11.11.11

Noia: Barbantia presenta o Anuario de Estudos do Barbanza 2011 e entrega os seus premios o sábado 26 de novembro

Media_httpfarm7static_cdcfd

Barbantia entregará tamén os seus premios "Sereos" en varias categorías

Noia, 11 de novembro de 2011. A Asociación Cultural Barbantia vén de anunciar que, co gallo da saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do Anuario de Estudos do Barbanza, convida a todo o mundo a un acto que terá lugar o sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia, e no que estarán presentes o coordinador do anuario, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Javier Rodríguez; e mais o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.

Ao remate da presentación do volume, que recolle as actas da VI Semana da Historia (”Homenaxe a Xosé Agrelo Hermo”), entregaranse os PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2011.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: convocado o I Concurso de Pasteis, Doces e Biscoitos do Concello

Dodro_concurso_pasteis

Dodro, 11 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade convocar o primeiro concurso de pasteis, doces e biscoitos entre todos os veciños co gallo das festas do Nadal no Concello co fin de promover ocasións para celebrar a vida municipal.

O concurso terá lugar o 5 de xaneiro do vindeiro ano 2012 e está aberto á partiicipación de todos os veciños do Concello. As normas son moi sinxelas:

  1. Antes do día 4 de xaneiro deberá comunicalo no teléfono 981 80 24 66
  2. Entregarán os pasteis, doces e biscoitos o día 5 de xaneiro na Praza do Concello entre as 17:00h e as 19:00h co nome do participante nun sobre pechado
  3. Haberá premios para os 3 mellor valorados

Antes, en Certo:


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario


Información: sobre violencia de xénero a todas as maiores de 16

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: trasladaránn os locais dos sindicatos ás antigas oficinas de Servizos Sociais

  • O Concello pretende que os servizos de extensión agraria ocupen as antigas instalacións da Garda Civil no Malecón
  • Co traslado dos sindicatos, queda vía libre á construción do novo mercado municipal, a obra máis cara do plan Ribeira Atlántica 2015 que conta con fondos da UE

Media_httpfarm7static_toybd

Ribeira, 11 de novembro de 2011.- Tras as oportunas negociacións, o Concello vén de chegar a un acordo cos tres sindicatos situados na praza de abastos e resolver o seu traslado, o que practicamente da vía libre á construción do novo mercado municipal, a máis cuantiosa das obras adscritas ao plan Ribeira Atlántica 2015.

Así, froito das negociacións realizadas, CCOO  e UGT irán destinados ás antigas dependencias que tiñan os Servizos Sociais na rúa Correos, mentres que a CIG recolocarase (como xa foi anunciado) nun local de titularidade municipal situado en Abesadas que vai ser acondicionado para tal fin. Este último sindicato ocupará un emprazamento provisional nunha céntrica rúa de Ribeira mentres non teñan lugar as obras de adecuación, algo para o cal xa se conta cunha axuda de 25.000 euros da Deputación Provincial.

Así e logo, unicamente quedaría por dar unha solución definitiva á reubicación dos servizos de extensión agraria. A pretensión do Executivo local é que ocupen as antigas instalacións da Garda Civil situadas no Malecón que o ente autonómico Portos de Galicia tiña intención de ceder á Administración Municipal. A este tenor, o Concello estaría disposto a renunciar a dita cesión no caso de que frutifique a posibilidade descrita.

Reunión cos praceiros o día da resaca electoral

Noutro orde de cousas, pero gardando relación tamén co futuro mercado municipal, o Executivo ten intención de convocar aos praceiros e praceiras a unha reunión o próximo luns 21 de novembro. O principal tema a tratar será o de explicarlles as características da carpa na que se van instalar provisionalmente mentres se derruba o inmoble existente e se constrúe o novo, así como proceder se fose posible ao reparto dos postos no seu interior.

Esta carpa (cunhas dimensións de 15 por 30 metros) estará situada nun solar que dá á praza de España que será debidamente acondicionado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o conselleiro de Cultura participou no soterramento da cápsula do tempo que se debería levantar en 2061


  • Nela inclúense obxectos representativos da sociedade actual, os xornais do día -en papel- e os traballos gañadores do concurso escolar Barbanza 2061, organizado polo Club Exxpo Press
  • Roberto Varela, fiel á era Gutenberg, escolleu meter prensa en papel, namentres que os estudantes apostaron polo dixital
Media_httpfarm7static_xyexj

Varela, á esquerda, nunha visita aos castros de Neixón

Ribeira, 11 de novembro de 2011.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, participou esta mañá na iniciativa xornalístico-escolar ‘Cápsula do tempo’, na que se soterraron no Paseo Marítimo de Coroso materiais didácticos e informativos para ser recuperados dentro de cincuenta anos. Nesta iniciativa, organizada polo Club Exxpo Press, participaron escolares de educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato do Concello de Ribeira. No acto, o conselleiro estivo acompañado polo alcalde Manuel Ruíz Rivas, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos, e o presidente do grupo conserveiro Frinsa, Ramiro Carregal.

Na cápsula soterrada hoxe introducíronse diversos obxectos representativos da sociedade actual (entre eles, un teléfono móbil, un Pen-drive ou un DVD sobre Ribeira), así como os traballos gañadores do concurso escolar Barbanza-2061 convocado polo club para todos os escolares da comarca (formada polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Boiro) e patrocinado por Frinsa. Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo (na nota da Xunta ascenden a Unai González a concelleiro do mesmo ramo, felicitacións!) elixiu soterrar na cápsula a prensa do día 11-11-11. Neste concurso participaron alumnos de Educación Infantil, que levaron a cabo murais, estudantes de Primaria, que presentaron xornais, e rapaces de Educación Secundaria e Bacharelato, que realizaron traballos audiovisuais. Todos estes traballos presentados a concurso debían de incluír ou representar a temática "Cómo imaxinas o mundo en 2061?"

Durante a súa intervención previa ao soterramento da cápsula, o conselleiro de Cultura e Turismo invitou aos rapaces a “imaxinar o futuro”, xa que, segundo asegurou, “permítennos aprender dos erros, úrxenos a cambiar de dirección e fainos recobrar a confianza”. Roberto Varela explicou que elixiu introducir na cápsula do tempo a prensa do día porque “dalgún xeito, os xornais son o símbolo máis acaído do ‘hoxe’, do tempo que me tocou vivir e da xeración á que represento”. “Vós, en cambio, sodes o futuro: os protagonistas da era dixital”, destacou o conselleiro, quen subliñou que os avances tecnolóxicos son “ferramentas formidables para acceder á información”. Con todo, instou aos estudantes a pensar que “son un medio e nin o fin en si mesmas, xa que detrás delas seguen atopándose o coñecemento, o pensamento, a arte e a cultura”.

Nesta liña, Roberto Varela subliñou que “a cultura non pode ser allea aos avances tecnolóxicos e ás transformacións da sociedade”. “Pola contra, ten que afrontalas e mesmo lideralas, sempre desde o respecto ao legado milenario que herdamos e que constitúe a nosa meirande riqueza”. O titular de Cultura e Turismo engadiu que “a cultura é a esencia do que somos”, destacando a súa conviccións de que “dentro de cincuenta, cen ou douscentos anos seguirá a ser o punto de encontro de todos os galegos”. Por último, reflexionou sobre o papel da cultura como “a canle coa que nos comunicamos e nos proxectamos cara o exterior”. Por esta razón, asegurou que “para que Galicia siga medrando é preciso que conservemos a nosa cultura e que sexamos capaces de modernizala e difundila nun constante diálogo con todos os pobos do mundo”.

Relacionada:


Cápsula Barbanza 2061: este venres 11 de novembro en Coroso

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: organizan este domingo 13 la fiesta de apertura del vino nuevo

Dia_enoturismo

  • Se realizarán catas de albariños de Barbanza, de A Pobra y Boiro, coincididendo con el Día del Enoturismo

A Pobra do Caramiñal, 11 de noviembre de 2011. Coincidiendo con el Día del Enoturismo, el establecimiento hostelero Entre os Ríos ha organizado para este domingo una fiesta de apertura del vino nuevo, al estilo de la Beaujolais que se celebra en Francia o el Choripán de La Rioja. Francisco Crusat, responsable de este negocio, apunta que, de lo que se trata, es de «recuperar a vella tradición galega de abillamento dos viños tintos que se facía cada ano por estas datas, coincidindo co San Martiño».

El programa de actividades arrancará al mediodía, con un paseo por los viñedos y una explicación sobre el proceso de elaboración del vino. Posteriormente habrá una degustación de albariños barbanzanos, en la que el público tendrá ocasión de paladear tanto los caldos de Entre os Ríos como los realizados por Antonio Saborido, bodeguero de Cabo de Cruz. La jornada culminará con la apertura del primer vino tinto del año, que servirá para regar una comida a base de churrasco, chorizos y castañas, todo ello asado sobre vides.

De lo que se trata es de ofrecer un programa de actividades que fusione divulgación, ocio y cultura en torno al vino. Aquellas personas que deseen participar en la jornada tienen que inscribirse previamente, contactando con Entre os Ríos, por teléfono o vía correo electrónico.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe pronúnciase sobre a dimisión da secretaria do Concello

  • Os socialistas están preocupados ante a falta dos dous funcionarios habilitados de carácter nacional
  • Propóñenlle a Ruiz Rivas que lles explique aos nenos o vindeiro 6 de decembro para que valen as figuras de intervención e secretaría
Media_httpfarm4static_kdrub

Ribeira, 11 de novembro de 2011. "A función de fe pública comprende a preparación dos asuntos que teñan que ser incluídos na orde do día das sesións que se celebren no Pleno, a comisión de goberno decisoria e calquera outro órgano colexiado da Corporación en que se adopten acordos que vinculen á mesma. A responsabilidade administrativa das funcións referidas está reservada a funcionarios en posesión da habilitación de carácter nacional. Neste momento no concello de Ribeira estas funcións están sendo desempeñadas por funcionarios municipais sen habilitación de carácter nacional", explican dende o grupo socialista municipal de Ribeira.
"Nun intre en que a sociedade clama pola transparencia e a rexeneración da democracia e, polo tanto, cando debemos estremar e demostrar aa plena garantía da xestión pública aos cidadáns, financiadores dos servizos públicos e receptores das prestacións, no Concello de Ribeira sumamos á carencia de interventor titular, agora a falta de funcionario habilitado nacional para as funcións da secretaría municipal. É a función de fe pública a que transmite legalidade e protexe a funcionarios e políticos na xestión administrativa e orzamentaria dun concello. A dimisión da actual secretaria é unha mala e preocupante noticia para a confianza da corporación. Ao grupo socialista preocúpalle a casual secuencia dos informes da secretaria e a súa dimisión de súpeto. Hoxe, máis ca nunca, reivindicamos a importante conxunción dos intereses dos veciños representados en programas politicos e o asesoramiento legal dos órganos administrativos do concello para o cumprimento dos obxectivos da cidade", continúan dende o Psoe ribeirense.

Os socialistas reclaman ao alcalde a urxencia dun proceso administrativo para a cubrición das prazas da intervención e de secretaria do Concello. "O vindeiro 6 de decembro, día da Constitución española, cando o alcalde se reúna no Salón de
plenos cos máis mozos da cidade, é unha boa ocasión para explicarlles que é no concello onde se solventan as necesidades da cidade e se planifica o seu futuro, dentro das máis estrictas normas democráticas e onde a transparencia da xestión pública é o principio básico desta corporación, garantida polo bo traballo, profesionalidade e independencia da intervención e da secretaria do Concello", rematan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Anpas e Concello reuníronse para crear o Consello Escolar local

Ribeira, 11 de novembro de 2011. Representantes do Concello de Ribeira mantiveron na tarde de onte unha nova reunión de traballo para avanzar na constitución do Consello Escolar, á que acudiron os representantes das ANPAs dos centros de Primaria e Secundaria do municipio. 

O alcalde Manuel Ruiz Rivas deulles a benvida e transmitiulles o desexo de que o Concello conte con este órgano consultivo e de asesoramento coa maior celeridade posible. 

Acto seguido, os representantes das ANPAs e do Concello mantiveron a xuntanza programada, que foi ben valorada pola concelleira delegada de Educación, María del Carmen Vizcaya, que confía e que a constitución do Consello sexa sometido á aprobación do Pleno este mesmo ano. 

O Concello porá a disposición das ANPAs un local para que se poidan volver a reunir entre eles a fin de seguir coa tramitación do tema.

Antes, anunciamos:


Consello escolar: este xoves 10, reunión coas Anpas

Pode que tamén lle interese:

Curso: o 12 de novembro, de ximnasia hipopresiva


Ponte a Andar 2011: este domingo 13, Porto do Son


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o alcalde insta á Xunta a que poña remedio á perigosidade da estrada Ac-550 en Oleiros

Media_httpfarm7static_jvtmf

Como siga a cousa así, haberá que poñer badéns enlentecedores ata nas autovías

Ribeira, 11 de novembro de 2011.- O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, púxose en contacto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da súa Xefatura Territorial, para facerlle partícipe da preocupación existente entre a veciñanza, especialmente na parroquia de Oleiros, pola sucesión de accidentes automobilísticos e outras incidencias que se están a producir na estrada AC-550 (de titularidade autonómica) ao seu paso polo municipio. 

Facéndose eco das demandas destes veciños, Ruiz Rivas solicitou á devandita entidade autonómica que teña a ben implantar con urxencia as medidas precisas para evitar esta situación de perigosidade. O rexedor incidiu na alta sinistralidade dalgúns dos tramos da vía, como o que pasa polo lugar de Salmón ou a recta situada fronte ao Hospital da Barbanza. 

Algunhas das medidas que suxeriu podería ser estudada a súa execución son o pintado de liña continua alí onde sexa conveniente evitar adiantamentos ou a limitación da velocidade a 50 quilómetros por hora, entre outras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical