22.3.10

Fotografía: Max Carún pillou ao cuco en Corrubedo

Cuculus canorus (http://gl.wikipedia.org/wiki/Cuco) macho. Unha foto que partillou Max Carun no seu Facebook e que tomou en 2007 en Corrubedo. Nós tampouco viramos un exemplar adulto por aquí, e iso que os escoitamos moitas veces.
Unha estupenda fotografía dun foteiro moi activo no Facebook: http://www.facebook.com/profile.php?id=1050824672

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: Radix Records, nuevo sello discográfico en Ribeira

Los entrevistamos en
http://certo.es/index.php?page=radix_records
Nunca grabarán con la SGAE... ¡así que, comisiones de fiestas, sus grupos no cotizan a esta "benefactora" entidad!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: se hai 15 interesados, haberá un curso de inicio ao break dance promovido por Fogo Fatuo

Do 6 de abril ao 29 de xuño. Ídevos anotando!

http://www.fogofatuo.es

Na bisbarra de Noia hai un montón de afeccionados a este tipo de expresión artística na Vella Escola Crew:
</object>

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: José Manuel Pena pone el dedo en la llaga de la memoria histórica

"Esto sucede ahora gracias a que los supervivientes y sus descendientes no admiten que se pase una página abominable de nuestra reciente historia, creando aun así una polémica estéril e incomprensible entre personas y entidades que no comprenden los derechos de las mismas, mientras que en otros países las violaciones de los Derechos Humanos producidas por regímenes dictatoriales ya fueron sometidos al juicio de la historia en su momento, como por otra parte era de Justicia..."
Todo el artículo en
http://certo.es/index.php?page=victimas_del_franquismo
ou tamén con gl:
http://certo.gl/index.php?page=victimas_del_franquismo

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: abren prazo de inscrición para participar no programa de turismo social para maiores


Este programa de turismo social é aplicable a toda Galicia

Ribeira, 22 de marzo de 2010.- A Concellería de Igualdade, Acción Social, Maiores e Dependencia informa aos maiores do municipio que xa está aberto o prazo de inscrición para participar no programa de Turismo Social ofertado pola Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Traballo e Benestar.

Este programa está dirixido a fomentar o envellecemento activo e a dinamización social das persoas maiores, ademais de actuar na promoción da súa autonomía e na prevención da dependencia. Convócanse un total de 3.389 prazas, das cales 100 son para persoas con discapacidade e que serán xestionadas por asociacións de persoas con discapacidade, e 260 para membros de asociacións de persoas maiores de Galicia ou doutras Comunidades Autónomas que estean interesadas en conmemorar o Ano Santo Xacobeo.

Gárdanse prazas para conmemorar o Xacobeo este ano

Tres son as modalidades de turismo ofertadas:

1.   Turismo termal: convócanse un total de 2.589 prazas para doce balnearios, entre os cales hai tres novos destinos: Augas Santas (en Ferreira de Pantón - Lugo), Balneario de Dávila (Caldas de Reis – Pontevedra) e Balneario de Guitiriz (Lugo). Caben dúas opcións: todo incluído (comprende os servizos de transporte, aloxamento e manutención, tratamento termal, actividades de animación sociocultural e póliza colectiva de seguros) e só tratamento termal (exclusivamente este servizo).

2.   Turismo de intercambio: Estadías de 8 días (7 noites) en Apulia . Esposende (Portugal). 100 prazas. Todo incluído, con transporte, aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros.

3.   Turismo de praia: Estadías de 8 días (7 noites) na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán – Pontevedra). 240 prazas. Todo incluído con transporte, aloxamento, manutención, animación sociocultural e póliza colectiva de seguros.

Resérvanse 40 prazas gratuítas para as persoas que acrediten unha situación de precariedade económica que lles impida sufragar os gastos da praza, e 50 prazas cunha subvención dun 50% para as parellas que cumpran as súas vodas de ouro neste ano.

Para poder apuntarse, hai que ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condicións de pensionista, residir en Galicia, valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e non padecer enfermidades infecto-contaxiosa en fase activa, nin trastornos mentais ou condutais que poidan alterar a normal convivencia.

A data límite para presentar as solicitudes conclúe o 10 de abril de 2010.
 
Para calquera dúbida ou consulta, acudir ao Departamento Municipal de Servizos Sociais: (981 187 131; servizossociais@riveira.com)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Certo.gl - O xornal virtual do Barbanza e Noia

Check out this website I found at certo.gl

Si, xa somos gl
Tamén somos groenlandeses, como din os de Chuza! (que tamén son gl dende hoxe)
A falta de gz, bo é un gl!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Alejandro Llovo presenta a súa primeira novela este venres 27 de marzo no Ateneo Valle Inclán

Quen é Alejandro Llovo? Colaborou en Certo cando este xornal aínda saía en papel. Poden ver algúns dos seus antigos artigos aquí

En breve terán en Certo unha entrevista con este escritor.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: a ong "Contacto" imparte unha charla informativa o martes 23 no conservatorio

    Ribeira, 22 de marzo de 2010. Mañá, martes 23 de marzo, a organización non gubernamental "Contacto", que se adica a asesorar ao inmigrante e a traballar pola súa integración, ofrece unha charla informativa ás dez e cuarto da mañá no conservatorio municipal de música de Ribeira.

    Quen precise máis información sobre esta charla, ou sobre a ong, ten o teléfono 981847307 e o correo electrónico contactoongd@gmail.com  

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: crónica de voleibol del 20 de marzo de 2010

Por María Cortés Ayaso

FIN DE SEMANA 20/03/2010

Este fin de semana hemos puesto el final definitivo a la liga tras jugar su último partido el Hipescar. Pero eso no significará ni muchísimo menos el final de la temporada de voley pista. Este próximo fin de semana recuperamos y seguimos con la Copa Galicia. Se disputará la 1ª fase, en la que se encuentran clasificados nuestros equipos de 2ª División, tanto masculina (Redesyl Boiro Voleibol), como Femenina (Ojea Boiro Voleibol). Unas semanas después se incorporan a esta competición, ya en 2ª fase, el equipo de 1ª división (Hipescar Boiro Voleibol).

1ª DIVISIÓN MASCULINA
 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL - UNIVERSIDAD VALLADOLID 0-3

Con pena, no se pudo poner el final de liga con una victoria. Nuestros jugadores del Hipescar, aunque lo intentaron, no pudieron con el 2ª de liga, sucumbiendo por 0-3 (16-25/20-25/17-25).
Nuestros chicos del Hipescar salieron con ganas, dispuestos a rematar con una victoria, una buena temporada, pero el subcampeón también vino dispuesto a demostrar por qué está en ese puesto. El Valladolid, uno de los equipos más altos de la categoría, demostraron las ventajas de esa altura, sobre todo en ataque y en bloqueo, dificultando el ataque de nuestros rematadores, que se encontraban con un muro. Esto poco a poco empequeneció a los nuestros, y unidos a fallos en ataque y defensa, le dieron la victoria definitiva al Valladolid.
Jugaron por el Hipescar: Andrés, Iago, Víctor, Miguel, Dani, Felipe G. y Chicho. También jugaron Gustavo, Frigu, Dani, Antón y Marcos.

Otros resultados del fin de semana: San Sadurniño - Aule 3-0 (26-24/25-20/25-22); Club Vigo Voleibol - C.V. Arqo Rianxo 3-1 (25-14/25-22/19-25/25-19).
Así ponemos punto final a esta liga, donde nuestros chicos del Hipescar cumplieron con sus objetivos, y con la esperanza de que el año que viene se más y mejor. Ahora el Hipescar tendrá un par de semanas de descanso, previo a jugar la Copa Galicia, donde se encuentran clasificados para la 2ª fase.

Este fin de semana disputarán la Copa Galicia el equipo de 2ª División Masculina REDESYL BOIRO VOLEIBOL, que recibe en casa al COMERCIAL DURÁN, el sábado. Pendiente de confirmar hora, lo más seguro será a las 6 de la tarde en el Pabellón de A Cachada. Os mantendré informados a lo largo de la semana.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: hoxe é o Día Mundial da Auga

Imaxe: fonte Lardueiro, en Cures, Boiro.

Nota oficial da Xunta de Galicia:

Poucas cousas hai no noso contorno que teñan tanta importancia como a auga. Sen auga non hai vida.

A auga é un valor constante na historia das civilizacións. A súa presenza e abundancia marcou os principais asentamentos humanos e condicionou a súa creación e desenvolvemento.

Os sucesivos avances da humanidade tiveron, e seguen a ter, na auga un elemento fundamental. A súa captación, tratamento e xestión marcan hoxe unha das prioridades da sociedade, consciente da súa importancia, do seu carácter finito, vulnerable e, en definitiva, vital.

Galicia non é unha excepción na preocupación pola dispoñibilidade en cantidade e, sobre todo, en calidade deste recurso.

Malia a tradicional riqueza hídrica da nosa terra que se manifesta nos dous mares, dezanove rías e os mil ríos cunqueiráns que delimitan e sucan o noso territorio en superficie e os innumerables mananciais que flúen subterráneos aflorando en pozos, minas ou fontes para abastecer persoas ou fertilizar terras, as augas de Galicia, como as do conxunto do planeta, requiren dunha dedicación e uns coidados que preserven a súa calidade e garantan a súa continuidade no futuro.

A auga é un elemento esencial no medio natural e, como tal, ten que integrarse nun lugar preponderante nas estratexias e nas actitudes responsables para o seu coidado.

Nesa dirección, a Organización das Nacións Unidas –coa creación do Día Mundial da Auga- e outras instancias, entre elas a Unión Europea –que elaborou unha Directiva Marco específica sobre a materia-, están a promover e fomentar, no ámbito internacional entre institucións e cidadanía, a transcendencia do recurso e a importancia de preservar a súa calidade.

En Galicia, institucións e administracións públicas con competencias na materia, organizacións e entidades de diversa índole, e un número cada paso máis crecente de cidadáns, están a implicarse nese labor de fomento e participación na tarefa de protexer e preservar a calidade dos recursos hídricos.

Entre todos é preciso que intensificar a concienciación arredor da conservación da auga, implicándonos no seu coidado e nun consumo responsable. A xestión da auga debe ser unha tarefa compartida entre gobernos, institucións, comunidades e persoas, na procura de dispoñer en cantidade e calidade dun elemento capital para o nacemento e continuidade da vida na nosa terra.

Unha tarefa na que cada pinga debe ser considerada como unha pebida do precioso tesouro que a auga é, non só para a natureza, senón tamén para o conxunto dos seres vivos e das actividades que nos permiten gozar dun crecente nivel de calidade de vida, dun desenvolvemento sostible, no que a auga –en cantidade e calidade- seguirá a ser imprescindible.

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical