Logo da xuntanza, ofreceuse unha rolda de prensa na que se deu a coñecer un dos elementos principais desta nova imaxe, que son os borralleiros que os establecementos hosteleiros poderán solicitar para colocar no exterior dos locais, dado que desde a aplicación da nova lei non está permitido fumar no interior dos mesmos. O modelo presentado é un caramuxo, feito con material de refugallo, “símbolo mariño que conta cunha espiral que semella a espiral do infinito; cada un é único baixo unha forma común”, manifestou o seu autor, o artista boirense Tucho Abalo.
Borralleiros para praias, en Portugal. Pódese fumar na praia coa nova lei?
En canto ás terrazas, estase a traballar para definir un modelo de mampara que identifique ao locais de Boiro e que á súa vez cumpran tanto coa ordenanza municipal como coa lei antitabaco, “ e que sirva como punto de partida para lograr a homoxeneización do sector”, sinalou o presidente da patronal.
O Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, destacou o acerto na elección do artista, ao que felicitou, e tamén polo modelo de borralleiro.
Pechou o acto o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, quen igualmente resaltou o alto grado de colaboración entre o Concello e a ABE. Destacou a importancia de que esta obra de arte nacera de material de refugallo, xa que este “vai embelecer as nosas rúas”. Cómpre lembrar que Tucho Abalo tamén é o autor dunha obra de arte, feita con este tipo de material, que hai no paseo marítimo de Barraña.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario