15.4.11

Noia: este sábado 16, inauguración de "Noia en Festas. A vila en carteis"

A Coordinación formada por Cristina Campaña e Lucía Couto ten o pracer de convidar á Inauguración da exposición "Noia en Festas. A Vila en Carteis", comisariada por Ismael Teira e patrocinada polo Concello de Noia. 

A exposición estrutúrase a modo de percorrido ao longo dunha selección de carteis de diferentes creadores que tiveron anunciando no seu momento algún dos tres grandes acontecementos festivos en Noia: a Feira de San Marcos, as Festas de San Bartolomeu e a Feira Medieval. O proxecto reúne obra de Antón Avilés de Taramancos, Ricardo de Barreiro, Alfonso Costa, Manuel Romero, Nacho C. Beiro, Francisco Creo, Sesé Fernández Leiceaga, Veiras Manteiga, Argimiro Suárez Ferreiro ou Suso Xogaina, entre moitos outros.

A mostra presenta unha selección organizada en base a diferentes liñas (temática, cronolóxica, de autores, etc.) para constituir deste xeito unha sala estruturada e facer da visita un momento entretido, productivo e didáctico. Editarase ademáis un catálogo con todas as obras.

folla de sala.pdf Download this file

NOTA PRENSA.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: Alternativa Veciñal presenta novo proxecto para as municipais

Boiro: os empresarios pídenlle aos candidatos do Partido Socialista unha Concellería de Industria e Comercio

Img_0452

Boiro, 15 de abril de 2011. O candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juan Jesús ARES, acompañado dos primeiros cinco membros da candidatura electoral socialista, mantiveron onte día 14 de abril unha xuntanza cos membros da xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios onde se examinaron diversas propostas para ser incorporadas ao programa electoral socialista das vindeiras eleccións municipais do 22 de maio.
Entre as peticións presentadas pola ABE cabe destacar a proposta de creación dunha concellería de industria e comercio ao obxecto de estreitar e dinamizar as relacións entre o concello e a rama empresarial local. Outras solicitudes expresadas polo  colectivo foron o posible abaratamento do chan industrial, a limpeza viaria e un maior rigor no cumprimento das normas de mercado municipal.
O candidato, pola súa banda, presentou un proxecto de creación dun corpo de policía medioambiental que foi ben recibido polos directivos da ABE. Deste modo amplíase a lista de encontros realizados nas últimas semanas pola candidatura do PSdeG-PSOE co fin de recabar as demandas e propostas das asociacións e colectivos boirenses. O candidato socialista á alcaldía volveu afirmar diante dos representantes da asociación dos empresarios o seu compromiso de afondar no desenvolvemento dunha liña de cooperación e sinerxia co mundo empresarial de Boiro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: integrantes da Aula Galega de Saxofón participan no Mallorca Saxophone Festival ata o 21 de abril

Media_httpfarm5static_bcgom

Ribeira, 15 de abril de 2011. O Conservatorio Profesional de Música de Ribeira informa da viaxe que afrontan hoxe mesmo os membros da Aula Galega de Saxofón rumboa Mallorca Saxophone Festival. Este é un festival que vai pola súa terceira edición e que se está a converter nun dos máis importantes a nivel nacional e europeo en canto ao mundo saxofón se refire.  

Profesores de grande prestixio internacional, master class, concertos, conferencias .... son algunhas das actividades que os alumnos e José Fungueiriño (profesor e responsable da organización  desta iniciativa do Conservatorio Municipal) poderán disfrutar ata o xoves 21 de abril, día de regreso a Galicia. 

Por outra parte, o Conservatorio Profesional de Ribeira  tivo o pasado fin de semana do 9 e 10 de abril un novo encontro. Neste encontro púxose en marcha unha nova actividade que consiste en master class específicas para alumnos de 10 a 14 anos. A acollida desta iniciativa foi moi boa e ademais dos 16 estudantes de saxofón habituais de  todos os meses acudiron a esta nova actividade 10 alumnos novos de Ribeira, Cambados, Santiago e Moraña. Cómpre dicir que non se puido atender a tódalas peticións que houbo xa que non había tempo material para que o mestre Rodrigo Vila puidera impartir máis clases, pero vendo a boa aceptación no próximo encontro en maio volverase a poñer en marcha dita actividade.

A Aula contou tamén neste fin de semana coa visita do prestixioso profesor do Conservatorio Profesional de Música Amaniel de Madrid, Ángel Luis De La Rosa, o cal foi testemuña e así o afirmou, da pioneira e fantástica iniciativa do conservatorio de Ribeira e  do moi bo nivel que están amosando os alumnos que a ela asisten.

www.mallorcasaxophonefestival.com



 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: ABE e Concello procurarán unificar o aspecto das terrazas para beneficiar o turismo e a imaxe do pobo

Boiro, 15 de abril de 2011. O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, acompañado polo Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares, e o Concelleiro de Urbanismo, Xoán León, mantiveron unha xuntanza de traballo co Presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Carlos Rodríguez Muñiz, e outros representantes do sector da hostelería, a fin de avanzar na nova imaxe das terrazas dos locais hosteleiros do municipio, que son obxectivo dunha normativa dirixida á homoxeneizar a súa estética.

Logo da xuntanza, ofreceuse unha rolda de prensa na que se deu a coñecer un dos elementos principais desta nova imaxe, que son os borralleiros que os establecementos hosteleiros poderán solicitar para colocar no exterior dos locais, dado que desde a aplicación da nova lei non está permitido fumar no interior dos mesmos.  O modelo presentado é un caramuxo, feito con material de refugallo, “símbolo mariño que conta cunha espiral que semella a espiral do infinito; cada un é único baixo unha forma común”, manifestou o seu autor, o artista boirense Tucho Abalo.

Media_httpfarm5static_djafp

Borralleiros para praias, en Portugal. Pódese fumar na praia coa nova lei?

En canto ás terrazas, estase a traballar para definir un modelo de mampara que identifique ao locais de Boiro e que á súa vez cumpran tanto coa ordenanza municipal como coa lei antitabaco, “ e que sirva como punto de partida para lograr a homoxeneización do sector”, sinalou o presidente da patronal.

O Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, destacou o acerto na elección do artista, ao que felicitou, e tamén polo modelo de borralleiro.

Pechou o acto o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, quen igualmente resaltou o alto grado de colaboración entre o Concello e a ABE. Destacou a importancia de que esta obra de arte nacera de material de refugallo, xa que este “vai embelecer as nosas rúas”. Cómpre lembrar que Tucho Abalo tamén é o autor dunha obra de arte, feita con este tipo de material, que hai no paseo marítimo de Barraña.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: o Bng di que o goberno non responde sobre o futuro da diálise e o Psoe cre que terá que dar "marcha atrás neste intento"

Notas de Bng e Psoe (por rigorosa orde de chegada) sobre a privatización da diálise no Hospital da Barbanza:

O GOBERNO NON RESPONDE SOBRE O FUTURO DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA  

 

A Xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, negase a responder sobre o futuro do Hospital do Barbanza, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG, Ana Luísa Bouza 

Santiago de Compostela, 15  de abril de 2011. A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza formulou hoxe, na Comisión 5 celebrada no Parlamento galego, unha pregunta ao Goberno sobre as previsións de continuidade do servizo de diálise no Hospital do Barbanza.

Pola súa parte, a Xerente do SERGAS, Rocio Mosqueira,  en resposta á nacionalista,  non desmentiu a información aparecida nos medios de comunicación en  decembro do 2010 pola que a través dun  acordo entre a Consellaría de Sanidade e a Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo, esta Fundación sería encargada de prestar o  servizo de Hemodiálise  no Hospital do Barbanza, “en peores condicións, sen médico presencial e menos  enfermeiras e auxiliares” afirmou a parlamentaria do BNG.

Na súa intervención, Bouza asegurou que na actualidade, este servizo funciona tres días a semana, podendo mellorar a dotación para prestar un servizo máis adecuado á poboación que atende, “se houber intención política” pero a Consellaría de sanidade –dixo- caracterízase por utilizar “criterios economicistas”, fronte a unha prestación máis  adecuada.

As melloras ás que se referiu a deputada  pasaban pola contratación dun nefrólogo, dúas enfermeiras e un auxiliar para atender en mellores condicións aos 14 doentes que deben ser atendidos tres veces a semana en Santiago  e que cada vez  que acoden ao tratamento, deben facelo nunha ambulancia compartida que xunto  ao propio tratamento de diálise fan que perdan calidade de vida e demasiado tempo fora da casa.

Bouza fíxose eco das reivindicacións da cidadanía da comarca e dos propios profesionais que están a demandar a continuidade e ampliación deste servizo.

Neste sentido, a parlamentaria aludiu á manifestación celebrada onte en Ribeira para reclamar da Consellaría de Sanidade e do Goberno galego a ampliación do servizo de diálise  do Hospital do Barbanza para dar cobertura ás necesidades sanitarias dos pacientes dos distintos concellos desa comarca e que estas melloras se realicen con recursos públicos.


Psoe

O deputado socialista José Manuel Lage participou onte xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE do Barbanza na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza


O PSdeG-PSOE CREE QUE “O GOBERNO GALEGO TERÁ QUE DAR MARCHA ATRÁS NO INTENTO DE PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA”


LAGE TUÑAS: “A UNIDADE DE DIÁLISE DO BARBANZA PRECISA DUN NEFRÓLOGO/A PERMANENTE E DE MÁIS PERSOAL PARA QUE A CALIDADE ASISTENCIAL NON AFECTE AOS DOENTES, POR ISO PEDIMOS QUE SE AMPLÍE O SERVIZO PÚBLICO E QUE NON SE PRIVATICE”.


-OS SOCIALISTAS GALEGOS APOIARON Á PLATAFORMA DO BARBANZA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA MOBILIZACIÓN DE ONTE EN RIBEIRA


-“ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS. OS CIDADÁNS DO BARBANZA SON CIDADÁNS DE PRIMEIRA E NON QUEREN SER CIDADÁNS DE SEGUNDA”

Ribeira, 15 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou onte na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e fixoo xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE dos concellos da comarca.


Lage Tuñas entende que “o goberno galego terá que dar marcha atrás no intento de privatización do servizo de diálise do Hospital do Barbanza”.


Os socialistas galegos xa levan presentadas 33 iniciativas parlamentarias para defender os servizos públicos do hospital do Barbanza.

José Manuel Lage afirma despois da mobilización social de onte que “hai unha gran sensibilidade social coa protección do dereito á sanidade e co servizo público sanitario”.

Lage Tuñas recorda que “a unidade de diálise precisa dun nefrólogo/a permanente e de máis persoal para que a calidade asistencial non afecte aos doentes, por iso pedimos que se amplíe o servizo público e que non se privatice”.

Engadiu que “no caso de que o goberno galego levara adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do Barbanza sin un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao CHUAC na coruña ou ao CHUS en Santiago, e polo tanto suporía unha merma na calidade asistencial que reciben os doentes”.

O deputado socialista recordou hoxe que “o PP pode estar ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.”.

O deputado socialista José Manuel Lage manifestou tamén o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”

“Queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”, asegurou.


O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.

A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administración pública.”

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: as oficinas de turismo, abertas xa por Semana Santa, ata o domingo 24 de abril inclusive

Media_httpfarm3static_btsaf

Ribeira, 15 de abril de 2011. A Concellería de Xuventude e Turismo informa de que dende hoxe están abertas as oficinas de información ao turismo radicadas en Xarás e no paseo de Malecón de Santa Uxía con motivo da Semana Santa.  

Aos visitantes proporcionaráselles abundante documentación sobre os recursos turísticos da zona, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. A apertura destes puntos de información prolongarase durante todos os días da semana ata o domingo 24 de abril, inclusive. 

Media_httpfarm5static_nbyvd

Tamén estará aberto o Centro de Interpretación de San Roque sito no Parque Periurbano do mesmo nome. O seu horario é de 9.30 a 13.30 e de 16 a 19 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: programación do San Marcos, do 23 ao 25 de abril


SAN MARCOS 2011 

Sábado, 23 de abril 

8:00  Bombas de palenque

8:30  IVCONCURSO DE PINTURA O AIRE LIBRE José Fernández Leiceaga "Sesé" (Bases aquí)

10:00  Dianas e alboradas a cargo do grupo música tradicional Airiños do Mar

12:00 a 15:00  MERCADO DA ARTE no claustro do Concello

17:00 a 20:00  Actividades para cativos na alameda

17:00 a 21:00  MERCADO DA ARTE no claustro do Concello

18:00  Fallo do IV CONCURSO DE PINTURA O AIRE LIBRE José Fernández Leiceaga "Sese"

21:00  FEIRA DE ABRIL na carpa sita na rúa Xuiz Falcone a cargo da Escola de Danzas Noela da Asociación das Amas de Casa de Noia

22:00  Verbena a cargo das orquestras COSTA OESTE  e  ALKAR

23:30  Concerto na praza do Tapal de

Os melloriños de cada casa (banda tributo a Herdeiros da Crus)

+

DI ELAS 

Domingo, 24 de abril 

8:00  Bombas de palenque

10:00  Dianas e alboradas a cargo da Banda de Música municipal de Noia

11:00 A 14:00  Actividades para cativos na Alameda

13:00  Concerto da Banda de Música municipal na alameda

16:00 a 18:00  Actividades para cativos na alameda

17:30 a 19:30  Escola Infantil de Monta de Ponis (actividade gratuita) na explanada do campo de fútbol municipal en San Lázaro

18:30 a 19:30  Espectáculo ecuestre de doma de Alta Escola DUENDE ECUESTRE a cargo da finca El Rebollido de Burgos acompañada pola Asociación Galega de Doma e o seu número de doma de habilidade

19:30  No patio do IES Campo de San Alberto actuación de CANTAJUEGOS

21:00  FEIRA DE ABRIL na carpa sita na rúa Xuiz Falcone a cargo da Escola de Danzas Noela da Asociación das Amas de Casa

22:00  Verbena a cargo das orquestras SINTONÍA DE VIGO e SALSA ROSA

22:00  Animación rúa a cargo do bloco de percusión TRÓPICO DE GRELOS 

Luns, 25 de abril  

8:00  Bombas de palenque

10:00  Dianas e alboradas a cargo da Banda de Música municipal


10:00  Feira cabalar e de maquinaría agrícola na explanada do campo de fútbol municipal en San Lázaro

11:00 a 14:00  Escola Infantil de Monta de Ponis (actividade gratuita) na explanada do campo de fútbol municipal en San Lázaro

11:00 A 14:00  Actividades para cativos na Alameda

13:00  Concerto da Banda de Música municipal na alameda

17:00 a 20:00  Actividades para cativos na alameda

19:30  Partido de fútbol dos veteranos do R.C. Deportivo de A Coruña contra o Noia F.C. no campo de fútbol municipal de San Lázaro

20:00 ÚNICO, espectáculo ecuestre no Paseo Marítimo.

22:00  Verbena a cargo das orquestras  PARÍS DE NOIA e PANAMA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical