16.5.10

Porto do Son: asfaltado de catro mil metros cadrados en dúas zonas da explanada no peirao


Porto do Son, 16 de maio de 2010.- A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, anunciou hoxe que pavimentará a primeira zona da explanada portuaria de Portosín, duns 120 metros cadrados, onde existen unha serie de puntos en mal estado que dificultan a normal circulación dos vehículos que transitan por esa zona creando dificultades de operatividade e manobras dos camións e vehículos lixeiros que utilizan estas instalacións.

Tamén será asfaltada unha segunda zona da explanada portuaria, duns 3.700 metros cadrados cos mesmos problemas, emprazada antes da nova lonxa do porto. Estas actuacións foron solicitadas con cargo aos fondos do Plan de Investimentos en obras Menores (PIM) e suporá un investimento de mais de 36.000 euros.

Porto de Escarabote, Boiro

Plan de investimentos en obras Menores

O Ente Público Portos de Galicia está a executar obras de infraestrutura e inversións menores nos portos da provincia de A Coruña de acordo coas necesidades dos seus distintos usuarios como son as confrarías, clubs náuticos, asociacións e concesionarios e operadores portuarios, entre outros.

Entre as actuacións realizadas por este programa figuran a reordenación de fondeos, limpezas de fondos mariños, defensas para os peiraos, casetas, remodelación de locais, galpóns e almacéns, pavimentacións e asfaltados de viais portuarios, mantemento e reparación en xeral de portalóns e reparación de superficies en lonxas, vestiarios, entre outros.

Tamén figuran nestas partidas as correspondentes á colocación de alumeados nos portos e edificios de comercialización e venda de peixe, colocación e acondicionamento de escaleiras, tanto nos edificios como nos peiraos. Segundo as peticións recibidas, a maior parte corresponde ás efectuadas polas confrarías de pescadores.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical