Boiro, 16 de maio de 2010. “Pedra Boleira”, a liga de bolos tradicionais que organiza o Departamento de Deportes do Concello de Boiro botou hoxe a andar, xa na súa segunda edición, en Pomar do río, na parroquia de Cures. A partires de agora, levará o nome de Antonio García Hermo, un dos seus promotores, que finou en 2009.
Esta é a segunda edición deste torneo, que foi disputado por primeira vez no ano 2008. En 2009, a piques de comenzar a liga, un dos grandes promotores deste xogo en Boiro e colaborador do Departamento de Deportes, Antonio García Hermo, falecíarepentinamente, polo cal se cancelou a que ía ser a segunda edición. Este ano, 2010, recuperouse para seguir coa tradición, satisfacer a demanda popular e tamén para facer um homenaxe a Antonio García, que dará o seu nome a este torneo que se celebrará cada ano en Boiro "e esperamos que por moito tempo", comentan dende o departamento de Deportes do Concello. "Non hai que esquecerse da importancia de organizar unha liga destas caracteristicas, na que tendo como destinatario un deporte tradicional, tivo un grandísimo arraigo en Boiro e que, hoxe en día, aínda se segue xogando ao máis estilo tradicional, sendo dos poucos lugares da comunidade galega, e único da provincia da Coruña, que segue activo", argumentan os organizadores.
Vinte parellas que xogan cada fin de semana dous partidos
Na segunda edición de Pedra Boleira participan vinte parellas, que cada fin de semana xogan dous partidos, un o sábado e outro o domingo, a partires das catro da tarde no campo de bolos de Pomar do Río, ao pé de Cures. Será a parella campiona a que gañe máis partidos, recurrindo ao enfrontamento directo ou suma de puntos das partidas no caso de empate final. Os enfrontamentos serán ao mellor de tres partidas e a 200 puntos.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario