- Os socialistas están preocupados ante a falta dos dous funcionarios habilitados de carácter nacional
- Propóñenlle a Ruiz Rivas que lles explique aos nenos o vindeiro 6 de decembro para que valen as figuras de intervención e secretaría
"Nun intre en que a sociedade clama pola transparencia e a rexeneración da democracia e, polo tanto, cando debemos estremar e demostrar aa plena garantía da xestión pública aos cidadáns, financiadores dos servizos públicos e receptores das prestacións, no Concello de Ribeira sumamos á carencia de interventor titular, agora a falta de funcionario habilitado nacional para as funcións da secretaría municipal. É a función de fe pública a que transmite legalidade e protexe a funcionarios e políticos na xestión administrativa e orzamentaria dun concello. A dimisión da actual secretaria é unha mala e preocupante noticia para a confianza da corporación. Ao grupo socialista preocúpalle a casual secuencia dos informes da secretaria e a súa dimisión de súpeto. Hoxe, máis ca nunca, reivindicamos a importante conxunción dos intereses dos veciños representados en programas politicos e o asesoramiento legal dos órganos administrativos do concello para o cumprimento dos obxectivos da cidade", continúan dende o Psoe ribeirense. Os socialistas reclaman ao alcalde a urxencia dun proceso administrativo para a cubrición das prazas da intervención e de secretaria do Concello. "O vindeiro 6 de decembro, día da Constitución española, cando o alcalde se reúna no Salón de
plenos cos máis mozos da cidade, é unha boa ocasión para explicarlles que é no concello onde se solventan as necesidades da cidade e se planifica o seu futuro, dentro das máis estrictas normas democráticas e onde a transparencia da xestión pública é o principio básico desta corporación, garantida polo bo traballo, profesionalidade e independencia da intervención e da secretaria do Concello", rematan.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario