15.4.11

Sanidade: o Bng di que o goberno non responde sobre o futuro da diálise e o Psoe cre que terá que dar "marcha atrás neste intento"

Notas de Bng e Psoe (por rigorosa orde de chegada) sobre a privatización da diálise no Hospital da Barbanza:

O GOBERNO NON RESPONDE SOBRE O FUTURO DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA  

 

A Xerente do SERGAS, Rocío Mosquera, negase a responder sobre o futuro do Hospital do Barbanza, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada do BNG, Ana Luísa Bouza 

Santiago de Compostela, 15  de abril de 2011. A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza formulou hoxe, na Comisión 5 celebrada no Parlamento galego, unha pregunta ao Goberno sobre as previsións de continuidade do servizo de diálise no Hospital do Barbanza.

Pola súa parte, a Xerente do SERGAS, Rocio Mosqueira,  en resposta á nacionalista,  non desmentiu a información aparecida nos medios de comunicación en  decembro do 2010 pola que a través dun  acordo entre a Consellaría de Sanidade e a Fundación Renal Iñigo Álvarez de Toledo, esta Fundación sería encargada de prestar o  servizo de Hemodiálise  no Hospital do Barbanza, “en peores condicións, sen médico presencial e menos  enfermeiras e auxiliares” afirmou a parlamentaria do BNG.

Na súa intervención, Bouza asegurou que na actualidade, este servizo funciona tres días a semana, podendo mellorar a dotación para prestar un servizo máis adecuado á poboación que atende, “se houber intención política” pero a Consellaría de sanidade –dixo- caracterízase por utilizar “criterios economicistas”, fronte a unha prestación máis  adecuada.

As melloras ás que se referiu a deputada  pasaban pola contratación dun nefrólogo, dúas enfermeiras e un auxiliar para atender en mellores condicións aos 14 doentes que deben ser atendidos tres veces a semana en Santiago  e que cada vez  que acoden ao tratamento, deben facelo nunha ambulancia compartida que xunto  ao propio tratamento de diálise fan que perdan calidade de vida e demasiado tempo fora da casa.

Bouza fíxose eco das reivindicacións da cidadanía da comarca e dos propios profesionais que están a demandar a continuidade e ampliación deste servizo.

Neste sentido, a parlamentaria aludiu á manifestación celebrada onte en Ribeira para reclamar da Consellaría de Sanidade e do Goberno galego a ampliación do servizo de diálise  do Hospital do Barbanza para dar cobertura ás necesidades sanitarias dos pacientes dos distintos concellos desa comarca e que estas melloras se realicen con recursos públicos.


Psoe

O deputado socialista José Manuel Lage participou onte xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE do Barbanza na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza


O PSdeG-PSOE CREE QUE “O GOBERNO GALEGO TERÁ QUE DAR MARCHA ATRÁS NO INTENTO DE PRIVATIZACIÓN DO SERVIZO DE DIÁLISE DO HOSPITAL DO BARBANZA”


LAGE TUÑAS: “A UNIDADE DE DIÁLISE DO BARBANZA PRECISA DUN NEFRÓLOGO/A PERMANENTE E DE MÁIS PERSOAL PARA QUE A CALIDADE ASISTENCIAL NON AFECTE AOS DOENTES, POR ISO PEDIMOS QUE SE AMPLÍE O SERVIZO PÚBLICO E QUE NON SE PRIVATICE”.


-OS SOCIALISTAS GALEGOS APOIARON Á PLATAFORMA DO BARBANZA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA NA MOBILIZACIÓN DE ONTE EN RIBEIRA


-“ O PP ESTÁ ENSAIANDO NO HOSPITAL DO BARBANZA A PRIVATIZACIÓN E EXTERNALIZACIÓN DOS SERVIZOS DOS HOSPITAIS COMARCAIS. OS CIDADÁNS DO BARBANZA SON CIDADÁNS DE PRIMEIRA E NON QUEREN SER CIDADÁNS DE SEGUNDA”

Ribeira, 15 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou onte na manifestación convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza e fixoo xunto a unha ampla representación do PSdeG-PSOE dos concellos da comarca.


Lage Tuñas entende que “o goberno galego terá que dar marcha atrás no intento de privatización do servizo de diálise do Hospital do Barbanza”.


Os socialistas galegos xa levan presentadas 33 iniciativas parlamentarias para defender os servizos públicos do hospital do Barbanza.

José Manuel Lage afirma despois da mobilización social de onte que “hai unha gran sensibilidade social coa protección do dereito á sanidade e co servizo público sanitario”.

Lage Tuñas recorda que “a unidade de diálise precisa dun nefrólogo/a permanente e de máis persoal para que a calidade asistencial non afecte aos doentes, por iso pedimos que se amplíe o servizo público e que non se privatice”.

Engadiu que “no caso de que o goberno galego levara adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do Barbanza sin un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao CHUAC na coruña ou ao CHUS en Santiago, e polo tanto suporía unha merma na calidade asistencial que reciben os doentes”.

O deputado socialista recordou hoxe que “o PP pode estar ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.”.

O deputado socialista José Manuel Lage manifestou tamén o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”

“Queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”, asegurou.


O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.

A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administración pública.”

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical