícil dotalos dun significado concreto.

Data dos petróglifos

En canto á súa adscrición cronolóxica facendo referencia os debuxos que presentan os petróglifos, é complexo establecer unha cronoloxía posto que non se adscriben a ningunha época prehistórica concreta. Nestes casos, a única maneira de datalos é por contexto arqueolóxico, podéndose vincular tanto ao Neolítico (4.500 a.C-2.500 a.C), á Idade do Bronce (2.500 a.C.- 1.000 a. C.) ou á Idade do Ferro (1.000 a. C. – século II d. C.).

Curiosidades

Dous destes gravados aparecen sobre un soporte de xisto* cando o máis corrente é que estes motivos aparezan sobre soporte granítico, xa que practicamente a totalidade dos petróglifos da idade do Bronce están realizados en superficies graníticas. Polo tanto, o feito de atopalos en xisto* redunda na súa peculiaridade.

Outro dos aspectos a destacar é que en Galicia, a arte rupestre está moi concentrada nas Rías Baixas, nas zonas de litoral e prelitoral, polo que é salientable que foran atopados nunha illa, algo que polo de agora resulta case inédito. Non se desbota asemade que podan aparecer máis gravados rupestres, xa que o máis corrente é atopalos en conxuntos e non de maneira illada.

(*) Xisto: Nome xenérico de varios tipos de rochas metamórficas facilmente identificables por seren fortemente laminadas. Na linguaxe popular pode coñecerse tamén por "lousa".

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: "Petando nas portas da Historia", no Brea Segade

O venres, día 16 de outubro, comezará no Colexio de Educación Primaria Xosé María Brea Segade de Taragoña o ciclo de conferencias Petando nas portas da historia.
O Museo Pedagóxico Castelao (creado e xestionado polos propios profesores/as e alumnos/as do centro) e a ANPA do X. Mª Brea Segade, tentan con esta iniciativa mostrar aspectos da historia de Taragoña e as vilas próximas que até o momento permanecían ocultos ou poco coñecidos.

As conferencias realizaranse a segunda semana de cada mes (excepto días festivos), en horario extraescolar para que poidan asistir todas as persoas que o desexen.

O primeiro dos actos terá lugar o día 16 as 20:00 horas e consistirá na proxección da longametraxe "O'Neixón, historia viva dun castro". Contaremos coa presenza do director Lukas Santiago e do guionista Xurxo Ayán, arqueólogo do C.S.I.C.
Este documental narra a historia do castro de Neixón, en Cespón, Boiro, desde a perspectiva dos profesionais que traballaron nas escabacións, pero tamén dos veciños que tiveron sempre ao castro no seu imaxinario en forma de paisaxe, tradición, lugar de traballo, etc.

http://www.neixon.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical