13.10.09

Rianxo: "Petando nas portas da Historia", no Brea Segade

O venres, día 16 de outubro, comezará no Colexio de Educación Primaria Xosé María Brea Segade de Taragoña o ciclo de conferencias Petando nas portas da historia.
O Museo Pedagóxico Castelao (creado e xestionado polos propios profesores/as e alumnos/as do centro) e a ANPA do X. Mª Brea Segade, tentan con esta iniciativa mostrar aspectos da historia de Taragoña e as vilas próximas que até o momento permanecían ocultos ou poco coñecidos.

As conferencias realizaranse a segunda semana de cada mes (excepto días festivos), en horario extraescolar para que poidan asistir todas as persoas que o desexen.

O primeiro dos actos terá lugar o día 16 as 20:00 horas e consistirá na proxección da longametraxe "O'Neixón, historia viva dun castro". Contaremos coa presenza do director Lukas Santiago e do guionista Xurxo Ayán, arqueólogo do C.S.I.C.
Este documental narra a historia do castro de Neixón, en Cespón, Boiro, desde a perspectiva dos profesionais que traballaron nas escabacións, pero tamén dos veciños que tiveron sempre ao castro no seu imaxinario en forma de paisaxe, tradición, lugar de traballo, etc.

http://www.neixon.blogspot.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical