9.2.10

Dodro participa con Rois e Padrón na organización do premio de pintura "Terras de Iria"


Oito mil euros para o primeiro premio

www.premioterrasdeiria.com
Teléfono da Coordinadora do certame: +34 981 142674 / +34 687 139139
email: info@premioterrasdeiria.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: bases do IX Certame literario de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos". Prazo de entrega ata o 28 de maio de 2010

Monumento a Avilés de Taramancos en Lousame

1.- Poderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas  as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras

2.- A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen  sinatura e cun lema, utilizando o sistema de plica.

3.- O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 4.- Os traballos serán remitidos a: 


Concello de Noia

Rosalía de Castro, 2

15200 Noia (A Coruña)

 

5.- Estabelécese un único premio de 3000 €, ademáis dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo.Concello de Noia. O importe de premio estará  suxeito á lexislación fiscal vixente.

Alfonso Costa, artista de Noia

 

6.- O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, e para interpretar as bases. Estará composto por persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas e emitirá públicamente o seu veredicto o día 28 de maio de 2010.

 

7.- Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.

Busto de Antón Avilés en Noia, ao pé do Concello

 

8.- O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación das devanditas bases.

 

Noia,  27  de  xaneiro 2010 

 

O Concelleiro de Cultura

 

Asdo.: José Manuel González Canabal

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: convocado premio de curtametraxes sobre Rosalía de Castro

Rianxo: consideran necesaria unha segunda escola infantil ante unha lista de agarda de máis de trinta nen@s


Fronte da escola infantil rianxeira (antes denominada galescola)

Os nacionalistas de Rianxo din que "a lista de agarda de máis de trinta crianzas sen atender na Escola Infantil de Rianxo avala a necesidade da creación dun segunda. Esta moción do BNG pretende demandar a segunda galescola en Rianxo e apunta a terreos no parque empresarial como unha posíbel ubicación pola cercanía a Taragoña e o Araño e a acessibilidade á autovía".


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical