9.3.10

Natureza: seguen a maltratar aos cabalos na Serra do Barbanza

Imaxe tomada no Araño, do blog Fotos de Rianxo (http://fotosderianxo.wordpress.com/)
Eguas, poldros e marañóns levan estas pexas (a da foto é de metal, que se está a substituír polas vellas de madeira, máis aparatosas aínda) para que non percorran grandes distancias nun día e así telos controlados.
Ademais da dor que lles provoca ao movérense, este gando cabalar queda á mercede do lume se hai un incendio, pois non poden fuxir. Tamén poden quedar suxeitos a depredadores, aínda que non teñen moitos por estas zonas.
O uso das pexas é ilegal dende hai tempo e axentes da Garda Civil (Seprona) xa levaron detidos a varios gandeiros. Mais vese que non cundiu o exemplo...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Motor: xa queda pouco para o Rali de Noia 2010 e seguen subindo vídeos de 2009

Internet: un xeito de amosar as etiquetas das fotos de Flickr cunha interfaz atractiva

É doado o seu funcionamento: buscas a verba coa que consideres que etiquetaron (etiqueta é tag) unha foto en Flickr e agardas. Entón verás uns planetiñas como os das imaxes. Cando remate a busca, comezarán a chegar as fotos para encher os planetas escollidos. Se tes unha boa conexión, mellor. Se non é así, ármate de paciencia...

Para as imaxes, escollemos os tags "Boiro" e "Barbanza". A que quedaron soberbios?

http://taggalaxy.de

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lingua galega: dous manuais en galego para iniciarse no xadrez


Pezas de xadrez en Rianxo

O primeiro: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/xadrez.pdf
O segundo: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Xadrez_2.pdf

Ben podían sacarlle esa obsoleta advertencia editorial: "ningunha parte desta obra poderá ser reproducida ou almacenada sen permiso do editor". Entón para que as colgan da páxina de Política Lingüística da Xunta?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: o sábado 13, xornada de repoboación con freixos en Basoñas, San Pedro de Muro

Porto do Son, 9 de marzo de 2010. A comunidade de montes de San Pedro de Muro, organiza unha xornada de repoboación:
Data: sábado 13 de marzo de 2010, a partir das 16:00 horas
Lugar: Os Regueiros (Basoñas)
O tempo:  (Meteogalicia)
Plantando unha árbore estamos tecendo un berce para moitas vidas e plantando moitas, podemos ademais contribuír a crear solo fértil; axudar a infiltrar a auga aos pozos subterráneos; á liberación de osíxeno á atmósfera; a termar de plantas e animais proporcionándolle refuxio e comida; a protexer os ríos; a mitigar os desastres naturais; ... a agasallar aos nosos sentidos con multitude de cores, sons, olores, texturas e tamén sabores. Tanto na nosa parroquia como no resto do munto non debemos darlle as costas á natureza porque dela mana todo o noso ser.
 
Este ano volvemos á zona dos Regueiros, na aldea de Basoñas, por varios motivos:
- o Distrito Forestal IV "O Barbanza" doóunola planta: FREIXOS (que son árbores que requiren solos profundos e húmidos, en definitiva: á beira dun río), polo que, esta zona é a que máis se axusta ás necesidades destas árbores.
- deste xeito tamén aproveitamos para facer labores de mantemento na plantación de castiñeiros de 2008 (reposición de marras, erradicación de brotes de eucalipto,...).
 
A actividade está aberta a calquera persoa que queira desfrutar dunha xornada agradable nunha contorna privilexiada. Haberá merendola para repoñer forzas.
 
Un saúdo e anímate a participar!!!
 
PD.- cada quen debe traer o seu apeiro de labranza (legoña, sacho,...).
 
A Xunta Reitora

 
 Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro 
 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
 



Cada un co seu apeiro... Non o esquezades!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: Verdegaia presenta alegacións contra o proxecto de Costas nas "famosas Brañas de Laíño", o espazo brañego máis grande de Galicia


Pazo de Hermida, onde Rosalía de Castro escribiu sobre as brañas de Laíño, que se ven perfectamente dende este outeiro

   Dodro, 9 de marzo de 2010. Verdegaia demanda que se reformule o investimento de 2,2 millóns de euros, "desde os seus alicerces e cara unha verdadeira actuación ambiental en beneficio da conservación, valorización e divulgación do patrimonio natural e cultural das Brañas de Laíño".

   Ademais de ler as alegacións de Verdegaia, non se perdan a guía das Brañas de Laíño, e o fermoso limiar de Manuel López Baleirón, que tamén elaborou esta asociación de proteción da natureza.

Desta teima das brañas xa falamos antes:



Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: os socialistas levan a pleno as deficiencias no saneamento na Ribeiriña e Conchido

Boiro: orde do día do pleno do xoves 11 de marzo, cheo de mocións e manifestos

Rianxo: a Escola de Música organiza o I Curso de Trompa


Flickr de Samanta Nogueira

Rianxo, 9 de marzo de 2010. A Escola de Música de Rianxo organiza o I Curso de Trompa, que vai ser impartido polo mestre J. Manuel González Diego.

O curso terá lugar no Auditorio de Rianxo durante os días 29, 30 e 31 de marzo.


Download now or preview on posterous
curso I trompa.pdf (86 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: conferencia na casa de cultura de Carreira este xoves 11 sobre aforro enerxético



A asociación veciñal de Carreira organiza, con motivo do Día Mundial do Consumo, unha conferencia que leva por título "Aforro enerxético no fogar".

Vaina impartir o técnico Horacio Pequeño o xoves, 11 de marzo, ás oito da tarde na casa de cultura de Carreira.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: praia fluvial, non grazas. Aula da Natureza para turismo de calidade, si.


    Dodro, 9 de marzo de 2010. O Bng de Dodro presentou alegacións ao proxecto de paseo fluvial que Demarcación de Costas ten proxectado na banda de Laíño, no río Ulla cando pasa por Dodro.

    Os nacionalistas explican que parten "da idea que un concello coma o de Dodro non pode permitirse, e menos nestes tempos de crise económica, renunciar a un investimento no concello de máis de dous millóns de euros. Esta obra, de facerse, pode reactivar parcial e temporalmente a economía de Dodro. Ademáis, respondería a unha demanda social no concello de Dodro. Basta darlle un repaso aos programas electorais de todas as forzas políticas que se apresentaron en Dodro ás municipais do 2007 para comprobar que en todos figuraba un paseo fluvial polas veigas do noso concello".

    Porén, as alegacións que presentan son, segundo o Bng local "para mellorar o proxecto e facelo sustentábel".

    Consisten fundamentalmente en:


    - Para un maior coidado do espazo natural no que se pretende intervir, declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Rede Natura 2000, a intervención de urbanización debe ser mínima e a intervención de protección de especies ameazadas, eliminación de especies exóticas invasivas, eliminación de verquidos, limpeza de gabias, regos e regatos debe ser preferente.

De cinco a tres aparcadoiros

    Os nacionalistas solicitan que inclúan no proxecto unha partida orzamentaria para estes traballos "realmente medioambientais" e reduzan a partida de urbanización ao eliminar tres dos cinco aparcamentos previstos, ao substituir un sendeiro de pizarra por outro de igual percorrido pero de madeira e tamén que eliminen o sendeiro de madeira naqueles lugares onde o paseo pode facerse por camiños de terra xa existentes, sen máis intervención cá súa limpeza e que ademáis permitirá seguir usando eses camiños para usos agrícolas.



Praia fluvial, non. Aula da Natureza, si

    Tamén propoñen eliminar a praia fluvial prevista. "Dodro non pode apostar por un turismo de sol e praia, senón por outro tipo de turismo de calidade que busque un espazo tranquilo e de alto valor ecolóxico para disfrutar das vacacións", argumentan dende o Bng.
E engaden: "Precisamente para poder atraer a este tipo de turistas é necesario que reubiquen o observatorio de aves ao estar nun dos peores emprazamentos posíbeis, que reubiquen o embarcadoiro para augas máis tranquilas e que creen un Aula de Interpretación da Natureza".

   "Con estas alegacións pensamos que o orzamento do proxecto non sufrirá un incremento, senon máis ben incluso pode descender. Sen embargo, a lonxitude do paseo non sufrirá variacións, o respecto medioambiental á zona da intervención será moito maior e ademáis a obra destínase a un tipo de turista máis acorde co que Dodro pode ofrecerlle", conclúen nos seus plantexamentos os nacionalistas de Dodro.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Autobombo: Certo, páxina incluída no directorio websgalicia.com

Nunca é tarde, se o directorio é bo... non?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Steve Green no cerne do furacán, disque

Home, tampouco foi para tanto. Claro que, nunha autocaravana, os temporais galegos non deben prestar. A foto está feita dende a área de autocaravanas que o Concello de Boiro ten no paseo de praia Xardín.
Steve Green estivo o mes pasado dando unha volta por Galicia. Ten fotos impresionantes: http://stevegreenphotography.wordpress.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Brea Segade, de Taragoña, acolle unha mostra sobre mulleres científicas de todo o mundo

Cinema: documental "Entre línguas", sobre o galego do que nada sabíamos

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical