16.5.10

Boiro: a segunda edición de Pedra Boleira, a única liga de bolos tradicionais da provincia, remata o domingo 27 de xuño

Boiro, 16 de maio de 2010.  “Pedra Boleira”, a liga de bolos tradicionais que organiza o Departamento de Deportes do Concello de Boiro botou hoxe a andar, xa na súa segunda edición, en Pomar do río, na parroquia de Cures. A partires de agora, levará o nome de Antonio García Hermo, un dos seus promotores, que finou en 2009.

Esta é a segunda edición deste torneo, que foi disputado por primeira vez no ano 2008. En 2009, a piques de comenzar a liga, un dos grandes promotores deste xogo en Boiro e colaborador do Departamento de Deportes, Antonio García Hermo, falecía
repentinamente, polo cal se cancelou a que ía ser a segunda edición. Este ano, 2010, recuperouse para seguir coa tradición, satisfacer a demanda popular e tamén para facer um homenaxe a Antonio García, que dará o seu nome a este torneo que se celebrará cada ano en Boiro "e esperamos que por moito tempo", comentan dende o departamento de Deportes do Concello. 

"Non hai que esquecerse da importancia de organizar unha liga destas caracteristicas, na que tendo como destinatario un deporte tradicional, tivo un grandísimo arraigo en Boiro e que, hoxe en día, aínda se segue xogando ao máis estilo tradicional, sendo dos poucos lugares da comunidade galega, e único da provincia da Coruña, que segue activo", argumentan os organizadores.



Vinte parellas que xogan cada fin de semana dous partidos

Na segunda edición de Pedra Boleira participan vinte parellas, que cada fin de semana xogan dous partidos, un o sábado e outro o domingo, a partires das catro da tarde no campo de bolos de Pomar do Río, ao pé de Cures. Será a parella campiona a que gañe máis partidos, recurrindo ao enfrontamento directo ou suma de puntos das partidas no caso de empate final. Os enfrontamentos serán ao mellor de tres partidas e a 200 puntos.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: asfaltado de catro mil metros cadrados en dúas zonas da explanada no peirao


Porto do Son, 16 de maio de 2010.- A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, anunciou hoxe que pavimentará a primeira zona da explanada portuaria de Portosín, duns 120 metros cadrados, onde existen unha serie de puntos en mal estado que dificultan a normal circulación dos vehículos que transitan por esa zona creando dificultades de operatividade e manobras dos camións e vehículos lixeiros que utilizan estas instalacións.

Tamén será asfaltada unha segunda zona da explanada portuaria, duns 3.700 metros cadrados cos mesmos problemas, emprazada antes da nova lonxa do porto. Estas actuacións foron solicitadas con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento de mais de 36.000 euros.

Porto de Escarabote, Boiro

Plan de investimentos en obras Menores

O Ente Público Portos de Galicia está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de A Coruña de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.

Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical