- Ás 21.30 horas no Auditorio Municipal
- O Concello tamén informou hoxe de que van intentar regular a situación de pubs e discotecas
Os de Candelexas representaron o ano pasado "Faladoiro no banco"
Ribeira, 27 de outubro de 2011.- O Auditorio Municipal acollerá mañá a apertura dunha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira. Será a obra “En busca da chacha perdida”, da compañía noiesa Teatro Candelexas, a que dea inicio a esta nova incursión na representación dramatúrxica.
A función terá lugar ás 21.30 horas e a entrada é libre e gratuíta (poderanse retirar as entradas media hora antes).
- Realizarase unha modificación puntual do PXOM de 2003 para poder facelo
- Os locais ribeirenses afectados poderán regularizar a súa situación sempre que cumpran a normativa acústica, as reglas de accesibilidade e os horarios
O Concello informa de que se vai iniciar a tramitación de correspondente expediente en orde a normalizar o funcionamento dentro do municipio de pubs e discotecas. A día de hoxe existe unha limitación de uso que impide que se constitúan novos pubs ou discotecas na trama residencial do municipio e mesmo impide tamén que se legalicen os que veñen funcionando actualmente como tales.
Isto é así en virtude do artigo 108 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 2003: unha disposición que, á hora de clasificar os usos do solo, indica a incompatibilidade de establecer discotecas ou pubs co uso residencial, salvo no caso daqueles locais que xa se atopasen en funcionamento na data da aprobación definitiva do PXOM: unha excepción esta última á que se acolleron no seu momento escasos establecementos da cidade.
Así e logo, a vía adoptada polo Concello é a de realizar unha modificación puntual no Plan Xeral sobre o citado artigo, de tal xeito que se abra a porta a que locais que veñen funcionando como pubs poidan regularizar a súa situación, ademais de poderse abrir outros novos.
Tanto nun como noutro caso deberán cumprir a normativa vixente en materia acústica (a actividade que leve implícita a utilización de equipos de música só se podará dar naqueles locais debidamente insonorizados), de accesibilidade ou horarios, con especial respecto á ordenación municipal de ruídos e ao código técnico de edificación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia