O PSdeG-Psoe acusa ao PP de utilizar a Xunta contra os intereses do pobo de Noia e reitera que a limpeza da Ría "non ten volta atrás"Noia, 13 de maio de 2011. O episodio protagonizado onte pola Xunta de Galicia ao intentar paralizar as obras de rexeneración da Ría coa escusa de que determinadas pás estaban a actuar nunha zona LIC xa está no Parlamento en forma de iniciativa. Os impulsores, como non ía ser doutro xeito, son os socialistas, principais promotores desta actuación que no seu día levou o PP no programa electoral e que agora trata de impedir de calquera xeito, co apoio explícito do Bng. O deputado socialista Lage Tuñas asegurou hoxe que o PP "traizoa os intereses do pobo de Noia ao intentar paralizar a limpeza e rexeneración da Ría" e que esta limpeza foi pensada e estudada con modelos simulados por ordenador "para incrementar en 1.500 mariscadores as zonas produtivas de berberecho e ameixa, potenciar o turismo local e comarcal e facer de Noia unha vila de referencia en toda Galicia. O Pp actúa en contra dos intereses da maioría do pobo de Noia". O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE presentou esta mañá unha batería de iniciativas parlamentarias co obxecto de pedir explicacións ao goberno galego “pola utilización da Xunta de Galicia para intentar frear a limpeza e rexeneración da ría de Noia”. Recorda que “dende fai máis de trinta anos agárdase por unha actuación das administraccións públicas que devolva ao esteiro noiés ao seu estado natural, coa conseguinte elimación de lama e a demolición da canle da escolleira.” A Xunta: Derrubos SLLage Tuñas afirma que "o PP na Xunta facer non fai nada, pero distínguese por intentar desfacer o traballo doutras administraccións. Feijóo convertiu a Xunta de Galicia en Derrubos, SL, onde a prioridade é desfacer todo o que facemos os socialistas”. Apunta que “en Noia tiveron moitos anos para limpar e sanear a ría, e agora cando o PSdeG-PSOE, a través do goberno de España, xestiona a limpeza e rexeneración da ría o PP adica os seus esforzos a poñer trabas e atrancos a este proxecto tan esperado polo pobo de Noia". José Manuel Lage recordaba que foi a propia Xunta de Galicia a que fai uns días nunha xuntanza con Costas do Estado e coa empresa pública Tragsa, pediulles que empregaran a zona de Testal, “e agora ameazan á empresa con multala só co ánimo de intentar frear a actuación”. "A vontade do goberno de España é limpar e rexenerar a ría, boa proba de que as obras continuan é que hoxe mesmo ao igual que onte as pás están traballando na zona de San Lázaro", continuou Lage, quen explica tamén que “a declaración de impacto ambiental está aprobada, amparando legalmente a execución do proxecto en marcha e polo que parece o PP dende a Xunta intenta poñer problemas e enredar, xa que non teñen capacidade para impedir a actuación” Os socialistas recordan que ”o goberno de España invertirá nesta actuación unha partida inicial de 2,7 millóns de euros para a primeira fase da limpeza da ría de Noia, coa demolición da escollera e a volta ao estado natural do esteiro”. Lage Tuñas afirmou que “o PP di que a demolición da escollera pode ser negativa, e eu pregúntome para quen é negativa, para as noiesas e noieses non, para máis de 1500 persoas que traballan no marisqueo tampouco. No ano 2007 o programa electoral de Tono Insua e o PP de Noia recollía a demolición da escollera e a limpeza da ría, agora din xusto o contrario.” Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia