27.10.12

Noia: acordan expropiar unha finca para abrir a rúa Pintor Xenaro Carrero

  • Case 80.000 euros para poder conectar esta rúa coa do Pintor Francisco Creo nun barrio que medrou moito nas últimas décadas

Noia, 27 de outubro de 2012. O Pleno do Concello de Noia, celebrado na noite de onte, vén de aprobar por unanimidade o proxecto de expropiación dos terreos destinados á apertura da rúa Pintor Xenaro Carrero no seu encontro coa rúa Pintor Francisco Creo, solicitando ao mesmo tempo á Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación do ámbito afectado pola citada expropiación. 

Trátase de ocupar unha superficie de 470 metros cadrados, destinados á prolongación da rúa Pintor Xenaro Carrero, ata o seu encontro coa rúa Pedra Sartaña. O barrio de Labarta é  froito da ordenación urbanística nada coas Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal aprobadas de xeito definitivo no mes de novembro de 1990, e que entraron  en vigor a mediados de xaneiro de 1991. A edificabilidade recoñecida ao citado barrio está, a día de hoxe, practicamente esgotada, atopándose censados no mesmo un total 1.243 veciños e veciñas, o que supón o 8,36 % da poboación total de Noia.

Unha realidade conxelada en 1974 e planeada dende 1991

A pesar do tempo transcorrido, os accesos á  citada barriada séguense facendo polos itinerarios herdados da realidade do momento, así como por unha das rúas contempladas no seu día polo PXOU de 1974; cuestión esta que choca de xeito frontal co alto número de veciños e veciñas residentes na zona, así como pola instalación de numerosos establecementos comerciais (de hostalaría e empresas prestadoras de servizos varios), situados no barrio.

A natureza do ben afectado polo expediente de expropiación  é o de parcela destinada a xardín de vivenda unifamiliar, así  como un peche de mampostería e outro de bloques de formigón prefabricado, existindo ademais diversa vexetación.

A valoración é a seguinte: valor do solo, 60.550,10 euros; valor por construcións, 4.156,80 euros; valor por plantacións 8.549,00 euros; arroxando a valoración a cantidade de 73.255,90 euros ao que hai que sumarlle o 5% pola prima de afección tal como determina a Lei de Expropiación Forzosa, facendo un total final de 76.918,70 euros.

Aclara o concelleiro de Urbanismo, Bieito González, que se entende por expropiación urbanística "aquela que se aplica para a execución do planeamento urbanísitico en vigor; a que se utiliza para a consecución de calquera dos obxetivos previstos na figura de planemento da que se trate (apertura da rúa contemplada nas NN.SS. de planeamento municipal de 1991)".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical