2.2.10

Mar: deteñen a unha persoa e incautan marisco e apeiros nunha operación contra o furtivismo en Rianxo, Cabo de Cruz e Pobra do Caramiñal

Os axentes de Gardacostas, da Consellería do Mar, realizaron este operativo en colaboración coa Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) e os vixiantes das confrarías de Rianxo, Cabo de Cruz e a Pobra

Boiro, 2 de febreiro de 2010.- Axentes do Servicio de Gardacostas lideraron esta mañá un operativo contra o furtivismo en Rianxo,Cabo de Cruz e a Pobra do Caramiñal coa colaboración da Unidade de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia (UPA) e os vixiantes das confrarías da zona. Este operativo saldouse con 30 persoas identificadas, unha persoa detida e coa incautación de 24 útiles e o comiso de 175 quilos de diferentes especies.

Nesta operación contra o furtivismo interviron axentes de Gardacostas coa patrulleira IP 700 Paio Gómez Chariño, unha auxiliar desta embarcación e dúas auxiliares máis da patrulleira Irmáns García Nodal. Tamén participaron axentes da UPA e vixiantes das confrarías de Rianxo, Cabo de Cruz e a Pobra do Caramiñal.


A operación saldouse con 30 persoas identificadas, unha persoa detida por resistencia á autoridade e coa incautación de 4 rastrillos, 9 caldeiros, 2 rastros, 5 sachos, 1 forquita, 2 raños e un traxe de neopreno. Ademais os axentes de Gardacostas comisaron 92 quilos de ameixa, 78 quilos de longueirón e 5 quilos de mexillón de roca e levantaron 15 actas de infracción.



 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Humor: Hitler cabreadísimo polo ditoso Ipad

Turismo: unha web promociona Dodro, Rianxo, A Pobra e Ribeira como "etapa del camino extremo de la Ría de Arosa"

Encaminate.com, outra web para divulgar o Camiño de Santiago, pon un ramal ata Ribeira (que unhas veces vai co v e outro co b) e denomínao "etapa del extremo de la Ría de Arosa". Arousa é o nome correcto na toponimia oficial. Non entendemos que logo poñan correctamente Vilanova de Arousa... Serán cousas do Camiño!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical