1.2.12

Muros: presentan o libro "A praza é nosa", sobre o 15M en Galicia, este sábado 4

Media_httpfarm6static_qgced

O acto terá lugar no Museo do Mar

Muros, 1 de febreiro de 2012. A presentación do libro "A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?" terá lugar este sábado 4 de febreiro no Museo do Mar (antiga fábrica de Sel) ás 17.30 h. Intervirán Antón Lado (editor), Carlos Neira (autor), Manolo M. Barreiro e Xaime Subiela.


Muros: quentan en febreiro para o Castelo Rock (QPC)




cartaz_a_praza_e.pdf Download this file

folla_novidades_prensa_02.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: inauguran, sen ser campaña electoral, a pista multideportiva "Irmáns Parada Alvite"

Ribeira, 1 de febreiro de 2012.- A nova Pista Multideportiva situada no barrio ribeirense de Abesadas, na parte traseira da Casa da Xuventude, xa leva a denominación oficial de ‘Irmáns Parada Alvite (Suso I e Suco II)’ en homenaxe aos lexendarios futbolistas ribeirenses Andrés e José Manuel, o primeiro dos cales chegou a militar nas filas do Barcelona (e mesmo gañou na tempada 1959/60 a última liga conquistada polo equipo catalán antes da chegada de Cruyff), mentres que o segundo militou durante dez tempadas no Celta de Vigo e participou no histórico debut dun equipo galego en Europa (partido Celta-Aberdeen, na Copa da UEFA 1971/1972). 

Os irmáns Parada Alvite, protagonistas, tomaron parte activa na inauguración da pista nun acto que contou tamén coa participación do alcalde, Manuel Ruiz Rivas; o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga; o mítico xogador Fran González Pérez (o seu irmán José Ramón finalmente non puido acudir), e o vicepresidente da peña celtista local ‘Xosé Manuel Alvelo’, Antonio Arca, quen tomou a palabra para resaltar a traxectoria deportiva de Suco I e Suco II. 

Manuel Ruiz proclamou a satisfacción de poder inaugurar esta instalación, que vai servir “para que moitos rapaces do municipio teñan un lugar onde facer deporte e practicar vida san”. Asemade, salientou que “era de xustiza que lle fixésemos esta homenaxe que lle debíamos todos a estes dous fillos importantes de Ribeira como foron os irmáns Parada Alvite, dos que non imos esquecer nunca o que fixeron por nós”, declarou. 

Ruiz Rivas anunciou a vontade do Executivo de poder inaugurar no futuro moitas outras pistas e manifestou que, cando chegue o momento, tamén serán homenaxeados outros futbolistas ribeirenses ilustres, como son Fran e José Ramón. 

Despois da quenda de intervencións chegaría o turno de descubrir un panel no que se recolle a traxectoria dos irmáns Parada Alvite e acto seguido disputaríase un partido de fútbol 7 en categoría entre os equipos prebenxamín do Sálvora CF e o Atlético Riveira.  

Características

Cunhas dimensións de 14x28 metros, a pista ten un pavimento de céspede sintético de alta durabilidade, cun peche de aceiro galvanizado e madeira tratada para soportar as inclemencias meteorolóxicas.  

A instalación, de acceso libre, é apta para practicar deportes como o fútbol, o baloncesto, o balonmán, o voleibol e, por regra xeral, todos aqueles que non danen a superficie. 

Traxectorias

Andrés Parada Alvite, Suco I, foi un dos mellores extremos que dou o fútbol galego. Saído da canteira do Atlético Riveira, foi fichado polo Racing de Ferrol e as súas brillantes actuacións o levaron con 20 anos ás filas do FC Barcelona, onde xogaría dúas tempadas. Posteriormente militou no Racing de Santander e Valencia CF, para acabar a súa carreira no Deportivo da Coruña. Nos seus equipos compartiu vestiarios con  outros mitos galegos como o bota de ouro Luis Suárez e Marcelino, o autor do famoso gol na final da Copa de Europa de Seleccións de 1964. 

José Manuel Parada Alvite, Suco II, defendeu durante dez tempadas as cores do Real Club Celta, chegando a ser seleccionado coa Selección B Española e disputando co conxunto celeste o histórico partido de Aberdeen, debut dun equipo galego na copa da UEFA.  Defendeu tamén a camiseta do Racing de Ferrol, Pontevedra e Atlético Riveira. Na súa etapa xuvenil participou no mundial celebrado no ano 1962 en Romanía, converténdose no primeiro deportista internacional nado en Ribeira.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: Distribunosa Xadrez Rianxo vivió una tercera jornada de liga equilibrada

Nstor_martinez_distribunosa_de

Resultados de la Tercera jornada de la liga gallega de ajedrez 2012

(Primera División Gallega grupo B)
Victoria del Distribunosa Xadrez Rianxo que obtiene 3 puntos en el desplazamiento a Cambados.

Club Ajedrez Albariño “A” (1 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (3 ptos)
Carlos Otero Chaves 0-1 Manuel Ángel Abuín Boullón
Alfredo González Vázquez 0-1 Enrique Soutullo Figueroa
Carlos Diz Suarez 0.5-0.5 Alberto Hevia Sieira
Alejandro Prado García 0.5-0.5 Daniel Martínez Dourado

La próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” recibe al Mercantil de Ribeira “A”.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)
Enfrentamiento entre dos equipos del club, el Distribunosa “C” y el Escola Xadrez Rianxo que finalizó en empate.
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (1.5 ptos) VS Escola USC (2.5 ptos)
Néstor Martínez 0.5-0.5 Ramón Fernádez
Rogelio Ferrol 1-0 Pedro Vieites
J. Méndez Rial 0-1 Martín Pena
J. Méndez Somoza 0-1 Manuel Corral

“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (2 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (2 ptos)
Vicente Cores 1-0 Álvaro González
José Cores 0.5-0.5 Marcos Bravo
Nuria Domínguez 0-1 Alejandro Penas
Luis Cernadas 0.5-0.5 Javier Moares

La Próxima jornada el Escola Xadrez Rianxo y el Distribunosa Xadrez Rianxo “C” Viajan a Santiago para enfrentarse al Gallaecia Stellae y al Escola USC respectivamente. El Distribunosa Xadrez Rianxo “B” viaja a Boiro para enfrentarse al Hostal Miramar.

Resumen:
Club Ajedrez Albariño “A” (1 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (3 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (1.5 ptos) VS Escola USC (2.5 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (2 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (2 ptos)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación semestral da Casa da Xuventude

Casa_da_xuventude

  • O uso do edificio está ao dispor das asociacións e colectivos de carácter xuvenil que o soliciten
  • Entre outros obradoiros, haberáos para aprender a facer grafittis e break-dance


Ribeira, 1 de febreiro de 2012.- A concelleira de Xuventude, Aroa Fernández Cadórniga, deu conta no día de hoxe da programación de actividades prevista para o presente semestre na Casa da Xuventude, a cal semella que por fin comezará a funcionar e non será outro inmoble sen sentido pagado con cartos públicos. 

Despois de arranxar as deficiencias rexistradas na instalación, provocadas en gran parte por actos destrutivos (cambiar pechaduras, pintar paredes, limpar patios, adecuar a entrada principal, mellorar a conexión eléctrica e de rede informática, reparar a caldeira... e a vindeira semana instalarase unha tarima de madeira no andar superior), todo está preparado para activar a pleno rendemento o uso deste inmoble. 

Así, para o máximo aproveitamento do edificio, estase a dotar ao mesmo con televisión, dvd, vídeoconsolas (PlayStation e Wii), ordenadores con conexión libre e gratuíta a internet e xogos de mesa. A edil avanzou que se está en conversas coa bibliotecaria e co arquiveiro municipal para instalar na Casa da Xuventude unha biblioteca xuvenil e non hai que esquecer o uso que se lle pode dar á Pista Multideporte que se inaugurou hoxe detrás do inmoble. 

Ademais, Fernández Cadórniga, que estivo acompañada do técnico Mario Vidal, enumerou os cursos e obradoiros que se van realizar estes próximos meses, sobre os que máis adiante se subministrará información detallada: 

  • Curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre: Dará comezo o 18 de febreiro e rematará o 9 de xuño.O curso que consta de 200 horas lectivas, abarca as seguintes áreas docentes: Área de Psicosocioloxía, Lexislación, Área de Animación e Xogos, Área de Saúde, Técnicas de Acampada e Área de educación Ambiental e Natureza. Constará de 200 horas lectivas durante os sábados e algún domingo ou festivo (Febreiro: 18, 25, Marzo: 3, 4, 10, 17, 24, 31, Abril: 1, 14, 21, 28, 29, Maio: 5, 12, 19, 20, 26 e Xuño: 2, 9). Máximo de 25 alumnos por curso. O curso ten un custe de 260 €.
  • Curso de Iniciación  á Orientación Deportiva. Terá unha duración de 8 xornadas repartidas nos fins de semana dos meses de Febreiro e Marzo de 2012. Dividirase en tres bloques: formación teórica (4 días), formación práctica (2 días) e competición (2 días). A parte teórica será a que se faga na Casa da Xuventude e consistirá en aprenderlles aos alumnos as técnicas de cartografía e orientación necesarias para a práctica deste deporte.
  • Curso de Socorrista Acuático Profesional en Espazos Acuáticos Naturais e Instalacións Acuáticas: O Curso desenvolverase durante fins de semana en datas pendentes de confirmar. Corre a cargo do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo (GIAAS)
  • Obradoiros de formación en temas afectivo-sexuais. Para subministrar información e asesoramento sobre esta temática. Depende da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
  • Escola Municipal de Breakdance. O obxectivo que se persegue é achegar esta disciplina ao colectivo xuvenil e promover os beneficios que leva a súa práctica habitual. Vai dirixido a rapazas e rapaces maiores de 12 anos. Está programado para os meses de marzo, abril e maio. Imparte a Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola de Noia.
  • Curso de Grafiti.
  • Obradoiro de cociña económica para a mocidade.

Outras accións adiantadas pola concelleira de Xuventude e Igualdade son unha charla sobre o Voluntariado Europeo a cargo da Fundación Paideia (na que se explicará en que consiste o Voluntariado Europeo: un programa que permite aos mozos de entre 18 e 30 anos vivir unha experiencia internacional desenvolvendo tarefas de voluntariado en diferentes proxectos en países europeos), a celebración dunha charla obradoiro sobre Como Facer un Intercambio Xuvenil (que proxectos se poden presentar, onde se presentan, requisitos dos mozos e mozas que queiran participar, axudas que concede Europa...), a celebración dun Encontro Comarcal de Asociacións Xuvenís (sobre ocio educativo na mocidade), así como a posta en marcha dun Ciclo de Charlas e Mesas Redondas de frecuencia mensual nas que se tratarán diversos temas de interese xuvenil como o emprego, a emancipación xuvenil, o asociacionismo, ocio e tempo libre, a solidariedade,... 

Cesión  á Fundación Camiña Social

Outra novidade desvelada pola edil é que se acaba de aprobar a cesión dun espazo da Casa da Xuventude a favor da Fundación Camiña Social para que esta entidade poida entrevistarse con mozos e familiares a cargo sometidos á xurisdicción penal de menores (o CIEMA –ente dependente da Fundación citada- é o organismo ao que lle corresponde a execución de medidas xudiciais de medio aberto na provincia coruñesa impostas polos Xulgados de Menores). Empregarán un local da Casa un día por semana. 

Doutra banda, o Club O Pósito de Xadrez de Ribeira está levando a cabo a súa participación na Primeira División de Xadrez nas instalacións da Casa.

Asociacións e grupos musicais

Aroa Fernández incidiu en que o uso da Casa da Xuventude entre as asociacións xuvenís é unha prioridade para o Concello e que todas aquelas que queiran solicitar locais para as súas reunións teñen que facelo por escrito con antelación suficiente e se lles concederá un local sempre que non estea ocupado. Algunhas entidades, como Sálvora (Riveira Trek-Aventura), Abril ou o Club de Xadrez, xa empregaron esta posibilidade. 

Por outra parte, tamén se pretende fomentar o uso do edificio polos grupos de música locais como un lugar para albergar concertos, sempre de xeito respectuoso coa veciñanza (como punto de partida organizarase un concerto por mes). 

A día de hoxe a Casa da Xuventude está aberta de luns a venres de 8 a 14 horas e de luns a xoves de 16.30 a 20.30 horas. As fins de semana están ocupadas con curso de formación.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: organizan exposición e mesa redonda o mércores 8 sobre os oficios do mar ao longo do tempo

Boiro_o_faiado

Boiro, 1 de febreiro de 2012. Na asociación O Faiado 2 non paran de difundir a cultura galega, sexa do tipo que sexa. Desta volta tócalle á cultura marítima. O vindeiro mércores, 8 de febreiro, terá lugar unha mesa redonda sobre os oficios do mar ao longo do tempo e a continuación procederase a inaugurar unha exposición con este interesante asunto.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o venres 3 presentan un libro sobre o Cabo Corrubedo na casa do mar desta parroquia

Media_httpfarm3static_sadeg

Ribeira, 1 de febreiro de 2012.- A Casa do Mar de Corrubedo vai ser escenario este venres 3 de febreiro, ás 20 horas, do acto de presentación do libro “Santa María del Cabo de Corrubedo (coto del mismo nombre)”, escrito por Francisco Sánchez Fraga e publicado pola Deputación Provincial da Coruña. 

Neste acto de presentación estarán presentes Santiago Freire en representación da Deputación, o alcalde de Ribeira (e tamén deputado provincial) Manuel Ruiz Rivas e o senador José Luis Torres Colomer. 

Francisco Sánchez Fraga é un profesional na reserva do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil. O autor serviuse de boa parte das súas experiencias como mergullador para relatar cronoloxicamente a profusa sucesión de naufraxios acontecidos nas proximidades do cabo ao longo da súa historia, un aspecto que ocupa un amplo capítulo da publicación. 

Pero a obra incide tamén noutros moitos aspectos ligados a Corrubedo, como o seu patrimonio arquitectónico, as súas lendas, a súa riqueza natural ou a vida cotiá dos habitantes do pobo. 

A elaboración do libro, amplamente documentado e ilustrado cun grande número de fotografías, contou coa colaboración do veciño da parroquia Fernando Vilariño.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical