9.3.10

Porto do Son: o sábado 13, xornada de repoboación con freixos en Basoñas, San Pedro de Muro

Porto do Son, 9 de marzo de 2010. A comunidade de montes de San Pedro de Muro, organiza unha xornada de repoboación:
Data: sábado 13 de marzo de 2010, a partir das 16:00 horas
Lugar: Os Regueiros (Basoñas)
O tempo:  (Meteogalicia)
Plantando unha árbore estamos tecendo un berce para moitas vidas e plantando moitas, podemos ademais contribuír a crear solo fértil; axudar a infiltrar a auga aos pozos subterráneos; á liberación de osíxeno á atmósfera; a termar de plantas e animais proporcionándolle refuxio e comida; a protexer os ríos; a mitigar os desastres naturais; ... a agasallar aos nosos sentidos con multitude de cores, sons, olores, texturas e tamén sabores. Tanto na nosa parroquia como no resto do munto non debemos darlle as costas á natureza porque dela mana todo o noso ser.
 
Este ano volvemos á zona dos Regueiros, na aldea de Basoñas, por varios motivos:
- o Distrito Forestal IV "O Barbanza" doóunola planta: FREIXOS (que son árbores que requiren solos profundos e húmidos, en definitiva: á beira dun río), polo que, esta zona é a que máis se axusta ás necesidades destas árbores.
- deste xeito tamén aproveitamos para facer labores de mantemento na plantación de castiñeiros de 2008 (reposición de marras, erradicación de brotes de eucalipto,...).
 
A actividade está aberta a calquera persoa que queira desfrutar dunha xornada agradable nunha contorna privilexiada. Haberá merendola para repoñer forzas.
 
Un saúdo e anímate a participar!!!
 
PD.- cada quen debe traer o seu apeiro de labranza (legoña, sacho,...).
 
A Xunta Reitora

 
 Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro 
 
http://sanpedro.blogaliza.org/              cmsampedro@yahoo.es       
 



Cada un co seu apeiro... Non o esquezades!

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical